O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 30, 2009

HORA NATURAL GALEGA E APALPADOR@ DANÇA PARA O ANINOVO 2010 E PARA AS 8.760 HORAS RESTANTES!!


A LNB volta reafirmarse firmemente no apoio incondicial á gran iniciativa criada polos irmáns do Colectivo Buril que dende o ano pasado veñen celebrando unha grande festa de benvida do aninovo en horario natural galego. Unha iniciativa sen precedentes que dende a LNB animamos ferventemente a que celebres esteñas donde esteñas , ou ven acudindo ós Centros Sociais ou garitos donde ista costume xa comeza imporse ou mesmamente na intimidade da túa casa.


O Pub Penta na rúa Marqués de Sargadelos en Burela é a cita, alí poderás atopar ós membros diste perigoso comando relaxados e a cara descuberta dispostos a armar festa cunha explosiva sesión de música galega que vai invocar ó espírito dise tan perigoso demo radiofónico para o actual goberno chamado Aberto por Reformas.


Orgullo máximo o que exprimentamos ó ver incluídos no arsenal de guerra os paláns e billardas da LNB ó carón do fouciño chantado na pataca radioactiva e do tan necesario licor licor café coma poderosos e intimidatorios argumentos horarios cos que a ORGANIZAÇOM REVOLUCIONÁRIA ARMADA POLA NOSSA HORA (ORA-NH) se dirixe de novo nistas datas ó famento povo galego , desexoso un ano máis dun referente ideolóxico-horario que remate coa secular colonización das nosas terras , mentes e reloxos.


E como explicar a emoción ó ver que a gran chama prendida en Burela polos irmáns do Buril se espalla polo páis adiante coma o lume na herva seca, son moitos os locais que xa abrazaron ista tan potente iniciativa polo que se te atopas en Compostela non podes deixar de acudir puntual por horaio natural galego claro está , á festa de fim de ano que organizan os irmáns da Gentalha do Pichel donde ademáis te convidan a ir caracterizado con algún elemento de igrexa e donde ademáis durante a festa poderás unirte ó brutal coro dos apostatador@s.

Apostatar no Pichel para non confesar xamais e bailes inconfesábeis en Marín no C.S Almuninha donde dende despois de tomar as uvas pola hora galega teñen prevista a espectacular actuación do ALMUINHA SOUND SYSTEM , un colectivo de DJs que amizana tamén con invadir cos seus pratos as pistas da LNB e que ista noite van facer mover o esquelete ó propio Apalpador que a istas horas se debate na súa palloza do Courel entre os diferentes saraos espallados polo país a ver a cal acode realizar a súa explosiva danza da electo-pirusalda.

APALPADOR@ DANÇA: A ELECTRIZANTE DANZA DO APALPADOR!!


E atención porque tivemos acceso a un documento que afianza brutalmente o mito do Apalpador, aquí o vemos uns meses antes do Natal practicando co grupo galego Maedi Visna a electrizante e contaxiosa electro-pirusalda que leva o nome de Apalpador@ Dança . Recibe o ano e as 8.760 horas restantes coa Apalpadora Dança e en horario natural galego!!

segunda-feira, dezembro 28, 2009

TELE-VARAL E GZVIDEOS AMOSAN TODO O QUE GALEGA NON SE ATREVEU A EMITIR>> [apaga a t.v acende a mente]


TELE-VARAL filmou o primero estalo dunha xornada na que o gran triunfo foi o da perseverancia e a capacidade de acción duns siareir@s galeg@s que non necesitaron de naide para armar un monumental e autoxestionado Belén polo que niguén ó primeiro dába un peso. Pola contra LNB dende o primeiro intre puxo todas as fichas riba da mesa apostando pola xestións dos irmáns siareir@s , Xan Rodiño de xogos tradicionais foi o campión dun espectacular II Aberto da Auténtica no que ademáis as cámaras puideron recoller o espectacular intre no que Viana realiza o seu xa histórico e electrizante "moon-walk faiskeiro"


E vía os irmáns de GzVideos podemos desfrutar da segunda parte dista gran xornada polo dereito a competir de todas as nosas seleccións nacionais donde Viana, no serán coa palabra, volta amosar a mesma contundencia que na mañán co palán e a billarda. Beizóns Siareir@s!!

HAPPY BIRTHDAY Mr. PRESIDENT!!!


Día 28-D , día dos inocentes , pero algúns nen sequera se permitiron iste día de inocencia e barbeito no seu calendario vital, tal día coma hoxe vía a luz un culpábel , culpábel que hoxe teñamos donde estamos e camiñemos polos sendeiros da ilusión por donde serpe multicor da LNB imparábel repta polo país adiante. É Toño Randeeira ise ser humán que no caso de facerse realidade ise tan desexado páis-estado LNB sería nomeado ó instante por aplastante unanimidade presidente da República Billarda, é por elo Toño que tod@s os palanadores e palanadoras do mundo acompañamos a Marilyn para desexarche un moi feliz cumpreanos:


Happy Birthday Mr. President Toño Randeeira!!

domingo, dezembro 27, 2009

A LNB APORTA O SEU PODEROSO GRAN DE AREA NA GRAN VICTORIA DA SELECCIÓN GALEGA Á XUNTA!!


Non se gañou un partido, iste sábado 26-D en Compostela todos cantos acudimos a Belbís para a desputa do II Aberto da Auténtica de Billarda, tod@s cantos invadimos as rúas de Compostela , tod@s cantos acudimos ó estadio de Santa Isabel ver e desfrutar coa selección nacional de futbol e tod@s cantos acudimos ó concerto posterior na Capitol con Mencer Vermello , Machina e Habeas Corpus gañamos o respeto e a credibilidade dun país que ve en siareir@s galeg@s o único referente presente e futuro de todo o entramado deportivo e social dun país en loita e como se demostrou iste sábado lle ferve o sangue nas veas.


A victoria foi nosa dende o minuto cero no que os palanadores e palanadoras da LNB abriron lume no campo de Belbís na desputa do II Aberto da Auténtica nunha xornada de billarda, futbol e loita coordianda de xeito maxistral por siareir@s galeg@s.


