O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 29, 2009

PASAIA PREPÁRASE XA PARA RECIBIR Ó COMANDO LNB NISTE I ABERTO INTERNACIONAL DE Txirikila-Billarda!!


Atención porque o entramado internacional da LNB prepara xa a súa descomunal maquinaria para iste novembro consolidar o seu despeque. Para ir facendo boca apresentamos o explosivo cartaz do I Aberto da Bahía Pasaia na súa versión galega, un feito de dimensións históricas que ten a firme propósito enterrar en Pasaia a semente billardeira para que a Txirikila comece a súa brutal revolución por toda Euskal-Herria. [Coordinación da serpe de carros: 627.780891]


O Txirikila-bai e o CNL , son os únicos interlocutores válidos para a LNB e serán por mediación dos cales a espectacular praza de Santiago de Pasaia, que podedes ver na foto , e a pista de Piarnu muden o seu aspecto cotián para converterse en campos minados de Txirikilas , billardas e lirius....avante a revolución internacionalista!!

quarta-feira, outubro 28, 2009

ULTRÄQÄNS FANSE REPUBLI-QÄNS , A B.S.O DUNHA BRUTAL REVOLUCIÓN QUE NON CESA!!


Puido ser que o explosivo Castañazo de Maceda acelerara a marcha dos alcaldes de Manzaneda e de San Xoan de Río , tanto en Manzaneda co guitarrista dos Cuchuferros David Rodríguez proclamado novo alcalde , coma en San Xoan de Río, donde o palanador da Faisca e concellal no concello ourensá Xosé Miguel que ratificou a súa victoria na pista enlamada no festival de Maceda coa súa asistencia ó pleno no que o inquilino socialista liscaba por patas, camparten ambos unha moi forte militancia billardeira. Combulsión absoluta na política das terras de Trives que se transpasou tamén á República Billarda , o proxecto sonoro da LNB avanza a pasos axigantados para ser a referencia musical absoluta dun país en marcha na vindeira década que xa peta á porta.

A K7 DA REPÚBLICA BILLARDA ESTOURÁ NOS ALTOFALANTES DA GUAGUA!!


Agora que preparamos as maletas para o dirixirmos a Asturies e Euskal-Herria, nos altofalantes das guaguas van estourar os temas que xa forman parte da catálogo de sons , letras e actitudes ó que atención Ultraqäns xa ratificaron baixo a trebón de Maceda que van aportar o seu estalo , ademáis por parte doble, xa que o seu batería Fran Amil empapouse de tal maneira que incluso vai realizar unha aportación sonoroa a nivel particular. Cos Cuchufellos xa interpretando en directo o seu estalo billardeiro e co compostelán Narf xa con pasaporte da República Billarda, son agora Capitán Furilo que acaban de estrear disco, Projecto Trepia , The Homens que estrearan xunto a outros republicanos Novidades Carminha o seu novo disco na sala nasa en Compostela D.F . Alí no D.F galego Fanny & Alexander e Projecto Mourente tamén ultiman as súas explosivas aportación sonoras que terán en Maghúa , nos Fouciños do Pino e en Mr. Don Jaita as principais aportación do eido folk, atención porque Misiva , o grupo de punk-rock asturiano tamén ten xa o seu culín sonoro de apoio á revolución liriu que iste vindeiro 8 de novembro na desputa da III Copa Cantábrica teremos ocasión de escancialo.....se estás farto da nacionalidade que marca o teu DNI , faite cidadán da República Billarda: ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 26, 2009

ACUTO>> PIC I PALA , A SEMILLA DA COPA CANTÁBRICA AMIAZA O MEDITERRANEO!!


Vencendo o tremendo trebón de auga co que o ceo quixo agasallar ós palanadores e palanadoras da LNB que iste sábado polo serán loitaron no Aberto do Castañazo de Maceda no que Xosé Miguel da Faisca (e non Gil coma erroneamente se apuntou en primeira instancia) se impuxo á auga e ós seus rivais , mais a tremenda ledicia da molladura billardeira de Maceda compartida polos membros dos Tres Trebóns e dos Fracasados de Antemano , contrasta coa mágoa de hoxe mesmo ó prender a tele e ver un mandado da galega na praza de María Pita realizando unha enquisa ós peatóns sobre como lles gosta que se chamara á cidade na que habitan , A Coruña ou La Coruña , unha probocación inaudita ante o cal non nos estraña as complicacións que están a sufrir os compañeiros da Conferencia Noroeste para buscar espazo respirábel nisa cidade da CRUNHA. Vendo o nivel anti-galeguismo que manifesta a televisión pública diste país , é normal que teñamos que buscar referentes fóra disa escombreira de imaxes e ruidos polo que vos propomos que para desintoxicar vos mergulledes de cheo no último audio-estalo de Radio-Varal, de novo o irmán Carlos Suari no seu referencial programa Acuto , entrevista a un dos potenciadores máximos do deporte do Pic i Pala nos Paisos Cataláns . Angel Gómez dende a súa trincheira valenciá promociona a aferrúa a revilución billardeira na beira do mediterranea , con referencia a Copa Cantábrica Angel e os seus xa teñen en mente como di na entrevista realizar unha gran Trovada ou encontro de seleccións dos paises íberos en terras valencianas. Isa pode ser a gota que colme o vaso do pasado congreso internacional de Pic i Pala, Boli i Escampilla celebrado o pasado mes de marzo en castellón á que a LNB enviou un documento de discusión que agora xa podedes descargar akí.


