O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 12, 2010

DA LAGOA DE COSPEITO Á PISTA DE XEO DE PYONGYANG!!


Cospeito tan preto mais tan lonxe, ate Korea nos dispoñemos a lanzar as billarda da LNB que iste sábado invadiron a praza da festa dista vila Luguesa intre que a reporteira máis internacional de Tele-Varal Jang Jiyun aproveitou para na súa lingua mae explicar ás dúas Koreas a mecánica diste desporto que paso a poso e golpe a golpe nos achega uns km máis ó tan desexado Aberto de billarda de Pyongyang na querida Korea do Norte, Jang non hai palabaras nen en galego nen en coreano para describir iste fenomenal e histórico video-estalo asiático-cospeités , mais só podemos dicer que menos mal que temos bares e tascas suficientes para celebralo, beizóns Jang porque o teu sinceiro alento e compromiso coa filosofía da LNB nos dá aínda máis forza para seguir adiante.


Unha LNB que coa rá de Copeito coma invitada de luxo confirmou o que xa se viña albiscando dende fai temo , o poder feminino que o invade todo e que colle as rendas definitivamente en tódolos eidos do universo billardeiro, se aínda nos esatamos a recuperar do tremendo impacto do video-estalo conducido por Jang temos que salientar a espectacular acción que supuxo a reaalización do Aberto da Rá dirixido e coordinado maxistralmente pola aborixe disas terras e disa lagoa a gran palandora Ana Carballeira que suma e sigue e que debería ser un exemplo para que as palanadoras continúen pondose á fronte sen pedir permiso a naide para realizar abertos donde sexa e donde lle pete.


Cospeito territorio Rodiño , de novo os irmáns nunha final man a man, ó saír da casa Xan pensou no ben que lle quedaría a Rá de Cospeito ó carón da gran figura do Xabarín da Pastoriza e dito e feito non tivo piedade nen con un ser da súa mesma sangue.


Mais na LNB como sabedes ten unha dinámica de acción na que os triunfos se miden única e exclusimante entorno á colectividade e ó espazo percorrido antes durante e posteriormente a cad abarto ou acción realizada, é por elo que non hai mellor premio que confirmar , que si , que entre todos e só co noso músculo e forza vital estamos a realizar algo histórico e inaudito nistas terras, que corra a sangue e as billardas a regos de Cospeito a Pyongang!!

3 Comments:

  • At 11:26 PM, Anonymous Anônimo said…

    Xan gaña o aberto de cospeito
    solta de rans
    restorantes sen existencias

     
  • At 10:52 AM, Anonymous Anônimo said…

    COSPEITO ....ARROUTADA KOREANA!!

     
  • At 4:00 PM, Anonymous Anônimo said…

    Comentase que jang jiyun e da Pastoriza filla dun coreano que traballou nun barco de pesca da zona e casou cunha pastoricense.

     

Postar um comentário

<< Home