O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 15, 2010

VÍSTETE COS DESEÑOS LNB DA GENTALHA E BÓTATE ÁS PISTAS DE XOGO DA UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA E LUGO ...E TAMÉN DE OURENSE!!


[Camisola 12 euros] pedidos: gentalha@agal-gz.org

Já está à venda a equipaçom de bilharda da Gentalha! As cores verde-laranja serám todo um clássico na conferência centro da liga nacional. Chega-te a comprá-las antes de que se esgotem!

Agarraivos que veñen curvas .....coas maletas preparadas para partir cara ó tan agardo Xerro do Salnés chegan novas de grandes sucesos que imos apuntar de seguido e que aconsellamos que leades sentados porque senón pode darvos un chungo:

ISTE MÉRCORES ÁS 16:30 H NA PISTA DE FUTBOL DE TERRA DO CAMPUS SUR COMEZA A ACCIÓN NA CONFERENCIA-USC EN COMPOSTELA!!


-Como viñamos anunciando o mércores 21 en Compostela e xoves 22 en Lugo bota a andar o primeiro gran ensaio nuclear-billarderio da división universitaria, coma Xan Rodiño anunciou nos micros de TELE-VARAL as convocatorioas son ABERTAS polo que tanto se eres universitario como se non poderás participar nista CONFERENCIA-USC da LNB , á espera do tan agardado web-blog oficial que logo vai botar andar guiádevos polo espazo que a Universiade reserva xa para a Billadrda onde atoparedes toda a info para as inscripción , xeito de competición e posibilidades para realizar franqucias, conataco directo co coordiandor >> xarodino@terra.es

Ademáis a irrupción da Conferencia-USC está a traer un impacto social inaudito ate o intre no universo billardeiro polo que xa podemos confirmar que unha televisión internacional achegarase iste mércores ate o campo de terra do campus sur para cubrir o arrinque dista competición que vai revolucionar o ate o de agora maino discurrir da vida universitaria Galega.

[sudadeira: 25 euros ] pedidos: gentalha@agal-gz.org

CONFÍRMASE O ABERTO DA REPESCA EN OURENSE , AGARDAMOS ALÍ Ó COMPAÑEIRO XURXO OLIVEIRA!!

-Mais non é a única nova referida a unha nova tribo que se vai convertir en Conferencia , xa que podemos confirmar que o vindeiro 22 de Maio se celebrará O Aberto da Repesca en Ourense, a cita será na alameda xusto no centro da cidade ( ó carón da rúa do progreso ) , todos os palanadores e palanadoras que non puideron participar na competición regular en ningunha das conferencias ou se militando en algunha delas quedache fóra , ista é unha nova oportunidade para conseguir o pasaporte cara ós Play Off nacionais xa que se clasificarán para Conxo o 1º e 2º clasificad@s máis as dúas primeiras palanadoras para a final nacional feminina. Agardamos pois que o compañeiro Xurxo Oliveira que iste venres ten que verse en madrid con isa farsa que se chama xustiza española por cometer os terríbeis delitos de ser palanador e militante galego , solidaridade con Xurxo e todo o noso apoio para que poida estar loitando no Aberto das Repesca de Ourense xa que a foi a política represiva do estado a que o mantivo na cadea impedíndolle conseguir o pasaporte directo a Conxo.....varados de solidaridade co compañeiro Xurxo!!