Representación de tódalas conferencias da LNB nun Aberto que se consolida coma punta de lanza dunha alianza con siareir@s, dende o Norleste , desafiando o sono chegaron tres carros tirados pola paixón duns palanadores e palanadoras referencia absoluta dunha revolución que amiaza tódolos currunchos. Destacábel a gran enteireza de Eric que pese a sufir un billardazo de punta nas costas rematou todo o partido pese ós tremendos dores, paliados posteriormente co magnífico xantar que compatíu a expedición do NorLeste con ise sherpa de luxo chamado Xosé Antón dos Furabolos.

Pero se o Aberto da Auténtica tivo un nome propio ise foi o de Viana , que quentou boneca e cadeira cos seus maxistrais bailes despois de cada victoria de carreira para afrontar en plenitude as súas tarefas de coordinador no serán de tódolas actos de siareir@s.

E de paso que na Gentalha do Pichel realizaban a espertada do Apalpador , Mario, un dos palanadores pertencentes a isa franquicia con sede no centro social compostelá xa quedou esperto e listo para ser dos primeiros en chegar a Belbís disposto e meterlle o bico á espectacular botella de Licor Café dos Furabolos.


O Sur chegou a Belbís e fíxoo deixándose sentir na pista e nos amplis que pasean de xeito referencial por toda a súa zoa de acción. Ademáis espectacular foi a súa Okupación eléctrica xa que o tribo-Sur saltou as vallas dunha obra para conseguir electricidade para o equipo de son e abríron unha das maletas dun carro de donde saíu a magnífica cantina LNB a pé de pista coa que electrificar os nosos corpos.

Pero para poder realizar unha acción das dimensións do Aberto da Auténtica é necesaria a implicación activa de moitos elementos e non hai mellor pilar para soster un edificio tan consistente coma o da Liga Nacional que contar coa xestión da propia cidade compostelá da franquicia Xogos Tradionais con sede na república de Conxo que foron os encargados de preparar o campo de xogo con marcación incluida e colocación de espectaculares Varales. E ademáis dos coñecidos Mario e Formoso Xogos tradionais afianza a súa inmersión billardeira cun espectacular palanador chamado Luís e unha estrela chegada directamente de deslumbrar nos xogos Galaico-Durienses celebrados no campus sur da universidade Compostela, apuntade o nome: Xan Rodiño.


Todos xuntos e rovoltos afianzamos unha proposta na capital galega que non deixou indiferente a naide que vía loitar con todas as forzas a medio cento de palanadores baixo unha contundente banda sonora que combinado coa galicola e a cervexa acendeu a mecha á acción nun inolvidábel día de loita e festa.


E como anunciabamos antes se o Aberto tivo un nome propio , ise foi o de Viana, o palanador da Faisca desfíxose en Belbís da brutal presióan que soporta cada torneo na Conf. Sur e colocouse na final diste desputadísimo Aberto da Auténtica non dando o brazo a torcer ate o último suspiro no que o palanador de Xogos tradionais Xan Rodiño lle arrebatou o triunfo impedindo así que realizara o súa xa mítica e definitiva danza da victoria , quén ía pensar que ó tan folclórico e apostólico Ballet rey de Viana se lle escara un bailarín distas dimensións pola ala da esquerda independentista?

Xan Rodiño , moito ollo con iste nome e con iste home, redireccionamos ó video-estalo de Tele-Varal xa que nel explica con verbas emocionadas , pausadas e seguras como é o seu xogo como conseguíu vencer niste gran Aberto da Auténtica fronte a un gran finalista coma Viana e sobre todo donde explica a súa orixe real ante a posibilidade que sexa el quen dé o gran paso adiante de coordinar o 1ª Aberto Aberto en Portonovo, un xeito defitivo de trocar momentaneamente os sachos polas billardas para sementar ises territorios que ás veces semellan única e exclusivamente patrimonio do turismo máis depredador.


Rematado o Aberto , botámonos á rúa e desgraciadamente non puidemos facelo todos , Ugío Caamanho que estivera no pasado Aberto da Auténtica na Coruña non puido estar ista vez con nós , intres de converxencia ademáis porque á mani de siareiros chegaron moitos palanadores que pola maná non puideron estar coma o caso de Roi , palanador dos Filloas de Sangue da Conf. NorOeste que se uníu á tribo un pouco antes que outro dos noso palanadores , Rubén Otero nada máis comezar a andar a manifa fora brutalmente obrigado pola policía antidisturbios a deixar unha botella de licor café de vidro coa que os palanadores iamos paliando a nosa brutal sede de victoria.


E acustodiados coma se foramos cans adoecidos por un descomunal número de policía antidisturbios armados ate os dentes con escudos e armas de asalto , chegamos ate o campo de Santa Isabel para perpetrar o gran delito polo que un tal Feijoó, máximo responsábel na Xunta da área deportiva, nos enviaba tan cantidade de polícía presionando continuamente a cada un dos manifestantes para que perderamos a calma e poderen soltar a dose de leña que dende os despachos nos tiñan asignada.


Foi sobre todo o sensacional respeto que toda a manifestación gardou ós coordinadores internos da mani que siareiros situou entre os manifestantes e os corpos de represión o que fixo que todo desembocará unha espectacular entrada e invasión das bancadas. Verbas de Davide de Siareir@s que deu inicio á previa dun partido histórico no que Reixa tamén leu un manifesto do puño e letra de siareir@s que fixo que o lume se acenderá nos nosos corazóns antes de que o balón recibirá a primeira patada.


Primeira patada ou saque de honra que os siareir@s agasallon a dous exiliados, por unha banda o ciclista galego David Blanco que milita no mítico equipo luso Tavira e co que venceu en 2 ocasión a volta a Portugal , e por outro á Liga Nacional de Billarda representantes dise outro tan duro coma descoñecido exilio interior. Patadas a prol do dereito a competir e parafraseando ó lema que o referencial cantautor norteamericano Woody Gothrie levaba pegado na súa guitarra berramos tamén : iste balón, ista afección e ista selección mata feixistas!!

SIAREIR@S: 9 - XUNTA:O!!


