O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 04, 2010

ASCENSIÓN ÓS ANCARES CON MORAÑA E RIBADEO COMA CAMPOS BASE!!


Osos pardos e urogalos golpexan o noso interior empurrando a toda a serpe multicor de xeito inevitábel cara as terras da indicutíbel capital da República Billarda, iste domingo polas veas da serpe billardeira correo sangue vermello oxixenado co poder embravecido do ar dos Ancares, conta a lenda que para un palanador e palanadora despois de desputar o mítico Aberto do Urogalo en Cervantes nada volta a ser igual , o espírito do Urogalo inxértase de xeito tan perpétuo e poderoso que a coroza no co corpo dos aborixes galaicos os días de choiva...porque para al LNB sempre é inverno , iste domingo nos Ancares a coroza de prumas do Urogalo agarda por ti en Cervantes, atentos porque seguiemos informando. Contacto directo coa palloza LNB dos Ancares>> 659.628892 / Mais a tan desexada chegada ós Ancares terá dous grandes campos base previso donde se establecerán os parámetros precisos para a ascensión ó gran cumio da mitoloxía galaico-billardeira, toma e vai preparando a equipaxe e nos esquezas os cravos e cordas xunto coas billardas e paláns:

SÁBADO 7 DE AGOSTO:

- ABERTO DE MORAÑA: Os irmáns da Asocición o Petouto confirman para iste serán de sábado un espectacular cartaz de festexos que se desenrolarán na Carballeira de Santa Xusta de Moraña , 17 h>> obradoiro de Pinchas e ás 16 Aberto de Billarda que rematará cunha espectacular merenda cea de irmandade entre os participantes, se habitás ou transitas pola zona non dubides en pasarte pola carballeira de Santa Xusta , porque é de xustiza botarlle unha man ós irmáns do Petotouto que dán o paso das verbas ós feitos pondo en marcha iste poderoso Aberto de Billarda que sitúa a Moraña coma un poro máis no coiro da serpe multicor da LNB. Contacto directo>>699289351 /evalaxe@gmail.com

-ABERTO DO MUSIKEO - RIBADEO: o perigoso coctel de distorsións e billardas estoupará unha vez màis no campo de batalla iste sábado situado en pleno corazón da vila ribadense, a partires das 17 no Alamenda fronte ó concello bruarán as billardas coma contapunto do poderoso menú de rock que se servirá na praia dos castros dende o venres ate o sábado. Contacto directo: 619.570976