Iste mércores a PxA ( Plataforma de xestión da Auténtica) pecha a lista e establece os criterios para a viaxe do vindeiro 8 de novembro desputar a Copa Cantábrica en Piyarnu (asturies). Se non te anotache faino e faino axiña porque a Cantábrica coma Angel ben sabe é a semilla da futura explosición billardeira internacional . Ademáis coma ti tamén ben sabes para o 14 de novembro outra serpe de carros vai partir da Galiza cara Pasaia en Euskal Herria , ademáis vendo a o espectacular aspecto das pistas LNB coma o de Moaña , atrevémonos a comezar a pensar en tribunas móbeis para acomodar ós centos de siareir@s que ven na billarda o único deporte capaz e posíbel.....adiante pois ise noso mundo de xente!!

quinta-feira, outubro 22, 2009

ÏNSCRÏBETE XA !!!



Atención: A Auténtica chama a filas!!!

A LNB afronta en Novembro o maior dos seus retos de ámbito internacional , se Alemaña foi un éxase absoluto foi motivado porque A Auténtica amosou o seu total compromiso na Copa Cantábrica que desputamos contra a selección de Asturies e que fixo posíbel que os nosos irmáns alemás viran viable o noso xa mítico enfrontamento. No Horizonte hai moitas metas, unha delas é Cabo Verde e moitas das bandeira que poboan o mapa do puño que busca o palán. Por elos queremos facer a toda a LNB participe diste primeiro European Tour da Aténtica comunicando que estamos a preparar as viaxes que nos levarán cas as terras irmáns de Asturies e Euskal Herria, aténción toma nota e únete á aventura!!

- Domingo 8 de Novembro>> III Copa Cantábrica: A Auténtica defende o posesión do Copo fronte á poderosa selección Asturiana. Xogarase ó stilo CNL , é dicer, no canto de introducir a billarda no Varal farémolo no espezo circular que eles denominan "castru". Ginés dos Remourlle Bulls encabeza a listaxe da Selección Galega ó imporse no Aberto da Auténtica celebrado na previa daquel mítico Galiza-Iran de futbol na Coruña , ademáis vai facer as función de xogador-seleccionador polo que será quen mova os peóns da Auténtica na pista axudado ademaís pola capitana da selección que será Carmiña. A LNB porá á disposición dos palanador@s a Guagua da LNB con saída ás 9 h da estación de buses de Ribadeo cun custe máximo do billete de 10 euros + o xantar de custe tope 12 euros:.
Inscríbete xa para formar parte da expedición da Auténtica e saber as prazas que necesitamos: ovaral@hotmail.com / 619.570976

-Sábado 14 de Novembro: I PASAIKo BADIA IREKIA [txirikila-billarda]
I ABERTO BAHÍA DE PASAIA>> Atención: Haberá serpe de carros dende a Galiza coordinada dende a Conf. Sur , o embaixador-billerdeiro en Euskal-Herria Mourinho será o encargado de o venres conducir a palestra sobre a billarda e a revolución LNB cunha espectacular montaxe audiovisual e a expedición da Auténtica será que o sábado pola mañá de coordine o Aberto na vila de Pasaia, se pensas que podes ser útil nista explosiva aventura inscríbete xa para organizar ista expedición que vai facer história: 627.780891 / abelaido@hotmail.com



- Venres-tarde (13 novembro): Palestra sobre a bilharda,
a súa historia, o processo de recuperaçom do jogo e a
LNB, o Varal, etc..

- Sábado-manha (14 novembro): Torneio de
bilharda-txirikila (num principio será individual) na
praça de Pasai Donibane.

- Sábado-tarde (14 novembro): MAGOSTO POPULAR.

- Domingo-manhá (15 novembro): Homenagem aos
marinheiros mortos no mar.


SÁBADO 24 ÁS 16:30 H>> ABERTO DE BILLARDA DO CASTAÑAZO DE MACEDA!!


