O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 21, 2010

O ABERTO DA REPESCA PRENDE UN LUME EN OURENSE QUE SE ESPALLA IMPARÁBEL CARA A SARDIÑEIRA E CASTROFEITO!!


Como falabamos nun post anteior, Ourense treme e coa ola de calor que nos ven enriba agora tamén súa só con velas, é por elo que unha das novidades que nos chega dende a emerxente conferencia Auriense é que o inico do Aberto da Repesca se retrasará ate as 18 h. para non quedar abrasados , unha medida moi axeitada xa que o palanador e palanadora é un ser xélido por natureza e non acostumado ás altas temperaturas que se prevén para ista primeira hora do serán do sábado.


Mais para combatar a intensa quentura que a tod@s nos invade con istas temperaturas e coa emoción despois do Aberto da Repesca , para celebrar o exitazo , poderedes ir refrescarvos cos tróspiros e coas pinchadas de música en galego que os locais da cidade de Ourense O Faiscas, O Ingrávito, O PAR e A Esmorga organizan da man dos compañeir@s de Galiza Nova,

DOMINGO 11:30 H >> ABERTO DA SARDIÑEIRA NA CORUÑA!!



E se nos tes moita resaca e che dá a Arroutada Koreana como cantaban os diplomáticos poderedes chimpar dende Ourense ou calquera outra vila ate a praza da Sardiñeira na Coruña donde os irmáns da Conferencia NorOeste dilucirán definitivamente os seus enviad@s enfrontarse contra os leóns na area do coliseum de Conxo, A cita ás 11:30 h da mañán diste domingo 23 de Maio . [mención especial ó cartaz feito cun préstamos do irmán O Traveseiro]

DOMIGO 11 H >> CASTROFEITO O PINO



E coa imaxe de shon goku coma espectacular e única representación posíbel do inmenso furachan que se aveciña na área estornela, chega a última xornada de liga da Conferencia Centro nela dispútanse as prazas para os play off de Conxo polo que a emoción está servida. Farase o aberto puntuable e despois farase un espectacular xantar de irmandade na propia pista donde haberá multitude de sorpresas con actuacións musicais e pinchada de música en galego que fará que os palanadores e palanadoras da conferencia bailen un agarrado para aunar forzas cara ó gran reto de Conxo , conseguir na primeira tempada de existencia da conferencia algún ou todos os títulos nacionais en xogo....en Castrofeito comezan as danzas de guerra!