O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 28, 2010

MERCORES E XOVES BILLARDA NA UNIVERSIDADE , QUENTA MOTORES CON FACHENDA GALEGA E A PALESTRA ENTRE OS OVNIS!!



Un ovni do planeta billarda aterra no liceo de Becerreá, nengún instituto , cárcere , universidade , centro social ou axilo do país sen a súa Palestra-LNB e posterior Abertinho!! . E como mostra da consolidación absoluta da invasión billardeira no sistema educativo galaico hoxe mércores no campo de futbol de terra do campus sul da Universidade de Compostela apartires das 16:30 h primeiro Aberto xa Puntuábel da Conferencia-USC que se repetirá ó día seguinte no campus de Lugo , toda a info de xeito directo contactando co coordinador e ente multidisciplinar chamado Xan Rodiño>> xarodino@hotmail.com / 659.553543


Pero se pensaches que o tiñas todo visto , agárrate para sentir o espectacular estalo do concerto de Fachenda Galega na Taberna da Cancela no terceiro e intenso tempo de Xerro_10, intervencións sonoras en clásicos da música galega e internacional para crear novos himnos dun espectacular repertorio con Xan Rodiño e Xermán Viluba no centro da diana , quén serán os próximos en incorperarse ó repertorio? Grazas Fachenda Galega por cantarnos e moitísimas grazas Taberna da Cancela por non denunciarnos!!