O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 13, 2010

FENE, CONFERENCIA BEZOUQUEIRA, XA!! [ Preme>> Radio-Varal ]


Dende as rúas de Fene as billas piden a berros a posta en marcha da xa coñecida coma Conferencia bezouqueira da LNB , unha franxa de acción-reacción que colleía as terras do Eume tamén coñecida coma Bezoucos. Mais non só as billardas senón tamén os palanadores nos micros de Radiofusión como podedes sentir se pegas a orella niste espectacular estalo capturado por Radio-Varal no que Nestor e Manuel Polo apresentan o 1º gran Aberto de billarda de Fene, mais non só os transistores tremen as billardas asaltan tamén as páxinas da Coz amiazando invadir e quedarse definitivamente os territorios que pisan.
Mais non só é o poder bezouqueiro brue e pide espazo, dende o Salnés os pateiros están desatados e cun episodio marcado como sabedes para iste domingo en Lores e un Horizonte plagado de bombardeos ....pode que o día que as billardas alumeen a Lanzada se poida confirmar que a dimensión Salnés da LNB toma vida propia, estamos en guerra pero hai que reflexionar...sen nervios!!