MAIS CA UN SOBRESAÍNTE SACARON OS IRMÁNS DE SIAREIR@S GALEG@S NUNHA XORNADA QUE SE PODE CALIFICAR DE HISTÓRICA, CUN ESTADIO DE SANTA ISABEL REPLETO DESPOIS DA MULTITUDINARIA MANIFA QUE PERCORREU AS RÚAS DE COMPOSTELA CUN DESCOMUNAL OPERATIVO POLICIAL VIXIANDO CADA UN DOS MOVIMENTOS DOS SIAREIR@S QUE CHEGARON INCLUSO A TORTURAR BRUTALMENTE EN PLENA RÚA A UN DOS PALANADORES DA LNB PARA REQUISARLLE UNHA DAS BOTELLAS DE LICOR CAFÉ ACADADA NA DESPUTA DO ESPECACULAR II ABERTO DA AUTÉNTICA DE BILLARDA CO QUE NA MAÑÁ DISTE SÁBADO 26-D ARRINCABA ISTA XORNADA DE LOITA POLA DEFENSA DO DEREITO DAS NOSAS SELECCIÓNS NACIONAIS A COMPETIR NO CONTEXTO INTERNACIONAL. DEMOSTROUSE ADEMÁIS QUE O GRAN ESFORZO REALIZADO POLOS SIAREIROS PARA SACAR ADIANTE ISTE MONUMENTAL PROXECTO SEN ENGÚN TIPO DE AXUDA INSTITUCIONAL É UN REVULSIVO ABSOLUTO PARA TODOS OS COLECTIVOS COMA A LNB APOSTAMOS FIRMEMENTE POLA AUTOXESTIÓN. UN LUXO PARA TODA A LNB POR O SEU GRAN DE AREA NISTA BRUTAL DEMOSTRACIÓN DE PODER POPULAR FRONTE Á MISERABLE DEXENERACIÓN DUNHA INSTITUCIÓN CHAMADA XUNTA. ATENTOS ÁS PANTALLAS!!

quinta-feira, dezembro 24, 2009

O II ABERTO DA AUTÉNTICA ABRE LUME ISTE 26-D EN COMPOSTELA!!


A LNB ten a enorme honra de ser quen poña a primeira pedra no muro de loita diste sábado 26-D en Compostela coa deputa do II Aberto da Auténtica ás 12 h. no parque de Belbís. Unha espectacular e exclusiva botella de Licor Café da Casa e unha reivincación lexítima para que as selección nacionais galegas compitan oficialmente no contexto internacional son razóns de sobra para que puñas a túa billarda e o teu palán ó servizo da terra. Atención porque despois do Aberto da Auténtica e despois de probar os tigres rabiosos no Trafalgar da zona vella compostelá recomendamos a todo aquel que queira o xantar no XA CHEGOU, bar-restaurante na algalia de abaixo e unha dos puntos de encontro da LNB en Compostela donde é obrigatorio probar un dos seus prato estrela que é a espectacular zorza ou cogumelos con queixo derretido para afrontar coas forzas necesarios o excitante programa do serán que organizan os irmáns de siareir@s galeg@s:

O dia 26 espera-nos umha jornada de festa e reivindicaçom em que berraremos bem forte que somos umha naçom, que temos direito a ter selecçons desportivas e que reclamamos a oficialidade.

MANIFESTAÇOM: Às 17 horas manifestaçom desde o passeio da alameda para exigir o direito da Galiza a ter selecçons e competir a nível internacional. Depois de percorrer as ruas compostelas a manifestaçom concluirá no campo de Santa Isabel

JOGO DE GALIZA: Siareir@s Galeg@s como já sabedes asumiu a organizaçom do evento, a nossa selecçom nacional jogará contra um combinado internacional. Pola Galiza participarám jogadores de diversas categorias. Nos próximos dias confirmaremos os jogadores incluídos nesta convocatória que defenderám a nossa camisola, assim como o quadro técnico do mesmo. Mas já che adiantamos que haberá importantes surpresas.

CONCERTO: Para pôr o final à jornada cheia de actividades o nosso colectivo vai organizar um concerto ao final do jogo de Santa Isabel em Compostela. O concerto contará com a actuaçom de três grandes grupos, dous galegos, Machina e Mencer Vermello, e a actuaçom de Habeas Corpus que de seguro alongarám a jornada festiva até altas horas da madrugada. Os bilhetes custarám 8 € em antecipada (Compostela: Gong e Gentalha; Vigo: Tipo e Revolta; Corunha: Portobello; Trasancos: Artabria; Pontevedra: Tipo; Ourense: Esmorga) e 12 € na bilheteira.

Nesta jornada também contaremos com a participaçom da Liga Nacional de Bilharda que desputará o II Aberto da bilhardaautêntica no campo de futebol do parque de Belvis às 12h00.

A VER QUEN LLE CORTA O PESCOZO AGORA??


Simplemente espectaclar a frase coa Marita remata ista xélida nova edición do Torneo do Galo celebrado en Ribadeo na que ademáis se producíu a gran irrupción dun Apalpador desconcertado pola dicatura do yet-lag no seu durísimo viaxe dende o Courel a Ribadeo. Berros de emoción dun Galo criado en livertade que a LNB reivindica fronte á brutalidade da cría dos capóns , é por elo que Hugo será pois quen ferva a auga para desprumar iste magnífico exemplar doado por Marita e Ginés de Celeiro de Mariñaos. Pero non perdedes a pista porque antes de rematar o ano aínda hai maís , iste sábado en Belbís ás 12 h temos unha cita no II Aberto da Auténtica na xornada de reivindicación da oficiakidade das selección galegas artellada en Compostela polos irmáns de siareir@s galeg@s .

quarta-feira, dezembro 23, 2009

NON NOS ROUBARON O PARTIDO, ROUBÁRONNOS O DEREITO!! . ISTE 26-D A LNB EN COMPOSTELA CON SIAREIR@S. [preme]!!


