O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 11, 2010

A LNB PREPÁRESE PARA COROAR UN NOVO REI OU RAIÑA DAS TARTAS DE MONDOÑEDO!!


Gardade os chisqueiros un segundo e deixade no chan as pedras , como sabedes iste domingo a LNB depois da Palestra do Sábado na Faisca de Vigo terá dóbel sesión de enganchadas con citas en Salceda e Mondoñedo e coa incerteza despois do levantamento da folga de funcionarios de instalación deportivas se o NorOeste decide realizar un novo asalto no seu feudo do Frontón de Riazor.
ABERTO DE MONDOÑEDO: INSCRIPCIÓN >> 16 H.
Aténción porque Mondoñedo ademáis de coroar un novo Rei das Tartas e visto que sexa cal sexa o novo rei ou raiña que se faiga coa típica tarta de Mondoñedo non terá de seguro o apoio económico nen a simpatía do governo actual ou pretérito do que gozaba a súa mítica maxestade Mindoniense, é por elo que iste Aberto da Tarda de Mondoñedo terá uns concicionates especiais para a inscripción dos palandores e palanadoras regulares da Conf. Norleste xa que de xeito excepcional se cobrarán 5 euros para cubir o segundo pago do seguro que o Varal ten contratado . En Mondoñedo tamén se porá en marcha unha nova edición da QUINIBILLARDA con formato All Stars [apostas ó cabalo gañador] con un premio sorpresa. A grandes males grandes remedios, é por elo que é xusto na Alameda dos Remedios donde a LNB lle pide á súa tribo iste esforzo especial para continuar cubertos en caso de calquera imprevisto. Ademaís a LNB estuda a posbilidade que o LNB Sound System a pé de pista sexa apoiado por un grupo de golpes baixados do Padornelo. Atentos pois á xogada ....e xa podedes ir acendendo os chisqueiros!!