O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 31, 2010

CARMELA , OS OUTR@S , HUGO E MARKITOS, A FORZA E O PODER DOS NOVOS CAMPIÓNS NACIONAIS TRANSMÍTESE A TODA LNB!!


Despois de nove horas e pico de loita baixo un sol de xustiza, a outra xustiza, a billardeira , sitou a Markitos coma novo campión nacional absoluto, volta o espectacular torfeo nómade á casa do palanador dos Billardeiros Musicais que dous anos depois recupera o máis desexado de tódolos títulos da LNB, o nacional absoluto!!


Non foi unha misión doada para markitos, Basilio , o fenomenal e competivivo palanador dos Trouleiros forzou a quinta e defitiva carreira nunha final que non se decidíu ate o último golpexo cun estadio volcado seguindo cunha intensidade brutal ista nova espectacular final do nacional absoluto.



Entre o lusco e fusco , Markitos olla en tensión máxima o derradeiro tiro dende case medio pista do palanador dos Trouleiros, se conseguía levar a estornela ate o Varal , Basilio forzaría unha nova carreira de desempate, non puido ser e Markitos voltaba enfundarse coa caroza nacional.


Estalos de felicidade chimpaban ó ar despois de coñecer cada un dos campións nacionais nista gran festa billardeira na que se tornan sempre os play offs nacionais de Conxo. O gran Xose Miguel foi o encargado de traer a dinamita no seu carro , menos mal que un comando da LNB sacou os foguetes a media mañán xa que de continuar durante a tarde os explosivo no seu vehículo moi posibelmente nos atopariamos pola calor co estourido do coche bomba do de Moaña a moi escasos metros da pista de xogo.


Mais á LNB como xa sabedes gosta sempre de xogar con lume polo que non podiamos esquencer a todos os que por diferentes motivos non puideros estar na pista de xogo , uns dos grandes ausentes foron os Remourelle Bulls , pasados finalistas que nista edición contaron só con Martinho coma punta de lanza pero que abofé que poden estar ben orgullosos da actuación do seu palanador que chegou ate as portas das mesmísima final nacional. Outro que non puido estar foi o compañeiro Xurxo que no mesmo serán do domingo, pola súa militancia galega, non puido estar no xantar e posteiror Aberto de Billarda en Monteledo ( ourense ) , as billardas de Conxo tamén berran que non estabamos todos!!


Non pode haber mellor imaxe para amosar as esixencias dunha pista que por ela mesma elexía ós mellores, terra batida e lonxitude de 50 metros , isto coma os chistes do gran palanador Flores, é un unha cousa moi seria.


Xan Rodiño , un dos favoritos foi víctima da guerra psicolóxica imposta polos seus rivais durante toda a xornada, o roubo da roda e de partes da súa bicicleta deixaron ó xenio de Portonovo desquiciado a piques de entrar nas finais... ó fondo vemos a outra víctima pero ista vez da moda, Serxio dos Xarutos deslumbrou non tanto polo xogo coma pola espectacular camisa-psicotrópica que lucíu en Conxo- eu xogo á estornela , non o poido neghar , teño a camisa de flores e o palán na man!!


De novo a LNB rachando moldes, dunha inutil faixa da Fundación Deporte Galego á construcción ao vivo do primeiro graffiti-billardeiro que se paseará polas pistas da LNB, Viana o grafiteiro foi o artista e será un dos estalos que seguro apareza no programa MANIOTAS que os compañeiros da productora Bren tiveron gravando durante toda a xornada cun seguimento especial ó gran palanador dos Furabolos Toño .....AVANT3 LNB!!


A franquicia LNB , Xogos Tradicionais de Conxo , foron os encargados de preparar o dispositivo de pista elexiron unha moi axeitada marcaxe horizontal respeito das bancadas das pistas simultaneas que facía moi sinxelo o seguimento das carreiras. Ademáis os palanadores e palanadoras contaban con dúas pistas de adestramento para preparar exeitadamente cada un dos seus golpexos.


E sobradamente preparados chegaban todas as franquicias para desputar a cara de can o tan desexado título nacional por equipas, Os Paquete Pinchas defendían título e partían en tódalas quinibillardas coma uns dos favoritos mais a preparación mental que traían as dúas franquicias do NorLeste fixo que os Billardeiros Musicais fixeran segundos no pódium e Os Outr@s foran os magníficos campións aínda que só por un punto de avantaxe fronte ós seus irmáns dos Billardeiros Musicais. Especial mención á participación equitativa de palanadores e palanadoras , sen lugar a dúbidas a súa victoria aporta un plus pola decidida participación das mulleres na LNB >> Jose, Guille , Lola, Manuel , Reyes, Eric , Isa e Geni ...noraboa campións!!


