O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, janeiro 25, 2010

FILLOAS DE SANGUE SACAN O COITELO NA 3º XORNADA DA CONF. NOROESTE!!


Como xa sabedes na LNB afrontamos con intensidade sobrenatural o tempo da matanza, se fai unha semanas na Conf. Centro xa se desputaba o Aberto da Cachuca , en compotela iste venres o I Aberto do Agro servíu a Reyes a gran campiona do Manoxo de Nabizas de motivación extra para a moi próximo xa Torneo do Lacón a desputar na ate agora terra virxe de Meira. Pero como xa é norma nista tolemia chamada LNB todo ten un desenlace a iste pasado domingo 24 no Frontón de Riazor os rapaces da franquicia coruñesa Filloas de Sangue confirmaron a súa progresión e pegada asaltando o liderato na táboa de franquicias pese á súa gran estrela en Varados Roi non poder anotar nen un dos seus temidos xostregazos. Atención porque saltan as alarmas nos Xarutos que se quedan sen chisqueiro e ven como son superados polos Tarabelas, 3 xornadas camiñadas xa no NorOeste e a tensión córtase xa cun coitelo de matar dos porcos para afrontar o vindeiro 14 de Febreiro unha nova xornada nista histórica conferencia que colle ritmo e brío a cada paso que realiza , ponte en contacto e únete á serpe multicor se está na área de cidade da Coruña: anxo@aol.es

E para completar iste espectacular arrinque de ano , inevitáble sumerxirse no myspace dos irmáns Projecto Trepja que teñen alí guindado a súa espectacular aportación á República Billarda , un explosivo cultivo-sonoro de loops , samplers e estelas que sitúan a iste disco de apoio á revolución billardeira na punta de lanza das mostras de etno-trance europeo. Monzo, A Máquina de Meter Medo, Bilharda.....a Banda Sonora perfecta para cociñar as túas poderoas filloas de sangue niste contexto de fame e ilusión sen límites!!