O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, janeiro 07, 2010

O XACOBEO PATROCINA HOMES-MONO COMENDO PRÁTANOS NAS NOSAS RÍAS E ESQUECE ÓS DEPORTISTAS GALEGOS DE SEU!!


Fai moi pouco viamos nas rúas de Barcelona dúcias de activistas encadeados contra a explotación dos animais nos circos , é pois que poderiamos comezar a pensar tamén na encadearnos fronte o despilfarro brutal que supón utilizar deportistas excluídos da competición oficial por motivos de dopaxe no gran circo mediático do xacobeo amparado baixo os falsos e patéticos paradigmas de xesta deportiva. Realizar a travesía a nado de algo máis de 20 kilómetros pola ría de Arousa remontando o río Ulla ate a localidade pontevedresa de Pontecesures para convertirse no primeiro peregrino en realizar o Camiño de Santiago a nado rememorando a Ruta Marítimo-Fluvial pola que supostamente chegou o Apóstolo Santiago a Galiza no ano 44, é algo fenomenal se o fixese por devoción ou por gosto propio como o fan o resto dos peregrinos, pero cando cada brazada lla temos que pagar todos os galeg@s a prezo de estrela de rock mentras come prátanos de canarias no medio da ría de Arousa é un insulto a tódolos deportistas dignos e legais diste país. Xacobeo never more!! berraban os Túzaros nun dos seus míticos temas , e xa podemos engadir ...nen prátanos de canarias nen homes-mono enfundados en neopreno nas nosas rías!!