O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 31, 2010

9 HORAS DE INTENSA MUIÑADA!!


Polas 21:30 h, rematou ista nova edición da Gran Muiñada da LNB, de Conxo partían os palanadores e palanadoras despois de 9 horas de intensísimo Play Off Nacional , a istas horas do medio día do luns moitos aínda estarán chegando á casa , outros erguéndose e os menos afortunados traballando xa que como sabedes sobrevivir mediante a billarda é posíbel máis polo momento non houbo nengún palanador nen palanadora que dera o paso adiante. Coas cámaras de fotos e videos descarregando a paixón acumulada nos nosos discos duros adiantamos o pequeno crónico que nos pediron dende a Galega-2 para complementar a reportaxe que a canle pública realizou durante o final feminina, ista find abride os ollos coma os gatos do chiste de Flores para ver na G2 as imaxes que se atreven a botar e as verbas que utilizan para ilustrar.... A final feminina foi o primeiro prato dunha nova e intensa edición dos PLAY OFFs NACINAIS DE BILLARDA . O campo de futbol de terra de Conxo acollía a preto dun cento de palanadores e palanadoras chegados de todo o país que ían desputar as catro finais das que se compón a gran muiñada. Os Outros de Ribadeo facíanse co título de Equipos tomando os relevo dos poderosos Paquete Pinchas da Conferencia Sur, Hugo dos Trouleiros da Conferencia Centro facíase co título nacional de Varados ( ou tiros directos) e Markitos dos Billardeiros Musicais da Conferencia NorLeste convertíase no novo campión nacional galego despois dunha final de infarto contra o palador dos Trouleiros Basilio. Makitos é o primeiro palanador bi-campión nacional aínda que non en tempadas consecutivas, toma pois o relevo do gran palandor da Conferencia Sur Rubén Otero e pasa así a formar parte da gran história dun deporte que emerxe imparábel dende o máis profundo do noso ser galaico.

"CARMELA" DOS TROULEIROS DO PINO NOVA CAMPIONA NACIONAL

Final feminina: Carmela a palanadora dos Trouleiros do Pino da Conferencia Centro ( área estornela) > conferenca que engloba Compostela e toda a súa área de influencia , converteuse na nova campiona nacional galega despois de desputar unha intensa e emocionante final fronte a unha das grandes favoritas , Reyes , a palanadora dos Outros de Ribadeo eliminara nas semifinais á súa compañeira de franquicia Geni , que ate ise intre defendía o título de campiona feminina , plantábase pois a experimentada Reyes na final fronte a unha palanadora de primeiro ano mais Carmela cun xogo moi seguro e tranquilio soupo maximizar totalmente as súas opcións fronte ó Varal . Carmela dos Trouleiros é pois a nova campiona nacional e afianza a proposta da Conferencia Centro que no seu primeiro ano de existencia foi a gran revelación nuns play offs nacionais que sitúan ó deporte da billarda nunha outra dimensión ,por actos e por actitudes de todos os integrantes de gran serpe multicor que é a LNB, moito maís aló dunha simple actividade enmarcada no eido do deporte tradicional.

15 Comments:

  • At 2:40 PM, Anonymous Anônimo said…

    Viana:
    Há que intentar para o vindouro ano que a final seja algo máis curta e intensa.Este ano baixo o meu ponto de vista foi un tedio até o punto que já contra a fim estábame a dar o sono.

     
  • At 3:03 PM, Blogger Anonimo said…

    Dirección Sanatorio de Conxo:
    Pómonos en contacto coa Organización da Billarda para tentar aclarar algúns aspectos acontecidos o Domingo 30 de Maio;
    Foron sustraídos dous xamóns asados,diversas empadas,viño e algúns licores da cociña do Sanatorio.
    Asimesmo no almorzo de hoxe pola mañá apareceu unha roda de bicicleta nos desaiunos no lugar da bola de pan de sempre.
    Para rematar un dos nosos internos o cal padece narcolepsia(enfermidade do sono)falta dende o sábado a noite.
    Alguén da súa organización pode contactar co Centro para aclarar estes aspectos?

     
  • At 3:09 PM, Anonymous Anônimo said…

    Xan Rodiño:
    Teño que recoñecer que ao primeiro non me fixo moita gracia que me roubaran a roda dianteira e mailo sillín da bici pero...Unha vez devolta a roda neumática ao seu posto natural quero comunicar que non é preciso que me devoltedes o sillín.Volvín a Portonovo polo medio da vía do tren...meu deus travesa por travesa crín que pedaleaba polo ceo.De verdade grazas a todos!

     
  • At 3:21 PM, Anonymous R.I.P said…

    o campo anexo á desputa da final absoluta semellaba un camposanto con palanadores durmindo cos paláns diante en forma de cruz.... No próximo play off que por favor a organización axencie uns nichos móbesi para o descanso digno e eterno dos palanadores!!

     
  • At 3:29 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que ricas estaban as berzas que trouxeron as do Faisca!Sen embargo a verdura non me gustou.

     
  • At 3:32 PM, Blogger Anonimo said…

    Qué hai de certo en que un coñecido palandor carnívoro e licorcafívoro abrazou ao apóstolo o Domingo pola mañá antes do aberto e lle jodeu tres vértebras?

     
  • At 3:36 PM, Anonymous Anônimo said…

    Unha vez máis non se cumpriu o acordado previamente e o grupo de música tradicional de Fuco "Bolas de leche" non actuou na Final.Pola contra tivemos que aturar a "algo pequeñito" destrozando a guitarra.

     
  • At 3:47 PM, Anonymous algo pequenhito said…

    desulpas en nome nome da organización, seres tan lamentábeis coma ise non voltarán a participar en nigun acto da LNB, mais a baixa a última hora de "Bolas de leche" obrigaron a improvisar.....pobre guitarra!!

     
  • At 4:14 PM, Anonymous Un Do Sur said…

    O interno ese que falta de Conxo estaba onte nunha cabina de peaxe de Audasa en Pontevedra pedindo unha cervexa.

     
  • At 4:23 PM, Blogger Anonimo said…

    Joder Viana!
    O tren ese no que me deixastes o Domingo pola mañá ía mais lento que unha final de varados!
    A última hora da tarde até nos adiantou un somalí branco montado nunha bici que levaba un capacho de leitugas na cabeza!

     
  • At 4:25 PM, Anonymous Helena said…

    Por favor que alguén lle apague o computador a Pinto!

     
  • At 4:49 PM, Anonymous Rodas said…

    Ei Fuco!
    Podo tocar con vos no grupo?

     
  • At 4:52 PM, Anonymous Fuco said…

    Teño entendido que ti xa estas no grupo "Fontes de leite" e ademais o clarinete de carne ese que tocas non se adapta moito ao noso estilo de música tradicional.

     
  • At 4:55 PM, Anonymous O Susismo said…

    O Xosé Miguel despois de catro pratos de cocido,un par de xerras de tinto e doce chupiños de LK creo que se lle dan ben os instrumentos de vento!

     
  • At 7:09 PM, Anonymous HUGO said…

    Ostias!!! Podedes crer que non atopo o trofeo de campión de varados!

     

Postar um comentário

<< Home