O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 28, 2010

A GRAN MUIÑADA DE CONXO SERÁ A ANTESALA DO PRIMEIRO CONTACTO LNB-COMITÉ OLÍMPICO INTERNACIONAL!!


EXPLOSIVA NOVA DE ÚLTIMA HORA: ë tal o balbordo a tódolos níveis que estamos armando coa sucesión de Abertos e iste espectacular Play Off Nacional que ten o páis de revolucionada, que o Comité Olímpico Internacional solicitou unha entrevista cunha delegación da LNB para establecer contactos. A mediados do mes e xuño unha delegación da LNB que chamaremos Bikila entrevistarase cos altos mandos do olimpismo internacional no marco duns actos deportivos que terán lugar na Universiade de Vigo , donde afianzaremos tamén a posta en marcha da nova conferencia universitaria, a Conferencia-USC. No set de planificación de abertos de Conxo xestionaremos a comisión Bikila que será coordianda polo Comandante Sardinha e seguramente capitaneada pola Faisca que irán descalzos ( como mínimo) coma o noso amado atleta etíope nas rúas de Roma cando se proclamou capitán olímpico. Non sabemos se estaremos en Río, máis ó noso favor conta o espectacular precenente do Aberto de San Xoan de Río en Ourense donde as antorchas reinaban nas bocas dos palanadores....atención porque en Radio Cabaliño iranse anunciando a espectacular restra de Abertos diste verán que xa se van confirmando. Mensaxe para os dirixentes deportivos diste país, non queredes taza, pois tomade 30 nos fuciños!!