Xa o avisabamos, o espectacular equipo de Tele-Varal estaba quedando sen cellas surfeando na escuma da madrugada diante do computador para ofrecer iste explosivo video-estalo preludio absoluto dunha de seguro histórica xornada de loita na cidade de Compostela: Dereito a decidir dereito a competir , Siareir@s Galeg@s e a LNB de novo unidos e coma únicos referentes posíbeis dunta terra que pide a berros unha selección que a represente. E abrindo a xornada do sábado 26-D desentarrarase a brosa de guerra contra o artigo 27 da lei do deporte na pista de terra do parque de Belbís coa desputa do II Aberto de Billarda da Auténtica, e se maxistral son as impactantes imaxes cos dirixentes diste e do antigo réxime unidos polo seu unánime NO ós dereito democráticos da Galiza, pon o ouviso porque a elección da banda sonora polo gran cociñeiro Rubén Otero é impresionate, Taru e os paxaros coiro dan paso no segundo asalto audiovisual, a uns frenéticos Ulträqäns xusto agora que acaban de selar o seu pasaporte de cidadáns da República Billarda cun impresionate tema titulado Quimbumbia-Billarda co que unen ó povo Cubano e Galego na defensa dunha mesma revolución......a social e billardeira!!

terça-feira, dezembro 22, 2009

COMPOSTELA CELEBRA A ESPERTADA DO APALPADOR E DUNHA GRAN SELECCIÓN GALEGA A PEITO DESCUBERTO!!


Iste sábado 26-D de costas ás isntitución deportivas e por iniciatica dos irmáns de siareir@s galeg@s , de novo poderemos desfrutar dun novo episodio na loita polo recoñecemento oficial da selección galega de futbol e de tódalas demáis. Ista vez nos haberá palco de autoridades nen autobuses subvencionados, ista vez no estadio de Santa Isabel en Compostela a LNB estará a peito descuberto apoiando ó unico referente deportivo válido niste país, siareir@s galeg@s. Ademáis teremos a grande honra de abrir lume nista histórica xornada de festa e loita coa depusta ás 12 h do II Aberto da Auténtica de Billarda na pista de terra do parque de Belbís ,Compostela, donde o campión ou campiona levará unha fantástica e exclusiva botella de Licor Café do país para brindar cunhos chupiños pola oficialidade das selección snacionais galegas....


Catalunya ista noite ven de vencer á selección arxentina por 4 goles a 2, nun camp nou a punto de estourar pola emoción dunha cidadanía país que vai conquistando espazos pouco a pouco nas hurnas e nos campos de xogo. E tanta lexitimidade ou máis ca os Cataláns teñen os futbolistas bascos que foxen por segundo ano da farsa que se agacha baixo a frase: unha vez ó ano non fai dano, e menos cando os xogadores non lles está permitido xogar baixo a denominación lexítima de Euskal-Herria. Galiza ,como non podía ser menos , afronta un dilema que podiamos denominar coma a terceira vía do nen arre nen só, as institución deportivas actuais negan o seu apoio á celebración do partido e é a cidadanía alegre e combativa agrupada en siareir@s galeg@s e un feixe de xogadores quen toma a magnífica inicitaiva de botarse ó campo de xogo e desputar o que será de seguro o mellor de todos cantos partidos se leva desputada a selección galega de futbol


Por se queres escribirlle a carta ó Apalpador , aquí vos deixamos a folla realizada polos irmáns da Gentalha do Pichel que iste 24-D realizan a fantástica Espertada do Apalpador que de seguro vai sentar as bases dunha tradición que se vai espallar polo país adiante, e se ves que non vas poder dormir ista noite aproveita para escribir a carta ó Apalpador mentras agardas por un explosivo agasallo producido na Conf. Sur que vai aparecer en Tele-Varal durante ista madrugada na que o Apalpador traballa a reo na sua Palloza do Courel.

segunda-feira, dezembro 21, 2009

A ESPECTACULAR CHEGADA DO APALPADOR Á LNB RACHA COS ESTEREOTIPOS DO NATAL MÁIS CONVENCIONAL!!


O Apalpador, Billarda e a Galicola os tres pilares básicos nun Natal que racha moldes, Santa Claus e coca cola..... Go Home!!

Hugo dos Billardeiros Musicais levou o galo no mítico Torneo de Natal da LNB na Conf. NorLeste, pero ademáis nista edición contamos coa presenza do gran referente distas festas no país galego. FOTO-VARAL: O APALPADOR NO TORNEO DO GALO (Ribadeo)


Si amig@s.....só a LNB podía ter liña directa co Apalpador que non dubidou un intre en acudir presto á chamada dende o seu lar do Courel para por primeira vez na história facer a súa aparición nas terras da mariña de Lugo.

E como é menester o Apalpador medíu o estado alimenticio dos palanadores e palanadoras da LNB apalpándoles a barriga , castañas bañadas en chocolate e boliños preñados foron os manxares cos que o Apalpador agasallou á orgullosa e indomáble tribo da LNB.

Pero non foi Ribadeo o único sitio donde tivo presenta o Apalpador iste domingo, atentos ás pantallas porque no seu carro tirado por porcoteixos desprazouse isa mesma tarde ate Mos e ate o pista da Pontecarreira. E atención porque os irmáns do Buril de Burela están inmersos na preparación da celebración un ano máis do fin de ano por hora galega, están traballando na edición dun explosivo video-estalo que van proxectas na festa e xa se fala ademáis para o ano da posibilidade de filmar o sangento encontro entre o Apalpador e Santa Claus nunha casa calquera nun punto da xeografía galega.

domingo, dezembro 20, 2009

A VERDADE E ILUSIÓN DO APALPADOR FRONTE Á NOXENTA HIPOCRESÍA DE COPENHAGEN!!


Copenhagen, cidade expléndida que pola presenza dos líderes da podredume internacional hoxe arrecende a lixo fedorento, xusto todo o contraio que acontece na outra gran urbe europea chamada Ancares, patria mae do Apalpador coma o Courel, de donde nos chega iste espectacular estalo xeo-gráfico para recordarnos a hipocresía dos encontros dos supostos líderes mundiais . Xeo pero nos cubatas de galicola con augardente é o que queremos nunhas pistas da LNB nas que iste domingo 20-D botamos de novo por fóra....Toño dos Furabolos continúa arrasando na Conf. Centro facéndose co Aberto do Apalapador, metras na Conf. Norleste Hugo retorna á competición con fame e con prumas xa que se fixo tambem co espectacular galo doado por Marita e Ginés dos Cornería Team. Pero para revolución no galiñeiro a que se producíu no multitudinario Aberto da Galiña de Mos con galiña para Ana Diz e galo para o experimetado Celso dos Lideiras . franquicia que se reafirma con ista victoria na loita polo liderato fronte ós todopoderosos campións nacionais Paquete-Pinchas. Atentos ás actualizacións dos webs oficiais de cada conferencia porque poderedes ver ó Apalpador invadindo as pistas da LNB e preparando o terreo para a noite do 24 invadir as casas e furanchos do país enterio.

sexta-feira, dezembro 18, 2009

O APALPADOR CHEGA ISTE DOMINGO ÁS PISTAS E ÓS CORAZÓNS DA LNB!!


