O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, agosto 25, 2010

ISTA FIND CHEGA A TAN AGARDADA FESTA DOS MEXILLÓNS DA LNB EN BUEU...PALÁNS E LIMÓNS NA CONF. SUR!!


Alguén falou e falou moi ben considerando á emerxente área Salnés da LNB coma a Masía da LNB , despois de ver ista foto de equipa unha vez desputado o Aberto do Simes iste pasado domingo xa non queda dúbida ningunha .... Xósé Rodiño o Guardiola da Bilharda , prepara uns palanadores e palanadoras que son xa temidos en toda o universo porque ademáis da súa calidade xogan xa de memoria.


E un sitio donde os da Masía poderán ponderar as súas posibilidade reais será iste find no II Aberto do mexillón de Bueu, fai uns días nos solidarizabamos con Manuel Otero pola ceiva que uns desalmados fixeron duns cabalos salvaxes que temporalmente o palanador de Bueu retiña na súa finca como medida preventoria ante os destrozos que estaban a facer nas leiras dos veciños, mais ista find Manuel invadido polo espírito ceive dos garañóns chama dende o seu zulo de carraxe e moqueta no concello de Bueu ós palanadores e palanadoras do Hemisferio Sur e de todo o país para a desputa , o vindeiro sábado 28, do II ABERTO DO MEXILLÓN de Bueu e atención, porque o día antes haberá quedada para adestramento: Sábado 28 de agosto nas proximidades do campo de fútbol de Bueu ás 17:00 h. Categorías masculina e feminina .O venres 27, no mesmo lugar, adestramentos de 18:00 a 20:00 h. Os gañadores serán premiados cun saco de mexillón e os segundos e terceiros con trofeos. Inscricións: manolo@concellodebueu.org ou no lugar ata 30 minutos antes do comenzo.

SET-ACUSTICO DE "A NOITE DOS CANS" , MAGHUA NO QUEROSTAR E O SON DOS LIRIUS NA TINA EN LLAMORGAL ( UVUEU )!!

E se queres comezar a quentar as bonecas e os pés sintoniza xa co espectacular set acustico que o cantautor-pop Miguel Alonso realizou ontes no programa A Tarde da Radio Galega , intensidade emocional baixo os xostregazos da realidade social galaica do século 21 , iste artista da República Billarda desenchúfase dos cantos de serea dos políticos de turno para susurrarnos ó ouvido a calidez do seu brutal A Noite dos Cans...deixate engaiolar!! . Mais na outra cara da moeda oficial da República Billarda aparécenos a intensidade vital que proclaman os MAGHUA en cada un dos seus incendiarios estalos, atención porque iste xoves apreséntanse en directo na final do Queroestar de Carral : Xoves 26 , Maghua na sala The Star ( Carral ) ás 23 h. De non vires , podes vernos en directo e comentar en www.querostar.com . Xa o sabes se queredes bailar na casa ou en carral Maghua no querostar!!

E se andas de férias e vas estar polo beira cantábrica da península que saibas que o sábado ás 11:30 h, os irmáns do Conceyu Nacional de Liriu realizan nas instalación de Llamorgal ( Uvieu) o seu II Abiertu del Barriñón donde no canto do castru poñen unha tina na que poderás emular ós teus ídolos do basket coma Tackenko , De la Cruz ou Nikos Galis tratando de encestar liriu...tri-tri-tri pla!!

3 Comments:

Postar um comentário

<< Home