O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 12, 2010

O SANGUE FRÍO E VERMELLO FERVE NAS VEAS DA GRAN SERPE MULTICOR!!


Ponte cómodo , colle aire e desfruta do xenial video-estalo dunha nova e impactante edición do Billarda All Stars que deixou no Pino unha descomunal semente de victoria. Varados , mates e golpexos embravecidos nun contexto calidez xélida que demostrou que a LNB é ise temido animal de sangue fría e corpo quente que responde ó nome de serpe multicor , un animal que ista find comeza a reptar imparábel dende Vigo ate Salceda para rematar andaina en Mondoñedo asaltando o trono do mesmísimo rei das tartas. LNB sangue nas veas!!


Intre histórico , a LNB pousa o seu armanento riba da mesa apartires das 20 h diste sábado para explicar ós asistentes á Palestra que se celebrará no C.S Faisca de Vigo que iste país só se amáña a billardazos!!


Moitos dos asistentes e ponentes da Palestra do Faisca estarán o domingo en Salceda dándolle ó carabullo nun Aberto organizado en colaboración dos irmáns de Treze-Catorce , donde se os aloitadores da Conf. Sur se dirixirán moito máis que palabras para tratar de asaltar as prazas que conduzan ás escaleiras cara ó ceo de Conxo.


E niste contexto fraticida para escalar postos na clasificación tamén están os palanadores e palanadoras do Norleste que para calmar a amargura deciden endulzar iste último treito da tempada cunha fenomenal tarta de mondoñedo doada ademáis por Txomin, ise aborixe raísta e representante da LNB en Mondoñedo , que o podemos atopar a cotío rexentando na mítica Taberna do Baleco , vai ademáis doar unha exclusiva botella de viño para os apostadores da Quinibillarda. Atención porque en Mondoñedo quizais poidamos contar coa presenza dise emerxente grupo folk das terras de miranda chamado Aires do Padorneo que presentarán en directo a pé de pista o seu tema A Xota da LNB , un explosivo estalo que formatá parte do Cd República Billarda. Recordamos tamén que de xeito excepcional e para afrontar o pago do seguro de cobertura do Varal realizarse unha inscripción de palanadores regulares da conf. norles de 5 euros. Se che ferve o sangue nas veas, non te quedes na casa , únete á serpe multicor!!