A xente que ademáis de participar no Aberto queira ir á cea posterior de irmandade de 6€ ou durmir gratis no pavillón comunal ten que irse apuntando xa para confirmarlles á organización o número de xente da LNB que acudirá a cita. Rubén Otero , Xosé Miguel da conf. Sur máis cun comando LNB formado por xente de Salceda van ser os coordinadores diste acto de explosivo canibalismo billardero. O malo é que igual o tempo non acompaña, pero coma sempre teremos que buscar alternativa, unha que ten moitos boletos para ser a escollida é mollarse por dentro e por fora para á notechimpar coma posuídos polo diaño billardeiro diante do esceario diste espectacular Castanhazo de Maceda. / 647.190789


DOMINGO 25 >> ARRINCA A COMPETICIÓN NA CONF. NOROESTE NO FRONTÓN DE RIAZOR!! ( aprazado por causas alleas á LNB non poder dispor do frontón)

Atención tribo da Coruña e xente dos redores , porque iste domingo a partires das 16 h o frontón de Riazor vai ser un fervedoiro de palanadores e palanadoras armados ate os dentes para deixar claro que a máis urbana de tódalas conferencias está disposta a combater ó asfalto e a todo o se lle poña por diante para coma sempre fixo dende o principio dos tempos arrimar por os seus poderosos grans de uranio enriquecido para realizar a gran bomba atómica que é a LNB. Pregamos puntualidade xa que o a pista está pillada para as 14-16 horas , os capitáns das franquicias xa o saben pero se ti estás na cidade e nunca practicaches o noso deporte pero adoeces por facelo , pásate polo frontón de Riazor e únite á tribo LNB!! / 667.372989

E se pensas que é mentira todo o que contamos , os 101 dálmatas do Porriño están akí para demostralo. Esquivando os ataques Tele-Varal sáe ó ar e só podemos reafirmarnos no comentario que Iolanda deixou no web oficila da Conf. Sur: Pablo merecese unha homenaxe, a de chollo que leva a montar o vídeo, que por certo faino caralludo, e inda por riba censuranllo, ala vai! volta a montar a música.Moiiiiitas ghracias Pablo!!!! Saudos


quarta-feira, outubro 21, 2009

BASILIO , O NOROESTE E A AUTÉNTICA TODOS A UNHA PARA AFRONTAR O EXPLOSIVO NOVEMBRO INTERNACIONALISTA !!


O mediático Basilio vence e convence en Belbís no multitudinario segundo asalto da conf. centro e achega a un só punto ós temíbeis trouleiros ós líderes furabolos, ademáis espectacular mención á achega da nova fraquicia LNB do C.S O Dume que se estrearon niste Aberto da Gentalha . Toda a info con fotos e análise no web oficial da Conferencia. E Atención porque a Conf. Noroeste tamén move ficha para iste vindeiro domingo , espallamos o apuntamento exposto no muro do seu espectacular fesbuc: " Billarda Lnb Noroeste : boas a todos palanador@s, despois do encontro da primeira xornda da lnb noroeste este domingo temos a primeira cita oficial e puntuable para a liga con un pequeno cambio: O horario que temos asignado e de 14:00 a 16:00 no fronton de Riazor. en princi...pio mantemolo pero pregamos ós capitans de cada equpo que confirmen a asistencia. " Adiante pois a conferencia atlántica xusto no intre no que a Auténtica comeza a por en marcha a súa poderoso maquinaria para afrontar o explosivo Novembro Internacionalista que nos levará a Asturies e Euskal-Herria.... Atentos ás pantallas porque chega o Auténtica European Tour!!

terça-feira, outubro 20, 2009

CASTAÑAS E O HIMNO DA AUTÉNTICA, O PERIGOSO PLUTONIO ENRIQUECIDO DE TELE-VARAL !!


Espectacular e contundente resposta de TELE-VARAL ó ataque da Warner Music Group , se é habitual e marca da casa a utilización de música tanto dos netlabels galegos coma internacionais, sobre todo porque nista casa somos seguidores aférrimos do podcast especializado en música de libre distribución c´mmons baby, TELE-VARAL na primiera acción audio-visual despois do ataque da mafia dos dereitos de autor, opta por coller o boi polos cornos utilizando a espectacular música da versión en gaita do himno da Auténtica, que o podedes descargar akí en mp3, para musicar tamén as vosas aventuras diarias na búsqueda dunha futura República Billarda. Ginés prclamouse campión diste aberto do magosto no corazón da vila de Ribadeo , primeiro ensaio xeral do Koro Poliaphóniko cos nen@s kantores do Varal quentando as gorzas e as bonecas cara a Copa Cantábrica do 8 de novembro en Piyarnu ( asturies) . Atención xa dispoñíbel ademáis a clasificación na Conf. Centro despois do Aberto da Gentalha iste domingo en Belbís no que, Basilio, o palanador que estrou Tele-Varal centro se impuxo na pista de terra batida de Compostela....palán ergueito, adiante co Varal!!

segunda-feira, outubro 19, 2009

A SGAE ATACA BRUTALMENTE A LIBERTADE DE EXPRESIÓN DE TELE-VARAL ELIMINANDO O AUDIO DE " A PINCHA NO PORRIÑO"!!


