O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 20, 2010

ARRINCA A CONFERENCIA-USC Ó CARÓN DA HOMENAXE DA LNB Ó HISTÓRICO AVISTAMENTO DE OVNIS EN BECERREÁ EN 1969!!


Se Xan Rodiño é a referencia absoluta da irrupción billardeira na universiade que hoxe mércores a partires das 16:30 h. vai ter lugar no campo de futbol de terra do campus sur de Compostela, Xulio , compoñente do equipo de mestres de filosofía do liceo de Becerreá, convértese tamén no referente e responsábel máximo da invasión billardeira nos liceos galaicos xa que iste xoves 22 se produza un feito dunha dimensión nunca antes soñada, simultaneamente se estará desputando no campus de Lugo un aberto pertencente á Conferencia-USC e a uns km na vila de Becerreá se realizará a Palestra-LNB e posterior Abertinho entre os asistentes que vai levar o título de I Aberto dos Ovnis de Becerreá en recordo ó histórico avistamento acontecido no 1969 nista vila Luguesa elexida polos alieníxenas para coñecer o noso país , acción pola cal a LNB reafirma a súa total convicción que existen outros mundos e cos cales urxe contactar .....e se non damos contactado en Becerreá de seguro que iste domingo 25 durante a desputa do Xerro do Salnés máis dun vai sentirse alieníxena total despois da xira de furanchos polo que se non o fixeche xa fai a túa reserva na nave espacial que partirá de Ribadeo ás 8 da mañán cara ó punto de quedada que será ás 12 h da mañá na Taberna de Cancela en Xil ( Meaño ). >> ovaral@hotmail.com / 619.570976