O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 24, 2010

DENDE OURENSE CARA CONXO VÍA O FERVENTE ABERTO DA REPESCA, IDE PREPARANDO SOMBRIÑAS, PALÁNS E CREMAS!!


Simplemente impresionante , a espectacular foto-reportaxe do Aberto da Repesca deixa unha pegada xa histórica da firme intención da LNB de asentarse definitivamente no Sur-leste galaico.


As altas temperaturas fixeron que os palanadores e palanadoras luciran o pelexo ao sol coma largatixas no espectacular entorno urbano da Alameda ourensá, un adianto do inferno de abrasador que segundo as previsións nos agarada iste vindeiro domingo 30-M no deserto de Conxo dende as 11:30 h. que arrinca a gran muiñada nacional.


Con Xan Rodiño xa clasificado polo centro , a opción da Repesca para meter o tamdem Rodiño en Conxo pasaba por que o seu irmáns Xosé aproveitara as súas opcións en Ourense , e non o desperdiciou , mentalizado dende a súa participación no Aberto do Coello de Remourlle , Xosé Rodiño arrasou en Ourense e será un dos aloitadores pola gloria na gran final absoluta---


Os pedras da Alameda de Ourense derretíanse ante a intensidade do xogo despregada polo repescador@s ....Adiante a revolución billarda no Sur-Leste galaico!!

Un luxazo para toda a tribo poder contar cuns reporteiros de guerra coma os que tivemos no Aberto da Repesca, beizóns a eles por iste espectacular foto-varal e a tod@s os palanadores e palanadoras que se atreveron tamén a dar o paso tamén en Ourense, palán ergueito adiante co Varal tamén no sur-leste!!