ULTIMA HORA: TELE-VARAL ACABA DE SER ATACADA BRUTALMENTE POLA SGAE ELIMINANDO O AUDIO DO VIDEO DA PINCHA DO PORRIÑO E ADVERTINDO Á LNB DAS TERRÍBEIS CONSECUENCIAS DE SEGUIR NA SÚA LIÑA DE APROPIACIONISMO SONORO. AMOSÁVOSVOS UN DOS PUNTOS SOBRE O QUE SE BASA O SEU ATAQUE Á NOSA LIBERTADE DE ACCIÓN: "Este vídeo contiene una pista de audio que no ha sido autorizada por WMG. El audio se ha desactivado. Más información sobre copyright"


Por se non foran poucos episodios represivos os que sistemáticamente os palanadores e palanadoras da LNB vimos de sufrir nas nosas costas , agora chega a Sgae e a súa absurda lei de dereitos de autor para por a gota que colma o vaso. A única resposta posíbel , que o Koro Poliaphoniko da LNB vaia ensaiando o Himno da Auténtica como resposta a tanta inxuria e lagalidade murcha, atención porque no myspace da LNB xa tes a versión en gaita reliazada por Daniel dos Billardeiros Musicais e Tele-Varaleiro do NorLeste e akí xa podes descargar a versión do Cantar en mp3 que vai dar moito que falar e máis aínda que berrar.....palán ergueito , adiante co Varal!!

domingo, outubro 18, 2009

A GRIPE-B , ESPÁLLASE IMPARÁBEL POR TODOS OS RECUNCHOS DO PAIS, NON HAI VACINA POSÍBEL!!


O sábado en Moaña a Conf. Sur nun novo e espectacular Aberto superaba de novo a centea de palanadores e palanadoras case sen despeitearse, o domingo , Compostela deixaba unha nómina superior ós 60 palanadores na Pista de Belbís na segunda enganchada puntuábel da Conf. Centro mentras que o NorLeste se metía por primeira vez na história nun contexto totalmente urbano rachado todas as espectativas de público seguindo as evolución as estrelas da conferencia mater. Colle aire e sumerxete nos webs de cada conferencia para coñecer os campións ou campionas de cada unha distas enganchadas e recorda , non lavalas mans cando deixes o techado porque o virus da Gripe-B ten que espallarse por cada un dos seres humanos cos que te atopes a diario....


Ista find deixou claro que a LNB camiña firmemente e en tódolos frontes nisa máxima da visualización do conflicto , é dicer, que a sociedade saiba que nós estamos aquí e non temos por que escondernos , ó contrario somos billardeir@s e estamos orgullosos delo. É por elo que na conf. norleste mantendo as mesmas fechas do calendario inicial estudan xa localización diferentes e máis céntricas sobre todo depois do exitazo colleitado en Ribadeo....atentos porque a serpe multicor da LNB pon o seu punto de mira nas prazas das vilas do país enteiro!!

AS BILLARDAS , AS CASTAÑAS, O KORO DA LNB E A VOZ DE RADIO-VARAL RACHAN COA TRANQUILIDADE DUN DOMINGO EN RIBADEO!!


Xa se ensaiara no pasado interparroquial , a Conf. Norlest ó igual cas outras olla cara ó Sur para tomar recortes sobre a súa espectacular aposta de interacción radiofónica a pé de pista, un minuto e varado que fixo tremer á Torre dos Morenos xa que xusto diante se situou o set de Radio-Varal con explosivo Xosiño que se fixo cun público que acudíu en masa escoitar a súa maxistral narración das series clasificatorias e finais. Homenaxe do noso speaker ó recentemente falecido en circunstancias descoñecidas Andrés Montes rememorando o seu tiki-taka e sobre todo, sabemos será especialmente extremecedor cando ises lamentábeis comunicadores locais se enteren da que Xosiño armou no Cantón , polo que xa poden por as súas barbas a remolo porque Xosiño os papa a todos xuntos.


E sen trocar o dial para a cope nen onda cero , mantendo como non o sinal de Radio-Varal , todos os palanadores e palanadoras que asistiron a iste 3º Aberto puntuábel puideron participar dun espectacular magosto popular organizado pola LNB en pleno centro da vila ribadense.


Pero non todo acabou ahí nen moito menos, coas castañas estalando xa no bandullo o Koro da LNB comezou a ensaiar o Himno da Auténtica , coas gorzas e o punto de mira posto o día 8 de Novembro nunha nova edición da Copa Cántábrica en Asturies, atentos á xogada porque seguiremos informando!!


Find pois, con tres frontes abertos, donde as billardas saíron á rúa ó igual cas nosas gorxas para decir que co único co que non estamos dispostos a xogar é co noso idioma.....Queremos Billarda!!

quinta-feira, outubro 15, 2009

QUEREMOS GALEGO , QUEREMOS BILLARDA ....ISTA FIND BOTA DE NOVO A LÍNGUA E OS PALÁNS A PACER!!


