O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 26, 2010

POR FIN PADEL EN BARREIROS , E NÓS CON ISTES PELOS!!


Moitas veces un deporte inevitábelmente se cinxe a un determinado tipo de vida ou de sociedades que maioritariamente son as que o practican. O padel coma o golf, o polo, a formula 1....son actividades adcritas a entidades sociais polo xeral de perfil baixo, traballadores, autónomos , parados que combinan os tróspiros de caña na tasca coas partidiñas de Padel , supomos que será por iso , polo que o secretario de deportes da Xunta José Ramón Lete e o alcalde de Barreiros se decidiron a rascar o peto para por riba da mesa un feixe de miles de euros para que os máis desfaborecidos dista sociedade poidamos desfrutar dun deporte tan popular nas terras do norte coma é o padel.


Non atopamos as verbas para agradecer tanta solidaridade, se fai uns meses comentabamos a macro infraestructura criada en Lugo para criar un espectacular campo de de Beisbol , non podemos máis que voltar a enorgullecernos ó ver que por fin temos unha gaiola en Barreiros na que poderemos xogar ó padel na mariña con dignidade madrileña. Pola contra se decides xogar á billarda vai preparando o ferrari e o traxe de armani porque para ricachóns cama ti iste goberno non atende....que abran a porta de gaiola e botemos unha partida :as nosas brosas contra as vosas palas!!