O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 16, 2010

AIRES DO PADORNELO DEBUTAN NO EXPLOSIVO SAMBÓDROMO DA LNB!!


Despois do gran marco de Meira a tribo do NorLeste decide de novo bañarse en pedra convertindo a espectacular Alameda dos Remedios de Mondoñedo nun descomunal sambódromo donde o Gilhe dos Outros fixo bailar ó seu ritmo a todo un exercito de palanadores e palanadoras que se rendiron ante a primeira victoria do xogador de orixe brasileiro. Emotiva adicatoria case con bágoas nos ollos do campión ó dixirse á cámara de Tele-Varal para agasallar o triunfo á súa criança , un asalto iste de Mondoñedo, que xa tivo un espectacular previo cun dos mellores crónicos de todos cantos se teñen guindados niste noso universo de calendarios desordenados intitulado "Mondoñedo ríndese á samba" e que ten a súa espectacular guinda con iste video-estalo condimentado ademáis coa fenomenal peza A Xota da LNB do poderoso grupo-folk que vai dar moito que falar , apuntade o nome : Aires do Padornelo, grupo mindoninse xa con pasaporte da República Billarda. E apuntade tamén que ó Aberto de Primavera diste domindo en Belbís -Compostela-, se lle une a primeira acción anti-crise da LNB, ante a inoperancia dos governos galego e español a LNB únese á Jornada de Solidariedade com os parados do Naval para iste sábado 20 no serán celebrar un multutudinario Aberto de Billarda na praza da estrela de Vigo ( xunto fronte á xunta) para por os nosos paláns ó sevicio da loita por un emprego digno nista gran illa da desolación chamada Galiza, jei nena somos coma o sector Naval!!

6 Comments:

  • At 2:29 PM, Anonymous Anônimo said…

    liña de comentarios ceives , non penses bota o que che pasa pola cabeza sen analizar as consecuencias!!

    Jomeini

     
  • At 2:31 PM, Anonymous pol pot said…

    proba:

     
  • At 2:34 PM, Anonymous apostador said…

    ADIANTE A QUINIBILLARDA EN TÓDOLAS FRONTES LNB!!

     
  • At 12:17 AM, Anonymous Sak said…

    Isto non o para ninguén!!

     
  • At 12:01 PM, Anonymous Un do metal said…

    Boas, son un traballador do metal que nunca xoguei a este xogo, pero intentarei ir este sábado. Segundo poiden ver en internet, xogase con 2 paos. Segun vin a forma creo que os podo facer de metal. Son validos para xogar?

     
  • At 1:14 PM, Anonymous Anônimo said…

    Sodes uns/umas fenónem@s bilhardeir@s!!!!
    ADIANTE A LNB!!!

     

Postar um comentário

<< Home