ISTE DOMINGO , COMPOSTELA ÉNCHESE DE LINGUAS DESEXOSAS DE IDIOMA QUE LAMBER, POLA MAÑÁ CITA COA MANIFA E POLO SERÁN , DESPOIS DO XANTAR TOD@S A BELBÍS A DESFRUTAR E PARTICIPAR NA SEGUNDA ENGANCHADA DA CONFERNCIA CENTRO NO PARQUE DE BELBÍS. APARCEMENTO Ó AR LIBRE EN PLENO CENTRO DA CIDADE, XUSTO ENFRONTE Ó MERCADO DE ABASTOS, PARA QUE DEIXES O CARRO E OS BOIS E PARTICIPES DO ABERTO COORDINADO POLA EQUIPA-LNB DA GENTALHA DO PICHEL. ATENCIÓN PORQUE POLA MAÑÁ OBRIGATIRIO PASO POLO POSTO DA GALICOLA PARA CARGAR AS ANGARELLAS DE BRUBULLAS E POLO POSTO DOS IRMÁNS DE NOVAS DA GALIZA , DISTIBUIDORES OFICIAIS DE MATERIAL DEPORTIVO DA LNB POR SE CHEGAS A COMPOSTELA DESARMADO QUE NON CHE FALTEN PALÁNS E BILLARDAS PARA POLA TARDE BOTARTE Á PISTA DE XOGO NISTE DE SEGURO EXPLOSIVO E MULTITUDINARIO ABERTO DA ZONA ESTORNELA.


Moitos dos que van estar en Compostela o domingo estarán tamén iste sábado a partires das 16 h. en Moaña , niste xa mítico aberto puntuábel da Conferencia Sur no que de seguro voltaremos necersitar 4 pistas simultaneas para organizar a imparábel marabunta LNB que amiaza con converter Moaña nun enxamio de palanadores e palanadoras dispostos a chantarlle o aguillón ó imperialismo lingüistico. Atención porque Moaña é un referente absoluto para todos xa que o normal é que un centro social sexa xermolo dunha equipa LNB , mentras que no caso da Ghudalla, a súa participación na LNB foi un dos elementos clave que fixo que pensaran seriamente na súa transformación en cemtro social. E se acabas a xornada e con tanto trafego non tiveche tempo de falar e expresarte porque estabas comendo, bebendo , fumando ou rindo....no web oficial do Sur xa tes un foro no que deixar as túas pegadas e impresións porque ademáis dun foro da propio da Conf. Sur tes outro de ámbito nacional....a qué agardas? coa LNB podes expresate con libertade absoluta na pista, nos foros e nas rúas!!


E cos ourizos apunto de caer dos castiñeiros, a Conf. NoLeste xa non pode agardar nen un intre máis para saborear isa perla da terra chamada castaña. Sen descando posíbel das fabas ó Aberto do Magosto iste domigo ás 16 h. en pleno centro da vila Ribadense, un espectacular paso ó fronte da serpe multicor do Norleste inmersa no seu proceso de mutación de pel que deixa un poder e unha barvura inaudita nises lares. Atención porque ista conferencia está xa totalmente enfrascada na preparación da expedición da Auténtica para a desputa da Copa Cantábrica en Asturies. A Auténtica máis auténtica ca nunca , con himno propio ,do puño e letra do gran poeta nacional xabier cordal, e sen nengún tipo de axuda institucional vai por en marcha niste aberto do magosto unha espectacular rifa-axuda para que os milleiros de persoas que sabemos queren colaborar coa Auténtica teñan un xeito posíbel de facelo....pobo que esperas? adiante co varal!!

quarta-feira, outubro 14, 2009

MOHAMED RANDEEIRA >> REPORTEIRO DE GUERRA NAS PISTAS DA LNB!!


Por se tiñades algunha dúbida, Mohamed Randeeira , despexa todas a incógnitas sobre posibles implicacións e implicados no LNB nos escándalos de corrupción que lixan ate o pescozo moitos dos políticos que se din galegos....abre a túa Galicoa e desfruta dista auténtica xoia de cinema independete iraquí!!

terça-feira, outubro 13, 2009

A GENTALHA DO PICHEL , O EPICENTRO DUNHA EXPLOSIVA FIND NA QUE IMOS SACAR A LÍNGUA E OS PALÁNS A PACER!!


Aínda non chegaron as fabas de Lourenzá á pota de Markitos nas terras do NorLeste que nos outros dous frontes , Sur e Centro xa se prepararan para iste finde invadir Moaña , Compostela respectivamente ademáis de repetición da xogada no Norleste coa primeira gran inmersión, despois do éxito colleitado en Burela, no mesmo centro da vila Ribadense. En exclusiva mundial e coa producción de Daniel no seu estudio ribadense de augas mornas e peixes exóticos apresentamos o histórico estalo no que un dos palanadores da equipa da Gentalha do Pichel apresenta ó mundo a súa proposta de xogo e de intensidade. Precisamente a Gentalha coordina o Aberto que iste domingo 18 terá lugar na pista de Belbís en pleno corazón da cidade Compostelá nunha prolongación da manifestación da mañá na que as estornelas da LNB se unirán ás gorxas e ás línguas nisa orxía de amor nas rúas de compostela á lingua na que falamos , lambemos e amamos....sen dúbida Queremos Billarda, Queremos Galego!!

domingo, outubro 11, 2009

A CONF. NORLESTE ESCENIFICA O INEVITÁBEL: A GALICOLA É XA BEBIDA OFICIAL DA LNB!!


