O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 18, 2010

A PROIA DE CABANAS , ANTÍDOTO BILLARDEIRO CONTRA AS MANIOTAS DUNHA SERPE SEMPRE EN MOVEMENTO!!


Posibelmente se tiveraos que elexir un postre oficial na LNB A Proia sería o doce manxar elexido e máis depois da intensidade coa que a tribo billa puxo iste domingo 16 no concello coruñés de Cabanas a primeira pedra dun edificio que se prevé maxestuoso. Concurso de Varados na mañán, xantar de irmandade no Restaurante A Lareira e posterior Aberto da Proia na pista da Asociaición de Veciños da parroquia de Porto.


Glovoflexia creativa para o vencedor do concurso de varados e unha espectacular Proia para o vencedor do Aberto do serán que proclamou a Mon coma o palanador máis xove xamanais en facerse cun título ofical da LNB , con tan só 12 tacos iste xogador arrolou ós máis de 30 palanadores e palanadores que participaron no Aberto con particiación dunha belixerante comunidade luguesa procedente do Vicedo , Roupar e Ribadeo, final na que Mon se impuxo ó tamén palanador local Carlos e que foi retransmitida en directo pola espectacular emisora a pé de pista que se deu en chamar RADIO-BILLA , a primeira filla do referencial RADIO-CABALINHO que galopa desbocado polas terras do sur. Atención ás impactantes imaxes do Aberto e de Radio-Billa porque as imaxes do Che e de Fidel Castro en Sierra maestra emitindo para radio rebelde quémanse minúsculas ó carón da imaxe do Comandante Sardinha dirixindo ós comandos da Billa. E como sabedes moitísimas novidades encima da mesa xa, ó espectacular cartaz para o peche de tempada regular na Conferencia Centro súmase a confirmación o 22-M do Aberto da Repesca en Ourense donde os palanadores ourensáns e o resto de non clasificados de tódalas conferencias poderán pillar o ticket para conxo , hai dúas prazas en xogo agardando por ti!!