O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, agosto 23, 2010

NELSON DE MUGARDOS E DOCE DE CABANAS....ARRINCAN NA BEZOUQUEIRA A SÚA ASCENSIÓN CARA Ó GRAN ESTRELADO NACIONAL!!

Como anunciabamos a actividade na emerxente conferencia bezouqueira foi frenética nista fin de semana irmandinha , se fronte ó castelo de Moeche arrincaba a loita , na fronteira de Fene e Cabanas fronte á capela de San Marcos o sábado no serán celebrábase o Aberto Solidario e en Maniños o domingo pola mañán celebrábase o multitudinario Aberto do Pote donde sobrevoou a idea da criazón na ára bezouqueira dunha serie de Billaescolas que sexan a semente das BillardaEscolas que polo país enteiro se irán espallando , a xunta lapidou sen
problemas, agardávosovos armados ate os dentes nas BillardaEscolas!!...atendede pois á primeira obra mestra interpretada polo mestre da BillaEscola de Cabanas , o comandande Sardinha que nos relata as dúas terríbeis enganchadas
deista find irmandinho-bezouqueira: Nelson de Mugardos, e Doce, de Cabanas, convertéronse nos gañadores dos abertos Solidario e do Pote . A pugna polo podio entre Cabanas e Mugardos segue acesa despois desta fin de semana en que se repartiron os premios entre os dous concellos. Segue á alza a participación de palanador@s de Fene e comezan a amosar xa as súas cualidades con dous varados o propio Doce, no Pote, e David, subcampión en Lavandeira.


En resumo, boa participación nos dous abertos desta fin de semana nas terras de Bezoucos e atentos a Ares porque comezan a expandirse os billazos para ese concello. Sumaron entre os dous campionatos 40 palanadores que ben loitaron como galegos por un posto de podio ben comezaron na billascola que ten aos cativiñ os e aos maiores engaiolados .

UN COYOTE TAMÉN NA BILLA-ESCOLA!!

E depaso que o mítico Víctor Coyote participaba convidado polos irmáns da bezouqueira ó acto de celebración agrarista dos cen anos do discurso de Solidaridad Gallega, o músico de Tui xunto con Manuel Monge, presidente da CRMHC aproveitaban a súa estancia na capela de San Marcos para coñecer cabanas e realizar o seu bautismo billardeiro participando no Aberto Solidario. Un acto irrepetible con máis asistencia que nunca, música, parolos, billas polo aire, documental con Luís Tosar e un coloquio que vai dar moito que falar. Noraboa porque unha vez máis co apoio de tod@s a bezouqueira conseguíuno!!