O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 21, 2010

A CONFERENCIA-USC ESPALLA O SEU PODEROSO PURÍN BILLARDEIRO CARA Á UNIVERSIDADE DE VIGO!!


A loucura infinita invade a Conferencia-USC da LNB xa que podemos informar que despois de celebradas iste xoves as eleccións na universidade de Vigo e saír elexido coma novo reitor Salustiano Mato unha das prioridades absolutas do seu equipo é realizar unha liga universitaria coordianda pola LNB polo que para facer boca do que se nos ven enriba deixámosvos co espectacular crónico do acontecido na 4º e penúltima xornada antes da gran muiñada de Conxo donde a Conferencia-USC terá os seus dous representes:

A primeira tempada da Conferencia USC chega ao seu fin coa disputa da 5ª Xornada de Liga e o fai con todo por decidir. Cunha asistencia superior aos 15 palanadores por xornada, a Conferencia USC avanza con paso firme para a súa consolidación dentro da USC.

Por equipos, Xogos tradicionais ve como o equipo dos Enxebres achegaselles a pasos axigantados e despois de recuperarlle 7 puntos nas dúas últimas xornadas están a so 4 puntos. O gran nivel dos debutantes Anxo e Alex nas dúas últimas xornadas poden complicarlles o título os experimentado equipo de xogos tradicionais. Agora mesmo Xogos Tradicionais conta con 48 puntos e Enxebres con 44. O mércores veremos quen se proclama campión.

Tamén moi disputado vai a ser o tercer peldaño do podium por equipos da USC. Tafad e Gentalha están empatados a 29 puntos. A experiencia dos palanadores da Gentalha tentará impoñerse a irregularidade dos TAFAD que chegaron a liderala liga no seu comezo.

No apartado individual todo está por decidirse na última xornada. Por unha banda dispútase o título individual. Todo parece que o campión será Xan Rodiño ou Rocha que parten os 2 empatados a 19 puntos aínda que se lles pode a presión aos 2 e fallan nos seus grupos e non se clasifican poderían ser campións Mario, Pinto ou Pablo Piñeiro.

Por outra banda dispútanse os 2 postos para os Playoffs de Conxo. A clasificación está que arde, xa que se descartamos a Xan Rodiño, Mario e Xosé Miguel, que este domingo poden certificar o seu pase ao Playoff a traves da Conferencia Centro, 6 palanadores despútanse os 2 postos do Playoff. Un dos postos para o Playoff despois da gran actuación de Rocha nas dúas últimas xornadas, salvo catástrofe do palanador de Xogos tradicionais, vai ser para el. O outro posto disputanno entre 5 palanadores: Pinto, Pablo Piñeiro, Amador, Jose e Anxo. A diferencia entre eles é de 4 puntos e decidirase o posto o próximo mércores sobre a area do campo de futbol da USC.

Pinto – Parte con 14 puntos, depende del mesmo, eso pode ser un problema, xa que este xogador pódelle a presión. Despois de non clasificarse no sur, nen no centro pola liga o próximo mércores ten a derradeira oportunidade de conseguilo seu pasaporte a Conxo.

Pablo Piñeiro – Parte a con 1 so punto de desventaxa de Pinto, este debutante que comezou con moita forza sempre fai boas actuacións, se amosa o seu mellor nivel podería ir a Conxo.

Amador – Parte con 2 puntos de desventaxa. O experimentado Palanador campión dun Aberto na Conferencia Centro e outro na Conferencia USC ten na súa man a clasificación. A pregunta que se fai toda a comunidade universitaria neste intre é que versión de Amador veremos o mércores: O Amador campión de Abertos ou o Amador que non pasa de grupo.

Jose – Parte con 3 puntos de desventaxa, o palanador de TAFAD que comandou a clasificación da conferencia USC trala victoria na primeira xornada, non voltou a demostrar ese nivel de xogo que o levou o éxito, voltará o Jose da primeira xornada a nesta derradeira?

Anxo – O último con opción de ir a Conxo e este palanador de Enxebres, parte con 4 puntos de desventaxa, pero é un xogador que ven de menos a mais e que na última xornada chegou a final, se volve repetir a actuación da última semana e os resultados acompañan podería conseguilo derradeiro billete a Conxo.

Todo isto se decidirá o mércores as 16:30 no campus da USC. Como sempre Ovaral estará alí e tan pronto se sepan os resultados serán publicados.

1 Comments:

  • At 9:30 PM, Anonymous Pinto said…

    Pinto non se clasificou pola centro por faltar a máis torneos dos que foi...
    E na sur Otero ten todo amañado, asi que non hai quen se clasifique!


    Menos mal que Xan rodiño está ahi para impoñer o seu Burka-Camiseta a todolos xogadores, e ser fiel o regulamento.

     

Postar um comentário

<< Home