POSIBELMENTE ISTE É UN DOS INTRES MÁIS INTENSOS VIVIDOS NA HISTÓRIA DA LNB, CONFÍRMASE O INEVITÁBEL , A GALICOA CHEGOU ISTE DOMINGO Á PISTA DE SAN XURXO (LOURENZÁ) DA CONF. NORLESTE PARA QUEDARSE E ESPALLARSE COMA O LUME NA HERBA SECA POR TODAS AS PISTAS DA LNB ESCENIFICANDO O QUE TOD@S ESTABAMOS DESEXANDO COA INTENSIDADE BRUTAL DUNHA PARELLA DE BOIS TIRANDO POLO XUGADA: A GALICOLA É XA BEBIDA OFICIAL DA LNB!! . Fai uns 50 anos Alberto Korda o fotógrafo Cubano pillaba coa súa vella cámara Leica ó Ché Guevara pensativo nunha foto que se convertíu en icono mundial dunha revolución en marcha , hoxe apresentamos a Manuel dos Outros nunha outra instantanea que só unha horas depois de ser tomada ten xa o cariz de icono pop mundial: ATemíbel Alianza Galicola-LNB .....que trema de novo o imperialismo coas nosas billarda e as nosas burbullas!!


E para demostrar a espectacular implicación da serpe multicor da Conf. Norleste impresionante a acción dos irmáns do Madia Leva que deixaron a cidade da Lugo en pleno apoxeo do San Froilán para participar nistas segunda xornada da Superliga , e atención porque os Madia non acusaron en absoluto o intensidade das datas festivas xa que despois de solidarizarse cos manteiros que están a ser preseguidos brutalmente nas ruas luguesas afrontaron unha xornada de loita e billarda en san Xurxo antesala da gran polvada-xantar coa que non celebrar o día da hispanidade , se andas pola cidade nen te acerques ó atraco das kasetas deixate caer no local da madia-Leva a iso das 14 h e participa dun San Froilán auténtico con música improvisada polos propios comensáis , aténcion que igual tes sorte e podes sentir en primicia exclusiva o explosivo Cantar da Auténtica ou Hinmo da LNB.... [ telefone 664207010,bem no mail madialeva.gz@gmail.com. O custo é de 10 euros. Polvo à feira, cachelos,vinho, sobremesa. A hora do jantar é as 14h:30 ]


E co espectacular análise deportivo na web oficial do Norleste, aquí temos obrigatoriamente que remitir ó acontecido a miles de km. baixo o dilubio brutal que os deuses agasallaron iste sábado Buenos Aires baixo o cal o Palermo lle deu vida á selección arxentina que maxistalmente dirixe Diego Armando Maradona. Markitos, Moises de Xove e Salgueiro o bonito cósmico ,punta de lanza da inmersión da franquicia burelesa de Buril, dilucidaron quen dos tres sería o dono dos dous kilos de fabas doadas por Veiga do Curral , Makitos de novo ímpúxose nas tres carreiras pero pola mínima , e víu xa na pista que o nivel brutal dunha serpe, a do Norleste , que muda de pel e colle unha potencia e unha capacidade de acción nunca antes coñecida e unicamente comparábel ó deus Maradona deslizándose no enlamado campo depois do espectacular gol de Palermo. E atención porque o troco de pel do NorLeste xa ten as súas primeiras consecuación iste vindeiro domingo 18 situando a 3º xornada da Superliga no mesmo centro da Vila de Ribadeo. Somos moit@s os que non poderemos durmir ista noite , e non será polo efectos da Galicola senón polo motón de boas sensacións experimentadas e o feixe de boas novas pouco a pouco se van confirmando....Atent@s ás pantallas!!

quinta-feira, outubro 08, 2009

ISTA FIND VENTOS FURACANADOS NO NORLESTE CO GRAN ABERTO DA FABA DE LOURENZÁ!!


Se aínda non tiveche sufuciente coa ración de fabas fotográficas do estreo mundial da Conf. Centro , aquí tes outra espectacular ración máis de fabas con ameixas , pero se índa segues con fame , non o penses máis e bótate a Lourenzá iste domingo donde vas poder conseguir fabas e das mellores, ademáis os nosos patrocinadores Veiga do Curral racharon moldes na pasada edición da festa da faba apresentando a espectacular receita de fabas con coscos. Na pista de San Xurxo en Lourenzá nos pómolas fabas ti pon os coscos....agardámoste!!


