O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, abril 11, 2010

CONTORSIONISMOS IMPOSIBLES EN LUGO QUE SITÚAN A MARKITOS NA MISIÓN, RESCATE DO TÍTULO NACIONAL!!


A intensidade coa que se vive a competición da LNB lévanos ás veces a cometer erros coma o realizado no anterior post no que situabamos como vencedores ós "Se Foras Traballar" da enganchada en Marín da Conf. Sur cando despois do reconto definitivo a franquicia vencedora en Marín foron os locias de "Almuinha". Unhas horas despois , Lugo acollía de novo cos brazos abertos a toda a tribo da Conferencia NorLeste que conducida polos Madia-Leva asaltaban a espectacular pista da asociación de veciñ@s de San Lázaro convertida en asentamento dun circo no cal máis dun palanador pensou en enrolarse.


Soldaduras para preparar a pista de choque para as verbeas do verán, acolledoras roulots e camións para transportar animais salvaxes foron o sensacional telón de fondo dun Aberto do Levantamento-1846 que converteu en vencedor ó poderoso Markitos dos Billardeiros Musicais que marca territorio cara ós play offs de Conxo.


Contorsionismos que confirmaron na pista de San Lázaro que a referencia absoluta da revolución LNB na terra cha luguesa escríbese con M de Meira unha nova franquicia que se sitúa xa ó carón da cada vez máis cercana nova Conferencia-USC xa que o propio coordinador dista conferencia universitaria , Xan Rodiño , estivo en Lugo participando niste aberto para afianzar os pilares billardeiros no Campus Lugués que xa ten o primeiro palanador inscrito , o mítico Jorge do Dynamo do Cimogrado. Non nos mires ....únete!!

2 Comments:

  • At 3:15 PM, Anonymous Matusalem said…

    ¡Cona!, pero o Jorge do Dynamo do Cimogrado ainda non rematou os estudios, pero se estaba conmigo nas aulas. Mira que ben lle avisei que non deixara todo para o último dia.

     
  • At 4:27 PM, Anonymous Tachenko said…

    O Dynamo de Cimogrado apunto de convertirse na primeira franquica estábel do campus de lugo da Confencia-USC da LNB , se tes cimóns suficientes únete a Jorge na loita pola instauración dictadura do palanariado na República LNB , contacto>>629.806884

     

Postar um comentário

<< Home