O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 10, 2010

A FAISCA DE VIGO ESTREA "ISTE SÁBADO-13" A EXPLOSIVA XEIRA DE PALESTRAS-LNB!!


Brutal o espectacular feixado de correos chegados para solicitar que Viana , o referencial palanador e bailador vigués , sexa un dos ponentes na histórica primeira Palestra-LNB que se vai celebrar na Galiza , iste Sábado 13 a partires das 20 H. no C.S A Faisca de Vigo , na rúa Toledo-9 no Calvario ( tras a igrexa dos picos) , botará a andar un novo andacio billardeiro que amiaza con espallarse por centros sociais, centros culturais , bares e tabernas do país donde ademáis dos golpexos a palabra fresca , libre e liberadora dos palanadores e palanadoras toma o protagonismo absoluto para berrarlle ás pedras e codesos que iste noso universo de suores compartidos son xa moito máis ca un xogo. Billarda sempre , adiante co Varal!!