Dende o Courel , xa todo preparado para que o unico referente no Natal Galego invada as pistas da LNB cargado de lambetadas para agasallar a tódolos palanadores e palanadoras que iste domingo 20 van acudir á loita polos galos, galiñas e polo Turrón de Licor Café que a partires das 16h. se vai desputar no pavillón de Pontecarreira na Conf. Centro. Ademáis xa podes ver as listaxes clasificatorias nas que en homes dominan os Furabolos pero en clave feminina son as Trouleiras as que lideran unhas clasificatorias que botan lume......A LNB rexeita turróns brandos, duros , de améndoas ou chocolate e afianza a proposta brutal do Turrón de Licor Café .


E como na conf. centro vai comezar o seu reparto de lambetadas o Apalpador , dende a pista de Tordoia montado no seu carriño tirado por porcoteixos vai chimpar ate Mos para poder apalparlle as barrigiñas dos palanadores e palanadoras da Conf. Sur donde a partires das 16 h. se vai desputar o Aberto da galiña de Mos, unha aposta por reivindicar ista pita galega de seu nos nosos menus de Natal rexeitando así a tortura etílica dos Pavos e alimentaria e física dos capóns criados en gaiolas sen movimento, un xeito ademáis de solidarizarnos na LNB coa decisión adoptada no parlamento catalán de tramitar a ilegalización das touradas que dende sempre desexamos coma o touro desexa embestir ó toureiro chegue a prohibición á Galiza. Pero ademáis dista espectacular enganchada billardeira ista find , as equipas do sur teñen actividades paralelas ás que todos temos que estar alí , bota un ollo: Treze-Catorce e Almuinha.


E se falamos de tradición, na conf. mater atopamos un dos estalos que a LNB mantén con puntual firmeza, non se entende un Natal billardeiro sen a cita co Torneo do Galo na conf. norleste, incluso aqueles que nalgún intre formaron parte da serpe multicor da LNB férvelles a sangue ó achegarse ista gran cita e máis sabendo que o Galo en xogo chega directamente doado do galiñeiro de Celeiro de Mariñaos de Marita e Ginés dos Cornería Team. Unha cita coa história que non podes perder e mais agora co dóbel fronte da Quinibillarda Aberto Norleste que consolida a explosiva iniciativa posta en marcha dende a Conf. Sur. E non sabemos se será nun avión medicalizado do estado español coma o que levou a Aminetu ó Aaiun , ou nun aeroplano secuestrado en Alvedro, pero o caso é, que se as forzas de intervención rápida non o impiden o Apalpador tamén tocará barriguiñas e repartirá lambetadas entre os palanadores e palanadoras da Conf. NorLeste.


E o Natal Billardeiro tamén invade Asturies e faino nunha pista xa coñecida polos palanadores e palanadoras da Auténtica, a pista de Piedras Blancas vai ser o esceario do I Alcuentru de Liriu de Navidá que continúa trazando o camiño dunha revolución en marcha que ten no horizonte sementar de Lirius e Machorras a década que entra.

ÚLTIMA HORA: A LNB CONFIRMA CONTACTOS ENTRE O OLENTZERO E O APALPADOR!!



E moita atención porque o Apalpador comeza a realizar xestións internacionais e podemos anunciar que entre o nativo do Courel e o Carboeiro Euskaldum , mundialmente coñecido coma Olentzero , xa se estableceron os primeiros contactos e comunicou ó Apalpador que o Olentzero xa iste natal vai agasallar ós nenos de Euskal Herria con lambetadas e Txirikilas para sementar unha revolución que despois do Aberto de Pasaia xa é imparábel . Sidra basca e licor Café para selar unha firme alianza entre o Orentzero e o Apalpador que vai facer tremer ós cimentos do Natal do mundo enteiro....

quinta-feira, dezembro 17, 2009

O APALPADOR INVADE OS KIOSKES E LIBRARÍAS DO PAÍS.... E ISTE DOMINGO AS PISTAS DA LNB!!


Todo preparado para iste domingo 20 o Apalpador invada as tres pistas das conferencias LNB para agasallar coa súa espectacular presenza a toda a indomábel tribo LNB , toma nota, a apartires das 16h . Aberto do Apalpador na Conf. Centro, en Mos na Conf. Sur desputa do Aberto da Galiña de Mos e na Conf. Mater desputa do mítico Aberto do Galo en Ribadeo. Pero parella á invasión do Apalpador das pistas LNB vai a súa brutal invasión nos kioskes e librarías dos irmáns de Novas da Galiza que cooditan ista maxistral obra ilustrada por Leandro Lamas titulada O Conto do Apalpador.

Co-editado por Edições da Galiza e a editora do Novas da Galiza 'A Fenda Editorial', o Conto do Apalpador está a chegar estes dias às principais livrarias e centros sociais do País. Com formato clássico infanto-juvenil, este livro de apresentaçom mui cuidada nasce com a vontade de contar a autêntica história do Apalpador, tal como foi recuperada por José André Lôpez Gonçález e divulgada pola Gentalha do Pichel há já três anos, baseada na tradiçom oral das serras orientais, principalmente o Courel.

Esta tradiçom, recuperada no limite da sua desapariçom, conta como um gigantom carvoeiro descia das devesas no Natal para apalpar as barrigas das crianças enquanto dormiam, comprovando que estavam bem mantidas, desejando-lhes que continuassem bem alimentadas e deixando-lhes umha presada de castanhas. Trata-se de umha história bem afastada das tendências consumistas promovidas através de outras figuras natalícias, e o Conto do Apalpador leva isso bem em conta: o carvoeiro do Conto nom enche os quartos das crianças de dezenas de objectos sem mais valor que a efémera ilusom desse dia; polo contrário, todo nesta história tem outro valor, o valor do que se fai e nom se compra, o valor do que é necessário e nom supérfluo. Em definitivo, o Conto trata de umha figura realmente alternativa ao mundo gerado em torno do Pai Natal ou dos Reis Mágicos, e nom é umha simples traduçom daqueles nomes.

