O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, setembro 18, 2010

NÔS TERRA, TERRA A NOSA .....DO CABO VERDE GALAICO Ó CASTIÑEIRIÑO COMPOSTELÁ!!


O arrinque da competición regular na Conferencia Norleste e na Centro non podía ser mais intensa , polo norte confirmase absolutaqmente cun Bonito de dimensións descomunais a entrada do Buril coma franquicia LNB establecendo en Burela un campo base e sincronizando os reloxos pola hora galega para participar nos Abertos da LNB. Mais non foi só no norte donde as billardas lanzadas dende Burela chegaron ate Cabo Verde senón que o que se coceu na arrincada na Conferencia Centro foi do que fai história , implicación de novas fraquicias e asentamento das bases do concepto da Billarda Total coa posta en marcha do Lanzamento de Longa distancia donde sen o límete dos Varados e unicamente contabilizando a distancia xa temos plusmarquista galaico , é Xosé Rodiño cun lanzamendo de 38 metros.


Mais xa o sabedes os mundos paralelos da LNB móvense ó xeito tan brutal ou aínda máis incluso ca propia serpe multicor polo que na pista do Parque Rosalía de Castro tivemos o luxazo de novo de contar coa presenza do creador Nachok que xa está traballando na dimensión visual do disco República Billarda. Un actividade paralela que se torna frenética se falamos da actividade no eido dixital xa que temos que dar a gran nova da aparición do espazo na rede dun moi agardado blog que á imaxe do mítico programa o último supervivinte , relatará as experiencias extremas dun palanador de Aberto en Aberto e de Varado e Varado .....Benvido PATEIRO NÓMADE!! . E non é a única novidade que vai aparecer no activo universo dixital da LNB , atentos que moi pronto anunciaremos o tan agardado blog oficial da Conferencia USC e por se non fora pouco xa está no formo un bombazo en forma de Blog con contidos propios relatando a actividade e a filosofía LNB en lingua exclusivanebte inglesa para buscar os puntos de encontro sen perder un minuto co resto das comunicades mundiais que practican e disfrutan co desporto da billarda.


Bonito é , mais Tabeirón semella o impresionante exemplar co que os irmàns do Buril recollen o pasaporte de entrada na LNB, Daniel en Burela e Basilio no Castiñeiriño estrean o màis alto do pódium nista primeira xornada de liga da LNB , mención especial hai que facer ó gran palanador Hugo que pese a querer non pode desengancharse diste marabilloso vicio nen toda a LNB desexa separarse del polo que lle pedimos que remate a súa definitiva conversión ó islamismo para que entre a competir coa equipa que xa sabemos se está perfilando no Ribadeo Kebab....a verdade, qué bonito é formar parte dista gran tolemia colectiva!!

1 Comments:

Postar um comentário

<< Home