E se iste domingo non acadas o saco de fabas ou non puideches chegar a San Xurxo a tempo fai urxentemente o teu pedido para saborear posibelmente unha das mellores fabas de Lourenzá, que é o mesmo que dicer do mundo FABAS VEIGA DO CURRAL : 982.146196 . A productora de Santo Adrao é a patrocinadora do premio que acadará o vencedor ou vencedora do Aberto de San Xurxo. E atención porque pode ser que en San Xurxo se escenifique por primeira vez tamén a tan agardada chegada da Galicicola ás pistas da LNB para a súa posterior declaración coma bebida oficial....refresca a túa mente e a túa gorxa nas pistas da LNB!!

quarta-feira, outubro 07, 2009

BASILIO INAUGURA TELE-VARAL CENTRO CON XOSÉ ANTÓN COMA SUICIDA REPORTEIRO DE GUERRA!! [preme]


Imaxes históricas: 1º acción de Tele-Varal na Conf. Centro, impresionante!! , preme no enlace e chimpa coma un can famento nista espectacular xoia do dogma europeo ,nen condimentos nen trucos de producción.... Xosé Antón toma o pulso da competición de Basilio, unha das grandes estrelas da LNB e membro dos Trouleiros, franquicia xa que lle pisa os talóns ós finalistas nacionais Furabolos.....a tensión máscase entre os dentes niste histórico video-estalo!!

A EQUIPA DA GENTALHA PREPARA XA A INCURSIÓN DA CONF. CENTRO EN COMPOSTELA!!


Pero coma en tódolos sitios cocen fabas, mentras en Lourenza a tribo do Norleste se prepara para en San Xurxo loitar no aberto puntuábel polas fabas de Lourenzá doadas por Veiga do Curral , en Composela xa se prepara a equipa LNB da Gentalha do Pichel para coordinar no campo de futbol de Belbís o vindeiro domingo 18 o 2º Aberto puntuábel da Conf. Centro para por a guinda do pastel reivincativo que nos levará de novo a Compostela para berrar durante a mañá alto e claro que na LNB Queremos Galego que é o mesmo que decir que Queremos Billarda.

terça-feira, outubro 06, 2009

ARRIBA, ABAIXO, Ó CENTRO E A DENTRO.....ARRINCOU ACCIÓN CO EXPLOSIVO BRINDE NO BAR-MÓBIL DA CONF. CENTRO !!


Só cun brinde no bar-Mobil da Conf. Centro da LNB se pode celebrar o tremendo éxito acadado no pavillón alternativo no que a tribo se refuxiou dos chuzos de punta que caían na pista da Pontraga. A LNB elexíu un pavillón que nengún GPS podía localizar para así esquivar os satélites inimigos, pero se queres recuncar no acontecido aquí tes o mapa dos son dunha xornada histórica.


Máis de medio cento de palanadores e palanadoras se deron cita nista histórica data donde os locais do Sporting da Pontragha souberon reporse ós inconvintes do xogo indor e xa se sitúan de terceiros na clasificación por equipas despois dos poderosos Furabolos e os Trouleiros, ademáis Iván dos Furaboos comanda xa con 6 puntos e en solitario a clasificación da Conf. Centro, olla no seu web oficial as clasificacións completas!!

segunda-feira, outubro 05, 2009

O MAPA DOS SONS DO PORRIÑO!!


Coixet , ó contrario ca LNB, fracasa extrepitosamente na súa última fita cando tenta achegarse á esencia íntima dos xeitos de expresión xaponesa e ós modos de manifestalo. A esencia do cinema Haruki Murakami non a busquedes pois no cimea da catalá senón na inmersión no Foto-Varal do Aberto do Porriño no que se rachou o muro dos cen inscritos, a LNB consegue pois acadar o mutismo do cinema asiático donde as palabras sobran e ó que Coixet se tentou aproximar , a mostra é o extremecedor silencio que reina no album do foto-varal, elemento fundamental entendido coma outro xeito de comunicar.


Porriño troixo tamén a Elvis uniformado cunha flamante equipación do Real Madrid , a verdade é que guiados polos precedentes diste sensacional ex-Paquete Pincha cremos que en vistas das dimensións estratosféricas que está a acadar a LNB no hemisferio sur , Elvis vestiuse diste xeito , ó igual que o fixera fai uns meses na desputa do xerro do salnés con la roja, para advertirlle a Florentino e ós seus socios que saquen as súas sucias mans da LNB se non queres quedar "abrasados" coma a camiseta.

E como non podía ser menos, as pistas da LNB son un fervedoiro de libertade absoluta donde cada un pode liar a picadura que máis lle preste no papel de fumar , e con máis motivo no propio Porriño, donde se impuña un homenaxe á vila que nos recibíu cos brazos abertos....Legaliza-te!!

domingo, outubro 04, 2009

FABAS NA RETAGARDA , PARA UNHA HISTÓRICA FIND NA QUE SE RACHOU O CENTO DE INSCRITOS NUN ABERTO LNB!!


Atención porque non hai respiro posíble para a serpe multicor da LNB. Mentras se prepara o espectacular saketo de fabas autóctonas co que agasallar ó campión ou campiona do vindeiro Aberto da Faba a celebrar o próximo domingo 11 na pista de san Xurxo do concello de Lourenzá , a xornada diste find deixa datos escalofriantes para todos os posíbeis inimigos:

- Iste sábado rachouse en Porriño a barreira dos cen inscritos nun Aberto da LNB , 108 palanadores e palanadoras embravecidos chimparon por riba da listón dos 100 inscritos nun Aberto que tivo que saír do centro da Vila para un monte no que se marcaron 4 pistas simultaneas que situou a Chupi coma campión do Aberto. Comézase a cometar a necesitade de sacarlle a droga do calacao a iste palandor do paquetre Pinchas que fai doblete e repite triunfo acadado en Redondela.

