O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 23, 2010

ISTE DOMINGO ESTOURA EN XIL O GRAN COCTEL MOLOTOV DE FURANCHOS E BILLARDA: CHEGA O XERRO DO SALNÉS!!


Todo xa disposto , unha loita sen tregua polo dereito a terse dreito é o que van experimentar os palanadores e palanadoras que iste domingo 25 acudan á tan agardada cita do Xerro do Salnés na Pista das Angustia de Xil no concello de Meaño. Con saída marcada para as 8 en punto . a Guaga da LNB arrincará da estación de buses de Ribadeo e realizará paradas no Restaurante O Cruceiro para embarcar á xente do Conferencia Centro + unha parada no milladorio Compostelán . Interioriza o programa é bótate a polo Xerro do Salnés:

-Ás 12:00h agrupación das tropas das distintas conferencias na Taberna da Cancela (Xil,Meaño).

-Posterior xira polos furanchos de Xil.

-Ás 14:00h xantar de confraternidade no Noso bar de Cambados. [ xantar: 11 euros ]

-Ás 16:00h Aberto do Xerro, Norte-Sur.

-Final con festa improvisada ( ide pensando nalgo)

A LNB ESTABLECE UN MÍNIMO DE 4 TAZAS DE VIÑO INXERIDAS PARA PARTICIPAR NO XERRO DO SALNÉS!! [ excluidos menores de idade e doentes con receita ]


Eric , o gran palanador da Conferencia NorLeste é o posuidor do Xerro , a súa gran victoria baixo unha xa mítica chuvia fixo refrexionar á LNB ante o feixado enorme de peticións para instaurar o control pro-doping , é dicer , nengún palanador por baixo dun mínimo de 4 tazas de viño inxeridas durante a xornada terá dereito a competir polo Xerro , precepto do que están exclusidos como é lóxico e natural os menores de idade. Como reaccionarán as billardas ante o golpexo dun Xan Rodiño dopado? A resposta na pista das Angustias....Adiante o Xerro, adiante a gran esmorga-billardeira!!