As características tan esixentes da pista fixo que no concurso de Varados non se acadaran as cotas de tanteo que se supón dunha gran final nacional , de feito Hugo dos Trouleiro foi o novo campión nacional de Varados acadando tan só un tanto e despois que os especialistas decidiran dar un paso adiante para que as billardas tentaran pentrar no Varal xa que a inmensidade dos 50 metros supuña un handical só alcance dos máis grandes coma Hugo......noraboa campión!!


Mais non só de Varados , paláns e billardas se alimenta a LNB , como sabedes durante o último treito do Play Off Nacional e xunto cos compañeiros de Latri.ca puxemos en marcha o I Concurso de Microrelatos billardeiros que tivo unha espectacular aceptación , en breves faremos un especial con tódolos participantes, incluindo os que a boli e papel entraron a concurso na mesma pista de Conxo , despois do xantar un xuri formado por comensáis herdeiros directos do mítico gran banquete de Conxo elexiron o micro-estalo realizado por Sak , o palandor e guru absoluto da música contemporanea galaica dende a súa trincheira de Radio Oceánica na RGM recibíu o lote de productos LNB entre os que destaca a botela de licor café feito por obra de graza do mítica likoreiría ilegal Edelmiro . En verbas do propio Sak - despois disto deixo xa de esctibir coma Suso de Toro. Akí tendes a micro-xoia obra de sak: Afíame ben a billarda, e vai preparando o varal, que imos xogar un aberto afastadiños no xestal. (Copla)


Cando ises de punto-pelota de intereconomía tv realizan os patéticos marathons do Barça-Madrid chegando a 24 h de lamentábel emisión , Radio-Cabainho emitíu de xeito trepidante 9 horas e pico seguidas, espazo para a literatura, os chistes , entrevistas, setos akusticos e un sen fin de vidas paralelas e tomas de terra que nos sitúan no reto de tentar revasar nunha futura enganchada as 24 h . de emisión sen pausa nen tregua, de feito Radio Cabalinho segue emitindo no subconsciente de cada palanador de xeito inenterrupido...adiante so garañóns da radio pirenaica galaica!!


Unha das entrevistas de luxo , xunto coa de Xan Rodino foi a entrevista en rigoroso directo á nova campiona nacional Carmela , a palanadora dos Trouleiros non dubidou á hora de elexir micro, nen a galega, nen Vtelevisión, as primeiras declaración coma campiona nacional en Radio Cabalinho!!


Mais se unha final era agardada con expectación isa era a feminina , un previo de infarto que nen o proio Mourinho podería quentar máis , convertíu a unha das protagosnistas no antes e durante da final de Conxo coma unha das estrelas da gran muiñada_10. Reyes a palandora dos outros chegou á final xunto con carmela e quería adicarlle o triunfo nacional á súa comapñeira Geni , mais a presión vivida nos días previos puido que lle xogara unha mala pasada á hora de chegar ó maís alto. Sen dúbida a LNB ten unha subcampiona de luxo , noraboa Reyes!!


E como non podía ser doutro xeito , e aínda que había un certo temor a que o campión nacional do pasado ano Rubén Otero liscara correndo co trofeo que o acreditaba como tal , o palanador dos Lideiras deu un exemplo e non só exerceu de mestre de cerimonias na entrega de premios e ademáis de entregar o que ate ise entón el posuía , incluso nun alarde de máxia máis proia do Mago Antón na furna de auga , inventou os tres restantes por mor dunha eiva que a LNB xa está traballando para solucionar de contado e que cada campión nacional teña o seu trofeo como corresponde. Markitos volta a paladear por segunda vez na história a maís saborosa mel que existe na LNB , a do triunfo nacional absoluto , noraboa a iste grande campión e a toda a serpe multicor porque coma Rubén Otero na entrega de trofeos a LNB a gran forza que posúe é grazas ó poder inmenso do ilusionismo....noraboa a tod@s e voltando á obra do grande microrelatista billardeiro Sak despedimos a conexión cun dos seus estalos que temén deixaron fonda pegada: A forza das nosas billardas, non vai ser inútil!!

4 Comments:

  • At 4:17 PM, Anonymous Un do sur said…

    Está ben eso de deixarnos ganar os do Sur, a ver entón cando quedamos entre nos para saber quen gaña de verdade.

     
  • At 5:26 PM, Anonymous Xosé Rodiño said…

    O Galicola-Copo entre o equipo campión da Cunca Xíbara e o equipo campión do Interparroquial, ideas para un sitio ...

     
  • At 8:13 PM, Anonymous Daniel (Billardeiros Musicais) said…

    As finais estiveron moi axustadas.
    A Noroeste, O Sur o Centro, USC, Ourense e Reyes empataron a cero trofeos e o Noroeste so obtivo un mais ca eles.

     
  • At 10:28 PM, Blogger Daniel said…

    Oe tocaio, si falaras diría que tes papas na boca, pois non entendo nada. E mala acostume iso de darlle o codo e logo poñerse a latricar. Saúdos do verdadeiro Daniel dos Billardeiros Musicais (ahora Asterix)

     

Postar um comentário

<< Home