O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 17, 2010

REVOLUCIÓN BILLARDA >> DO COUREL A COMPOSTELA!!! [preme e pásao]


Levabamos xa uns anos de intensidade extrema nistas datas , mais o acontecido nista find das letras non ten nen sequera calificativo paras nós. Non podía ser menos, naide que sentíu insitu os recitados de Novoneyra podería quedar abstraído da súa potencia absoluta e da súa total comunión no palpexar da súa poesía e da terra, os que puidenos desfrutar do recitado do propio poeta do vietnam canto , ó igual que un concerto ou unha película che pode trocar a vida , ise poema e a intensidade brutal no seu recitado puido ser unha das sementes máis potentes disto que xa a prensa califica de REVOLUCIÓN BILLARDA. Se ontes non puideches ver en Xornal de Galicia o tremendo estalo perpetrado por Omar Bello , bótate de fuciños na súa versión dixital , preme e pasa a nova porque temos que rachar os contadores . Hai poucas cousas tan intensas coma estar nun Aberto , sintonizar na frecuencia de Radio Cabaliño ou Radio Billa e cando regresas no carro para a casa sentir coma o irmán Sak dende Radio Oceánica retransmite o palpexar máis contemporaneo dunha terra en loita contra si mesma. Sak precisamente pinchou o temazo dos Marful con Ugía e a banda danzando o Baile do Farolilho , e como el comentaba co single e video de adianto promocionado dende o web de Xornal , dende logo a LNB non está disposta a quedar á marxe e moitos menos ante o desprezo sistemático que estamos a sufrir dende os medios públicos dependentes da Xunta. Non despegues os fuciños da pantalla porque a revolución estala diante dos teus fuciños!!


Palanador@s de Galicia ....Vietcom!!