A história foi escrita por Lua Sende e Alexandre Miguens e desenhada polo pintor que Leandro Lamas, responsável da primeira imagem gráfica que se conhece do carvoeiro. Nela, conta-se a história da pequena Inês e o seu canzinho Rulo, que andam a passear à procura de algo de proveito para levarem à boca, seguidos polos trasnos e as trasnas do bosque, que tenhem a missom de observar as crianças para depois contarem ao Apalpador, encarregado de dar os presentes polo Natal, se se portam bem.

Parte dos lucros da sua venda irám destinados à protecçom da infáncia e à conservaçom dos bosques autóctones galegos onde mora esta distraída personagem. O custo do livro é de 12 euros e pode encomendar-se na rede através dos endereços web www.polifona.com ou encomendas@novasgz.com, sítios também acessíveis através página web www.apalpador.net.

DE SALCEDA Ó ABERTO DA GALIÑA DE MOS!!

E coma maxistral estalo que colma o vaso despois do espectacular estreo de Verba de Varal , dende a Conf. Sur Tele-Varal produce de novo o tan agardado e espectacular video do acontecido en Salceda que fai boca antes de que iste domingo o galiñeiro do Sur de revolucione de xeito total coa desputa do Aberto da Galiña de Mos. Mentras a revista Rockdeluxe fai un percorrido polo mundo do videoclip musical e se debuxa un panorama tan cru , Tele-Varal continúa acadando a súa brutal consolidación encamiñando cada video-estalo polo lado máis besta da vida (parafraseando a Albert Pla vía Lou Reed) . E se decides camiñar tamén polo lado máis besta da vida en cuestión de apostas , nas pistas da LNB xa podes cubrir o teu explosivo boleto da Quinibillarda, faite multimillonario da ilusión!!

terça-feira, dezembro 15, 2009

BIXI , EMOCIONA E FAI VIBRAR A TODA A LNB COA SÚA ESPECTACULAR VICTORIA NO ABERTO DO BOTELO!!


Son moit@s os que recordarán para sempre iste xa histórico Aberto do Botelo , as imaxes transmiten toda a emoción dunha victoria épica dun loitador épico pero os que viviron ise intre insitu na pista de San Miguel levarán cada instante gravado na súa mente de por vida. Eu síntome moi ben pero costoume moito ganalo pero.... ganeino , moita sorte a todos. Verbas emocionadas do gran campión Bixi co que toda a LNB nos fundimos no poderosísimo e sinceiro abrazo de Carmiña.

VERBA DE VARAL : A NOVA PRODUCCIÓN DE TELE-VARAL INTEGRA TAMÉN Á COMUNIDADE XORDO-MUDA GALEGA!!

Mesa de Redacción, O grilo en Ruta, O golpe, son programas de Tele-Varal que marcaron época na producción audiovisual independente galega e agora coma gran preludio dos espectaculares agasallos que o Apalpador traerá ás pistas da LNB na súa explosiva visita ós Abertos do vindeiro domingo 20. VERBA DE VARAL é o espectacular nome da nova gran producción de Tele-Varal , estalos verbais a pé de pista dos protagonistas en plena boráxine billardeira , e atención, porque Verba de Varal dá o grande paso adiante para achegarse á comunidade xordo-muda galega subtitulando cada un dos estalos verbais.....Verba de Varal , abrindo os ollos que asan carne!!

domingo, dezembro 13, 2009

BIXI CAMPIÓN, FRÍO POLAR NA PONTRAGA E ARRINCOU A HISTÓRICA CONFERENCIA NOROESTE!!


NON HAI PALABRAS PARA DEFINIR A EMOCIÓN TOTAL DE TODOS CANTOS PALANADORES E AFECCIONADOS ESTABAN NO PAVILLÓN DE BARREIROS ISTE DOMINGO 13-D CANDO BIXI, XOGADOR DOS BÍTERES, SE FIXO CO BOTELO PROCLAMÁNDOSE ASÍ CAMPIÓN DO ABERTO NUNHA DESPUTADA FINAL A TRES. REMITIMOS Ó CRÓNICO NO WEB OFICIAL DA CONF. NORLESTE SÓ CUN APUNTE ABRUMADOR, FOI A PRIMEIRA VEZ NA HISTÓRIA QUE UN PALANADOR RECIBE UNHA AVALANCHA A APLAUSOS QUE SUPEROU O MINUTO. NORABOA BIXI , ERES UN AUTÉNTICO CAMPIÓN E UN EXEMPLO PARA TODA A LNB!!

Extremecedor documento, Suso dos Remourelle Bulls comunicounos que o palán co que ia xogar fora utilizado repetidas veces coma arma do crime, de feito aínda se podía ver a punta tinguida de sangue...sangue dos coellos que reciben o golpexo na caluga antes de serlle cortado o pescozo. Esspeluznante e aterrador, case tanto como saber que a tribo da conf. centro realizara a súa enganchada na Pontraga ó ar libre , desafiando totalmente á friaxe soviética de Tordoia e a chuvia que apareceu nos estalos finais. Toño dos Furabolos venceu no aberto da friaxe do que logo imos ter noticias frescas coma o tempo no seu referecial activo web oficial.

A HISTÓRICA CONFERENICA NOROESTE ABRE LUME NO FRONTÓN DE RIAZOR E ESTABLECE COORDENADAS HORARIAS E CALENDARIO A SEGUIR!!


E coa mellor nova posíbel afrontamos a recta final do ano, ás caladiñas pero coa forza dun xabaín ferido a histórica e referencial Conf. NorOeste despois de esquivar atrancos infinitos na cidade da Coruña botan a andar e fano no tan desexado Frontón de Riazor , o domingos en horaio de mañán os palanadores e palanadoras da Coruña xa teñen espazo , xa teñen ademáis calendario guindano no seu web oficial, clasificación xeral e o que é moito máis importante os desexos de reafirmarse cara a un título nacional no estadio de Conxo.

