O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, agosto 10, 2010

DONIS EXPANSIVO , DONÍS EN CADA VARADO ... VIVA A REPÚBLICA INDEPENDENTE DE DONÍS!!


Pode que non durmas en varios días mais merece a pena convertirse en somambulo por uns días ou de xeito perpétuo para coñecer a história certa e verídica contada por Isaac Pae nun contexto tan potente e brutalmente indíxena coma son o núcleo de pallozas de Cervantes que están en proceso de recuperación. 3 días de libertade plena e xusta acadaron os cidadáns dos Ancares da parroquia autoproclamada República Independente de Donis, un acto e unha acción polo que en cada Aberto e en cada golpexo da madeira contra a madeira se loita para que volta a ser posíbel nista nosa gran parroquia Galaica. Por Donís e pola súa xente que por propia iniciativa sen agardar nada nen a naide que os protexera contra as inxutizas animamos a que cada palanador e palanadora non agarde á axenda de Abertos para decidir cara donde tira senón que colla o palán e a billarda e proclame a República Billarda por medio da celebración dun Aberto na súa aldea , vila ou cidade....Donis expansivo , paláns ergueitos adiante co Varal!!