-Pero iste domingo estan os facendo história, os deuses decidiron coller os caldeiros de auga e bertérnmolos pola cabeza pero a axilidade e a veteranía da tribo da conf. noroeste fixo que nistes intres se estexa desputando no Frontón de Riazor o Aberto que estaba predestinado para a praza da sardiñeira, atención ó seu web oficial e sobre todo ó seu feisbuc porque dende a coruña están dispostos a contar cada resguño.....

-E a ista hora estamos facendo a historia , chovendo a chuzos na Pontraga a tribo da conf. central está a cuberto construindo a golpes a súa epopeia de vida que poderemos ver no seu web oficial. Máis de medio cento de palanadores e palanadoras están rachandpo o bloqueo ..... adiante pois no noso barco de buxo!!

sexta-feira, outubro 02, 2009

SÁBADO PORRIÑO, DOMINGO A CORUÑA , A PONTRAGA E VOTAR NA GENTALHA!!


A polos 100!! , ise é o espectaculardesafío que a tribo da Conf. Sur lanza á súa tropa , sexan un cento ou unha ducia de centos , o arrinque brutal co puñetazo na mesa de Redondela vai ter continuidade en territorio xa coñecido como son as terras e o granito de Porriño ademáis en plena celebración das festas do Cristo , a cita iste sábado 3 a partires das 16 h no Monte do Risco para non colapsar o centro da cidade.


E o domingo 4 de outubro , para os que non queren unha taza dúas tazas de poderoso caldo billardeiro:

- Na Conf. Noroeste: Arrinca na Praza da Sardiñeira apartires das 16 h. a Superliga en pleno corazón da Coruña confirmando a plenitude absoluta da nosa proposta nos ámbitos puramente urbáns.

- Na Conf. Central: A Pontraga en Tordoia, é o sitio elexido e as 16 h a hora marcada para botar andar oficialmente iste tan agardado estreo de conferencia. Aquel brinde de licor Café co que a LNB selou o bautismo de carraxe da área estornela confirmarase dentro dunhas horas cun feixe de equipos dispostos a loitar pola dignidade dun deporte e dun xeito de entender a sociedade.

CONF. CENTRAL , TAMÉN PROCESO ELECTORAL!!

Pero antes de acudir á Pista da Pontraga , atención palanadores da Área estornela porque o sábado 3 tod@s temos unha cita inexcusábel coas furnas xa que os irmáns de Seioque organizan un referendo para decidir o noso futuro coma cidadán da República Billarda. Erika Seven , a explosiva reporteira de Seioque , fai un percorrido entre Aríns e Compostela pulsando o ambiente cara ó referendo que terá mesas electorais situadas no Gentalha do Pichel .

Centro Social que ó día seguinte mutarase en franquicia LNB no estreo mundial na Pontraga da Conf. Central.

quinta-feira, outubro 01, 2009

REFRESCA A TÚA GORJA PARA NON DESFALECER NISTE ABRASADOR FIND A TRES BANDAS!!


Fomos moitos os que confiamos na Galicola dende o primeiro intre que fomos golpexados pola tan agardada nova , confírmase agora a poderosa irrupción no mercado diste primeiro refresco nacional coa explendosa presentación da súa páxina , a LNB xa está mantendo conversas cos responsábeis da marca para para tentar abastecer de burbullas todas as pistas de xogo e o que é máis importante: Facer da Galicola a bebida oficial da LNB!!

Refrescar a túa gorja cunha galicola é o que vas ter que facer ista find se non queres desidratarte coa espectacular actividade que temos na LNB, acción simultanea en tres frontes , nunha man a galicoa e noutra o palán ergueito , esperta pobo!!

-Sábado 3 de outubro: A LNB Sur volve á carga este sábado 3 de outubro no Porriño. A vila do Louro está en festas, e que mellor maneira de celebralo que co II Torneo de Pincha “Festas do Cristo”. Ás catro da tarde do sábado do Re-Cristo, os palanadores e palanadoras meridionais xuntaranse no curuto máis próximo ao centro urbano: o Monte da Risca.

-Domingo 4 de outubro: Arrinca a Conf. Noroeste cunha explosiva xornada no pista da Sardiñeira, achégate chantar unha billarda xusto no corazón da cidade da Coruña e demostrar así o poder inmenso da nosa proposta nos espezos de esencia urbana. A cita a apartires das 16:30 , non agardes máis e apúntate á revolución: 619.963932

-Domingo 4 de outubro: Estreo mundial da Conf. Central , en colabroación cos irmáns da A.C Brisas do Quenllo a LNB artella iste espectacular e histórico arrinque de tempada na área estornela , atención porque A Pontraga prepárase xa para recibir a paus iste domingo a partires das 16:30 á serpe multicor da Conf. Central , incluso co pavillón dos Cabaleiros disposto por se as nuves decinden valeirar os caldeiros....