O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, janeiro 14, 2010

BUEU , O PINO , XOVE , SADA...O FURIOSO FUNGAR DUNHA AXENDA A FUME DE CAROZO !!


Danzas de guerra , machas verdes, quinibillarda, tendencias na moda para iste primavera-verán e un feixe de novidades máis ....o estreo da LNB en Bueu non pode estar máis plagado de condicinantes para facer diste Aberto un episodio épico máis da nosa da indomábel serpe multicor. A cita iste sábado no Pavillón do Beluso , únete á tribo da resistencia billardeira!! >> contacto directo: 647.190789 . E final de festa no centro social Almuinha artífices máximos dista novo machuco billardeiro en terras do Morrazo.


E se eres dises que xa lles ves as orellas ó lobo antes de partir cara o pavillón de Arca no concello do Pino, reláxate porque o que verás será unha espectacular Cachola pero de Porco , xa que o tribo da Conf. Centro non quere dar tregua ó carabullo nen ó bandullo e despois das inxestas do nadal xa só pensan en adaptar corpo e golpexos á mutación antroideira de desntro dunha semanas. A Cita a partires das 16 h>> contacto directo: 660.268654


Polo de agora nunca se pensou nunha mascota que saíra ás pistas da LNB animar ó publico e palanad@s , mais a opción que aporta a referencia tribo da Conf. NorLeste apostando por un elemento tan identificador coma o Polbo abre as portas á posibilidade que sexa iste cefalópodo o que salte ás pistas e ás rúas como elemento identificador dista revolución para exemplificar incluso ante as autorides deportivas os milleiros de brazos diste noso furioso fungar. Polo momento ás 16 h. vai ser a hora e Xove vai ser o lugar no que Polbo e Billarda se atopen por primeira vez....se te atreves un polbo agarda por ti en Xove>> contacto directo 636.843377


Intres duros en Haiti e no resto do mundo, se fai unhs semanas nos solidarizabamos con Aminetu , non podemos agora mirar para outro lado como fan as institución galegas ante o berro deseperado diste veciño de Abegondo en Folga de Fame diante do parlamento galego. Xosé Manuel Portero atópase atrapado no infinito labirinto xudical condeado pois a realizar medidas extremas para deixar ouvir a súa desesperada voz. Folga pero por desgraza non de fame é a que realizan os funcionarios do Frontón de Riazor polo que a tribo do NorOeste se desprazará ate o Pavillón Municipal de Sada para en sesión matinal dende as 11:30 h. realizar o seu segundo aberto puntuábel, únete á serpe multicor do NorOeste>> contacto directo: 627.310434

AXENDA NA RADIO GALEGA:


E para rematar a xogada , a LNB volta ós micros da Radio Galega para anuciar a descomunal axenda dista find. que terá continuación o vindeiro venres 22 no Aberto do Agro na Alameda de Compostela , ás 18:45 sintoniza o teu transistor e prepárate para sentir o alento dunha revolución en marcha que xa prepara novidades cara ó desenlace final no Play Off Nacional de Conxo. Adiante!!