O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 20, 2010

CHEGA A GRAN FESTA BILLARDEIRA DO SUR-LESTE GALAICO , OURENSE ACOLLE O EXPLOSIVO ABERTO DA REPESCA!!


Está a cousa que arde e cos nervios e as navallas afiadas afrontamos o ultimo find antes da máis grande das muiñadas nunca antes realizadas pola LNB. Cada minuto e cada segundo que pasa é unha eternidade na que se cocen e se unen condimentos a iste gran potaxe de emocións , billardas e purín que vai por de novo o país enteiro en danza de guerra. Apuntamos uns detalles sobre as cuestións máis candentes:

Iste sábado 22 en Ourense vaise celebrar o primeiro Aberto da Repesca que dará dúas prazas ós dous primeiros clasificados para desputar a gran final individual de Conxo. Tanto os palanador@s que compiten en calquera das conferencias e quedaron descolgados coma os palanadores do Sul-Leste Galaico que non participen en ningunha das conferencias por mor da distancia ou das circunstacias que sexan terán a súa oportunidade entrar tamén no Play Off Nacional. A LNB despois de meditar e analizar moito ista cuestión decidíu dar luz verde e iste Aberto da Repesca polo novidoso do tema e priorizando sobre todo tratar de afianzar o seu asentamento definitivo nos territorios que pertencen á provincia de Ourense, máis aló dunha mera cuestión de porcentaxes de acceso ás finais , o Aberto da Repesca é xa novo punto de referencia no descomunal circuito billardeiro dunha tempada de auténtica loucura que entre tod@s imos construíndo , podemos informar ademáís que a tribo Auriense da LNB xa é unha realidade no bulir das redes sociais e que se materializará definitivamente iste sábado na Alameda de Ourense apartires das 16 h. E se ista é unha vía de acceso cara Conxo o outro camiño alternativo é a vía universitaria , un universo o da Conferencia-USC da LNB cunha clasificación a falta de 2 xornadas para o remate que está fervendo máis que a auga para pelar os cochos. Xogouse iste pasado mércores ás 16:30 h a penultima xornada e o próximo mércores a última xornada. Agora mesmo sabendo que Xan Rodiño xa está clasificado para os Play-offs e Mario tamén o está polo centro, xoganse os 2 postos entre:

- Rocha (14 puntos) e Amador (12 puntos) de Xogos tradicionais. Estan fora do Playoff na Conferencia Centro, tiveron grandes resultados no All Stars, Rocha era o que levaba a Chapela e Amador o finalista e parten con bastante experiencia para estas últimas 2 xornadas.

- Pablo Piñeiro (13 puntos) e Jose (11 puntos) de TAFAD. É a súa primeira experiencia coa billarda e están mostrando un gran nivel de xogo. Nestes momentos Pablo Piñeiro estaría clasificado para os Play-offs.

- Pinto (11 puntos): Busca acadar a clasificación para os Play-offs a través desta vía, xa que quedou fora na Conferencia Sur na que xoga co Faísca e na Conferencia Centro na que xoga coa Gentalha.
Os 2 últimos clasificados para o Play-off que se decidirán pois o próximo mércores.


Insistimos tamén nas cuestións que atanxen á autoorganización de todas as conferencias da LNB xa que ningunha institución nen estamento de ningún tipo presta o seu apoio polo que o triunfo unha tempada máis será única e exclusivamente de tod@s cantos estamos nista marabillosa serpe multicor chamada LNB. É por elo que anunciamos a toda voz que ademáis do Aberto da Repesca e do último Aberto puntuábel con explosiva festa posterior da Conferencia Centro na pista de Campofeito ( O Pino) , a Conferencia NorOeste con sede na Coruña tamén pecha a tempada cun de seguro espectacular Aberto na Praza da Sardiñeira donde Rafa dos Xarutos , campión o pasado sábado do Aberto das letras na praza da Magdalena, afianzará de seguro unha das 12 prazas coas que os palanador@s do NorOeste tentarán asaltar Conxo, a cita en sesión dominical e matutina iste domingo 23-M , ás 11:30 h da mañá a poderosa tribo do NorOeste agarda por ti!! . E podemos anunciar tamén que no NorOeste o venres 28 realizarase un feito inaudito xa que no Pub A Repichoca da Coruña realizarase unha espectacular festa de presentación do PLay Off Nacional de Billarda coa actuación dos Maghua , un perigoso andacio festeiro-billardeiro que amiaza con espallarse polas conferencias do país enteiro!! - RECORDAMOS que entre os actos paralelos que se van celebrar durante a gran muiñada de Conxo estará O Set de planificación de Abertos donde como fixeron o pasado domingo os irmáns da tribo Billa de Cabanas poderás facer as xestións adecuadas para sementar de billardas e lume o teu concello, vila , parroquia ou aldea.....palán ergueito adiante co Varal!!

3 Comments:

  • At 2:59 AM, Anonymous O Gafe said…

    Aposto a que o Pinto vai xogar a ourense e queda terceiro.

     
  • At 10:00 AM, Anonymous streaker said…

    A presión está sobre ise palanador musulmano-galaico sobre todo despois de ser abvertido durante o aberto da Conferencia-USC por Xan Rodiño para que xogase con camiseta impedindo que o vento acariciara o seu pelexo. Prepárase pois unha normativa nacional para evitar o acoso cara calquer palanador espido ou semiespido que participe nos Abertos da LNB..

     
  • At 10:05 AM, Anonymous Anônimo said…

    quería decir "palanador ou palanadora" espidos ou semiespidos que participen nos Abertos da LNB...as camiseta , os panatalóns e as saias na LNB son coma os burkas Afganistan!!

     

Postar um comentário

<< Home