O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 03, 2010

COMEZA O ESPECTÁCULO, QUE CORRA O SANGUE A REGOS DE SALVATERRA Á SELVA BOLIVIANA!!


Era algo cantado , a LNB abraza o compromiso poético-nacional que emana do mítico festival da Poesía do Condado para iste sábado en Salvaterra arrincar ista nova edición da Superliga Galaica de Billarda, unha edición que co impactante video-estalo da entrevista de Xan Rodiño emitida por TELE-VARAL tinxe xa irremediabelmete de indexenismo galaico cada un dos golpexos que en cada pista da LNB se produzan. Velas negras acesas , galiñas decapitadas.....o vudú e a máxia negra entra definitivamente nas nosas vidas e acompañará ós espectaculares estalos paralelos que ista edición se lanzan dende as cabezas fumeantes do Sur por se non fora pouco conseguir trofeos para os campións nacionais xa hai novas e espectacular categorías ás que premiar: Mellor Video-estalo, Palanador-a revelación, Mellor Lacón e como non as tan desexadas Mister Palán e Miss Varado da LNB. Arrincamos , moita sorte a tod@s e que corra o sangue a regos dende Salvaterra ó selva Boliviana!! >> contacto: 647.190789

SÁBADO BEZOUQEIRO EN FENE : I ABERTO ABERTO DA PANCETA E O CRIOLLO!!

Este sábado a partir das 17h no campo da festa de San Xoán de Piñeiro: I Aberto da Panceta e o criollo. A billa segue prendendo en Ferrolterra despois da chuvia de abertos de verán.
Todas as palanadoras e palanadores terán a súa cita no campo da festa, á procura da panceta que lamberá quen mellor lle atine. A darlle duro!! Contacto directo>> 636.280513

DOMINGO / RIBADEO 17 H : BILLARDEIROS+OS OUTROS VS RESTO DO MUNDO!!


Non pode haber mellor quencemento antes de comezar a Superliga Indíxeno-galaico Billardeira que saudala de xeito aymara-ribadense co mítico desafío mundial dos Billardreiros+ Os Outros no torneo das festas patronais posterior ó xantar de irmandade do xabarín da Pastoriza, polo Norleste tamén se nota falta de oxíxeno pola altitude emocional na que se reside....Agardamos por todos vos!! >> 636.843.377 (Daniel) - 605.316.896 (Marcos)

BILLARDA RASTAFARI EN CULLEREDO!!


E como gran recomentación musical dista find temos que facer referencia obrigatoria ó espectacular e referencial festival de música reggae que se celebra na Galiza, en Culleredo X edición do Fundation fest. cun cartaz que bota para atrás, cos locais Skarrallados despois de atopar baixista e co gran Fidel Nadal apresentando disco despois de destrozar escearios con Todos Tus Muertos imponse realizar un chamamento para que a vindeira edición poidados realizar no Fundation o 1º Aberto Rastaffari de Billarda con premio dunha follas de MARIA para poder fumar en libertade no dance hall de Culleredo.