O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 02, 2010

This work goes devoted to the people of the LNB!!


Afíame ben a billarda, e vai preparando o varal, que imos xogar un aberto afastadiños no xestal. (Copla) [ Sak feat Ruan ]
Atención porque estades a visionar un feito de dimensións históricas , xa que a espectacular micro-xoia obra de Sak gañadora do Concurso de microrelatos billardeiros realizado polos irmáns de latri.ca, toma vida en forma de espectacular imaxe creada polo palanador e debuxante Antón Romero Ces que elixe o prisma do espectacular animadario sobre o que traballa no seu alter-ego coma Ruan . Ruan según nos conta non puido concebir o sono ista pasada noite por mor da intensidade do microrelato de Sak e tivo que plasmar en imaxe o que lle bulía na cabeza para poder seguir descansando. Non vai ser de seguro a única colaboración entre o paxaro amigo e a LNB xa que no horizonte como dirían "el club de los poetas violentos".... temos grandes planes.

12 Comments:

  • At 10:51 AM, Anonymous Pepe Rei said…

    Grazas a labor incansábel dun pequeno periodista que acudiu a Conxo podemos dar unha noticia bomba:
    O relato que partía coma favorito para gañar o concurso foi censurado por facer alusións a un coñecido palanador do Sur.

    O Relato en cuestión:

    Alí estabamos novamente os dous fronte a fronte,a miña billarda máis eu.Non era coma a de Gil,encarnada e redondiña pero era a miña e eu gostaba dela.
    Pechei os ollos e concentrei o meu pensamento na cantidade de palanadoras que había este ano na LNB.
    Notei como ía subindo a tensión,aquilo acabaría sen dúbida en varado.Xa non aguantaría moito máis,agora era o turno do palán.Quedáballe ben a foto de Fuco.Nunca pensei que sesenta centímetros deran para tanto.
    De súpeto un berro arrincoume do meu soño,era meu pai,o camión do pienso para polos acababa de chegar.
    Abandonei o baño prometendome a min mesmo que habería segunda parte.

     
  • At 1:29 PM, Anonymous Ardi beltza said…

    ESTRECEDOR RELATO....A POSIBILIDADE DUN RELATO PARALELO CENTRADO NO CONDUCTOR PSICÓPATA DO CAMIÓN DE PIENSO PARA OS PITOS ABRE O ABANO ÓS PALANO-NARRADORES MÁIS ARRISCADOS!!

     
  • At 1:49 PM, Anonymous Anônimo said…

    Sodes uns fenómenos caralho!! A bilharda é a vanguarda indiscutível do Movimento Galego de Libertaçom Nacional!!!

     
  • At 2:05 PM, Anonymous Xermán said…

    Brutal,espectacular unha hemorraxia de estrume invade a LNB,estornelas a bruar no vento.
    Sinto Galiza no peito rapazes!

     
  • At 2:57 PM, Anonymous Piensos Forza! said…

    Soou o despertador!
    Merda outra vez era hora de erguerse e por riba hoxe tiña que ir até Mos.
    Deus!como odiaba ir onde o tipo ese.
    Aínda me daba voltas a cabeza,o garrafón ese que puñan no Skorpios debería estar prohibido.
    Acendín un pito, collín o volante e púxenme ao choio, estaba un día deses de quedar na cama todo o día.A ver se polo menos estaba a filla do vello para poder lavar un pouco os ollos.
    Aló estaba a estación de servizo.
    Duas mil eran as maniobras que había que facer para meter de cú o camión naquel recanto.

    -Bos días Celso,traio o pienso.
    -Bos días agora cho descargo.
    -Ola loiriña como che vai?
    -Vai a merda porco!
    -Onde se metería o Rubén?Seguro que está no baño.Un día vai quedar cego.Rubén!Rubén que demos de rapaz!
    -Xa vou Papá!

     
  • At 3:29 PM, Anonymous Xermán said…

    Brutal!
    Espectacular!
    Ríos de purín!
    Fervenzas de esterco!
    Capachos de silo!
    Xatos e xovencas bourando nos lameiros e nas veigas!
    Adiante a LNB!

     
  • At 4:05 PM, Anonymous osama said…

    estou vendo ó chofer descargando o pienso e ulindo o os ríos de esterco e purin, adiante a LNB!!

     
  • At 6:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    Avante surrealismo galaico sexual-billardeiro!

     
  • At 6:58 PM, Anonymous kas said…

    Bosta bosta bosta, purín purín purín, esterco esterco esterco, estrume estrume estrume.

     
  • At 11:01 AM, Anonymous Otero said…

    Gil, vaite preparando que xa está a cámara preparada ¿Alguén máis se apunta a rodaxe?

     
  • At 11:27 AM, Anonymous Fuco said…

    Conta-de comigo!

     
  • At 2:17 PM, Anonymous tarantino said…

    pensos forza , a película!!

     

Postar um comentário

<< Home