O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 30, 2010

O RETORNO DO GRAN GOLPE!!


Foi no pasa interparroquial celebrado na explanado do Eroski de Ribadeo donde se producíu o tan agardado retorno do gran Golpe ás pistas de xogo acompañado ademáis disa gran referencia do noso desporto chamado O Zidane de Billarda. Juan Pico volta ós platos de Tela-Varal e fixoo con onvidados de luxo, con delegación internacional chegada dende Asturies comandada polo comandante Liriu , tamén coñecida coma Hevia, pasando por Xosé María o palanador máis xove e poderoso da LNB que pide sitio a berros , os campións nacionais Os Outros e os proclamados coma campión do Año case Mouro , Os Billardeiros Musicais , pero a gran estrela do retorno do Golpe foi sen dúbida , a esplosiva entrevista que o Golpe lle fai ó Año a mans dos seus novos posuidores. E por se non fora pouca a añada, en Remourelle ( Ribadeo ) o vindeiro venres 30 de Xullo se vaise desputar o Aberto do FestivalON para , atención , gravar a lume de carozo a tan agardada curta O Golpe II , gravación á que toda a tribo está convidada para o Aberto , a Gravación da Curta e á festa final na que se ceará o Año case Mouro do parroquial.

ARXENTINOS?? .....NON, RIDICULISTAS E PALANADORES!!


Foron moitos os palanadores e palanadoras que iste pasado martes se uniron á excursión a Valença organizada polos compañeiros do Sei o que , e cal foi a sorpresa condo instalados na praza para seguir cos nosos irmáns portugueses o partido de oitavos, os nosos irmáns non nos recoñecían e pola cor das nosas bandeiras crían que eramos Arxentinos..... pois a verdade é que temos que agrceder que os nosos irmáns lusos nos abriran os ollos xa que sen Portugal en loita, o gran referente para os siareiros galegos é apoiar á selección dirixida por ise auténtico galego de pro-chamado Diego Armando Maradona , con parentes directos no mítico Vilamartín Pequeno ( Barreiros) e que de seguro de gañar o mundal virá celebrat cos seus familiares e coa xente da LNB que coma a man de deus ben sabe , periodicamente celebramos un Aberto na pista do San Xoan Degolado....Diego diríxenois a nós tamén!!

5 Comments:

  • At 7:08 PM, Anonymous Un galego do montón said…

    Levo anos xogando a billarda e nunca tiven problemas ca procedencia de ninguén dos que conmigo ou contra min xogaban. Agora bén, si Diego Armando Maradona (galego de Pro?, galego de polo, diría eu, de polo carallo..!)se lle ocurrise dirixirnos a nos, eu colgo o palán! deixo a billarda! e dedícome as canicas ou a baila-la buxaina.
    Maradona que siga cos seus fumes, do tipo que sexan, fora do noso entorno. Para min sempre foi un pailán que tivo a sorte de darlle un pouco a pelota pero non soupo ser exemplo nin estar a altura que a súa soa medíatica lle esixía. Non é un exemplo a seguir, e un pesarelo para esquecer.

     
  • At 9:57 PM, Anonymous pellegrini said…

    ¿Qué máis dará quen goberne? se non queres non xogues, para iso non fai falla pór escusas, deixa ise pailán por aí, que xa ten bastante con seu mesmo, e non deixes de xogar por isa trapallada...ay meu deus, estes palanadores de agora, rindense tan facil, nótase que es do seculo XXI non do XX

     
  • At 12:38 AM, Anonymous FIDEL CASTRO said…

    ...e de min qué non vos acordades? cando un Aberto en Láncara por min , por Raul e pola recolución??

     
  • At 3:40 PM, Anonymous Zapatero said…

    Eu tamen quero un aberto na miña onra que son merecedor disto e moito mais,¿Que fariades sin min?..Non vos olvidedes unha cousiña,acordadevos ca cuota que se aboa por xogar abera que engadiller o ive,18%

     
  • At 11:31 AM, Anonymous Montilla said…

    Estou dacordo, un abertiño para Zapatero. Pagoo eu!! e premio especial para quen seña quen de lle meter una Billarda polo cú a él ou o Pepiño.

     

Postar um comentário

<< Home