Claro dominio dos Filloas de Sangue que empezan con forza a tempada, 3 varados de dous palanadores. eiqui tedes os resultados clasificación.


feisbuc propio que xa leva funcionando dende fai unha semanas e por donde navegan os seus palanadores e palanadoras , polo que non dubides en sumarte para como din no seu propio web que nas próximas xornadas haxa mais palanadores é sobretodo mais franquicias. Toda a LNB estoura de ledicia ó ver en marcha e plenitude absoluta ós irmáns da Conferencia NorOeste!!

sábado, dezembro 12, 2009

OS LUDÓPATAS E A POSÍBEL EXPOSICIÓN ITINERANTE DE CARTACES IRRUMPEN NA LNB!!


Unha vez na LNb podemos berrar que nunca é tarde se a dita é boa , e non é que sexa boa , senón boísima a dita dos irmáns da Asociación Cultural Brisas do Quenllo que nos envían inextremis iste poderoso cartaz que anuncia o Aberto que se vai celebrar na Pontraga dentro dunha poucas horas. Un feito colosal que pasa xa ós arquivos da LNB xa que comeza a falarse da idea brutal de realizar a gran exposición itinerante: Cartazes LNB en Centros Sociais e espazos culturais abertos da galiza e o estranxeiro que queiran acollaer iste explosivo collage brutal dos mellores e máis representativos cartaces diste primira década do século 21.

E se estás farto de apostar nise timo da quiniela futbolística , na quiniela hípica ou se incluso chegache a tentalo nas carreiras de galgos e nunca chegache a nada , racha todos os boletos que teñas e prepárate para o vindeiro domingo 20 ir a Mos na Conf. Sur e por fin cubrir un espectacular boleto combativo que te convirta ludópata sen remedio posíbel . A LNB polos xogos e pasatempos da Galiza que te poden facer mutimillonario ou arruinarche a vida totalmente.... se amas o risco , colle o bolígrafo e sela a túa perdición , sela a túa quinibillarda!!

sexta-feira, dezembro 11, 2009

CON MÁIS FAME CA AMINETU , ASÍ AFRONTA A LNB ISTA NOVA FIND DE ACTIVISMO BILLARDEIRO!!


Xa todo disposto e coas albardas cheas o espectacular Carro-Taska móbil da Conf. Centro para iste domingo afrontar unha nova enganchada da competición regular , ista vez será na Pontraga, no Concello de Tordoia , coordiando ademáis por isa equipa que xa está rachando moldes chamado a ser ademáis, xunto cos Trouleiros e o respo de franquicas da área estornela os que lles desputan o liderato ós todopoderosos Furabolos. A cita a paritres das 16 h con pavillón xa reservado por se amiaza tormenta. Telf. de contacto directo para calquer tipo de consulta : 660.268654


E mentras na Conf. Centro quenta motores o Carro-Taska ás 11 h. diste domingo dende ribadeo tamén partirá a carabana de carros organizada polos compañeir@s de Queremos Galego á que se irán sumando autos de tódos os concellos da mariña tendo como punto de encontro Burela. Pero donde se pode sumar un á auténtica e poderosa serpe multicor é a partires das 15:30 h no pavillón de San Miguel de Reinante ( Barreiros) donde se vai desputar o Aberto do Botelo , un novo estalo na Conf. Norleste no que se prevé unha intensidade brutal xa que Ginés Rodríguez , o palanador do Remourelle Bulls, pode realizar o seu primeiro Hat Trick de 3 Abertos consecutivos. Con máis fame que Aminetu Haidar, a activista palestina que leva máis de 20 días de folga de fame no aeroporto de Lanzarote, así chega Ginés e toda a tribo-LNB disposta a botelizarse por completo. Contacto: 619.570976

quinta-feira, dezembro 10, 2009

CALVETE, O GRAN CAPITÁN DA AUTÉNTICA, RECIBE EMOCIONADO O AGASALLO DA COPA CANTÁBRICA!!


Con case tres meses de internamento do gran capitán da Auténtica Calvete , foros varias as delegacións da LNB que periodicamente manteñen contacto con el para transmitirlle forzas e ánimo no seu periodo de recuperación, iste venres ademáis puidemos facerlle entrega no hostipal do agasallo pertencente á desputa da Copa Cantábrica no que os irmáns do CNL xunto coa LNB quixeron sumar forzas para transmitirlle ó noso gran palanador Calvete. Como sabedes foi o padriño de tódalas conferencias LNB e incluso da selección asturiana , ademáis, a súa compañeira Carmen comunícanos que un dos grandes apoios e pilares da súa progresiva e lenta recuperación é o apego marabilloso que ten ó noso deporte e a tod@s cantos compomos a tribo-LNB , acordándose de todos os torneos que lles restan por desputar e interesándose minuto a minuto polo resutado de cada Aberto no que compite a súa franquica Os Bíteres, dende aquí e resoando no país enteiro ... Adiante Calvete , tod@s estamos contigo !!

quarta-feira, dezembro 09, 2009

O MATRAQUINHO E A OFICIALIDADE DA SELECCIÓN ABREN EN LUGO UN NOVO E ABAFANTE FIND BILLARDEIRO!!


Pero como diciamos , antes da dóbel enganchada diste domingo 13 temos que voltar insistir no espectacular tremendo matraquinho-cientrográfico-futboleiro e musical estalo que teñen preparado os irmáns de Madia-Leva no seu local socila na cidade de Lugo, toma nota e bótate:

Este vindeiro 12 de Dezembro do 2009 Siareir@s Galeg@s da comarca de Lugo coa colaboraçom das BAF Lugo e o nosso centro social organizamos umhas jornadas pola oficialidade da selecçons galegas.

Continua:

Estes actos começarám no nosso C.S. às 16h:00 coa projecçom do documentário 1996-2006 10 anos luitando pola selecçom galega.

Às 17h:00 fará-se um torneio de matraquilhos no qual por 5 euros por pessoa gostaremos de cerveja de balde para os participantes.

O remate deste torneio haverá una concentraçom organizada por Siareir@s Galeg@s enfrente a Subdelegaçom de lugo coa legenda ”Selecçom Nacional direito popular”

Deseguido já outra vez no CS seguirémo-la festa co concerto acústico do cantor punk Bitxo Bola. Também teremos um bo repertório de música galega e petiscos a esgalha.

Cumpre anotar-se no local para o campionato de matraquilho antes das 19h da 5ª Feira(xoves)


E atención porque en Lugo hai un espectacular Ruxe-ruxe que fala da primeira competición regular de billarda no ámbito universitario que emularía a isa NCCA de basket antesala de grandes estrelas coma Pat Eween , Larry Bird ou Michael Jordan que trinfaron na liga profesional , o que sería o equivalente á LNB en baloncesto. Espectacular ademáis o link situado no web oficial da Conf. Sur dun moi clarificador artigo aparecido en El País no que o compañeiro Paco Veiga fala , e fala moi ben , do que a día de hoxe se considera unanimente o deporte nacional galego e o da súa relación cos medios en xeral e especificamente coa televisión , aproveitamos ademaís para advertir ós inutiles responsábeis da Galega que o que non quere taza terá taza e media xa que a LNB acaba de iniciar de conversas cun dos mellores e máis arriscados directores de cine do país para a posíbel producción do ducumental República Billarda ..... nen un paso atrás nen para coller impulso!!

O APALPADOR , O REFERENTE ABSOLUTO NO EXPLOSIVO NATAL RADIOACTIVO DA LNB!!


Atención porque queiramos ou non o Natal vénsenos inevitábelemte enriba polo que toda a LNB xunto co Apalpador preparámonos intensamente para nistas datas ofrecer unha alternativa positiva e real a toda a podredume consumista que tinxe a escuma distes días.


E sen tregua nengúnha comezamos xa ista find, toma nota porque se iste sábado andas pola cidade de Lugo tes que botarte coma un can famento á corada na xornada que iste 12-D os irmáns de Madia-Leva organizan no seu local xunto con Siareir@s Galeg@s para apresentar as xornadas do 26-D en Compostela de apoio á oficialididade das seleccións galegas, ademáis terán un explosivo campionato de Matraquinho no que poiderás aliviar as tensións surxidas do xugo estructural actual que impide que a selección galega de futbol poida estar coa irmá selección de Corea do Norte competindo no mundial de sudáfrica iste vindeiro verán. Mentras a irmá saharaui Aminatu Haitar continúa no aeroporto de Lanzarote co seu shexum voluntario para que o estado marroquí lle pida perdón , iste domingo no Pavillón de San Miguel de Reinante ( Barreiros) será cun espectacular Botelo da Fonsagrada plagado de ósos cos que a LNB esixa respeito ós estados implicados para a libertade de decisión do pobo saharaui


E mentras na Conf. Sur ultiman preparativos para o seu último asalto regular do ano no que aparecerá tamén o Apalpador , a xente da Conf. Centro xa ten marcado na Pontragha o seu 4º asalto regular para iste domingo 13-D e moita atención porque para o 26-D a LNB xa ten confirmada tamén a súa presenza en Compostela na xornada de loita orgnizada por Siareir@s Galeg@s para a oficialidade de tódalas seleccións galegas que se abrirá co explosivo II Aberto da Auténtica no campo de futbol de Belbís donde a partir das 12 h se loitará pola poderosa Botella de Licor-Café da Auténtica.

sexta-feira, dezembro 04, 2009

A LNB , SIAREIR@S E OS OULIGANS ABREN UNHA PODEROSA FENDA BILLARDEIRA NO SUR-LESTE GALEGO!!


Do dochorno do estadio Franz Horr de Viena no que os grupos neonazis austríacos convertiron a nova embestida europea do Bilbo , á explendosora festa vivida no estadio do Couto en Ourense donde os irmáns de Siareir@s Galeg@s celebraron a seu encontro o pasado sábado.

Plantexábase un día explendido e co Aberto da Castanha coma primeiro prato botou a andar ista xornada de futbol concienciado, rugbi , Bilharda e xantar de irmandade.....pero para recordarnos a crudeza da sistuación actual que tanto os Siareir@s coma a LNB estamos vivindo o sol tornou en tormenta que anagou o campo e nen sequera permitíu poder rematar o Aberto Bilhardeiro.

Espectacular implicación dos Ouligans , un dos colectivos que fai fenda e amiaza con espallar o lume bilhardeiro na franxa do Sur-leste do país e do continente que por natureza nos pertence ......Bóveda, Bamako, Paradela, Naoirobi, Antas de Ulla, Abuja, Rodeiro, O Cairo, Chantada, Malabo, O Saviñao, Trípoli, Monforte, Luanda, Ourense, Monrovia, A Merca, Arxel, Allariz, Banxul, Celanova, Dakar, Xinzo, Praia, Chandrexa, Freetown, Monterramo, Yamena, Sarreaus, Yibuti, San Xoan de Río, Kigali, A Cañiza, Maseru, Verín, Pretoria....

Xantar anti-popupar dun espectacular churrasco de Corzo que abre a porta como anunciabamos fai uns días a unha futura alizanza Cazador@s Galeg@s-LNB.

Choveu por fóra pero tamén choveu por dentro, viño do pais , cervexa e licor café na barra da Cantina de Siareir@s que fixo as funcións de perfecta trincheira contra os elementos .


A luita continúa pois nas bancadas , nas rúas e nas pistas de billarda , é por elo que agardamos poís ó programa artellado por Siareiros do 26-D no que a Auténtica selección galega de futbol ( e non un combinado de mercenarios) se enfrontará a unha selección internacional no campo de Santa Isabel de Compostela, e nise día e nise lugar case con total seguriade podemos afirmar que se celebrará o II Aberto da Auténtica de Bilharda. Ide preparándovos pois e para coller folgos deixámosvos cun gran evento que nos mete de pleno no Nadal billardeiro:

- No Courel: Os veciños da aldea de Forzán organizan iste domingo a"Festa da Pisa da Castaña Seca". Achégate ate a terra do Apalpador e coñece o proceso tradicional ó que se someten as castañas para poder seren consumidas durante todo ano, e atención , porque é moi posíbel que o Apalpador acoda ós Abertos de Nadal da LNB para entregar os premios e agasallar con castañas e lambetadas ós nenos e nenas antes de o 25 de Nadal pasar por tódolas casas da Galiza.