O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 12, 2010

OS IRMÁNS COEN?? ....NON!! , OS IRMÁNS RODIÑO!!


Alguén podería imaxinar como explicaría O Nota as normas de seguirdade que vai adoptar a LNB para ista tempada? pois deixa de facelo , Xan Rodiño desfaise da cuadratura do plano americano e inventa o plano galaico a corpo enteiro para explicar sen o pixama esfarrapado do gran Lebowski mais co pucho andino-boliviano que caracteriza xá o gran palanador de Portonovo as tres principais medias para non perder a vida ou matar a alguén sen querer nun partido de billarda. E por que non pensar nun Jesús Quintana galego cando vemos as estranas maniobras de escapismo apoiando xestualmente as verbas do seu irmán , un idoma o xestual que Xosé Rodiño remata a segunda entrega dos video-comunicados dos Rodiños axeonllado realizando exercicios de reanimación a un ser, polo momento sen rostro e sen identeidade. Mais Xosé niste segundo asalto televisado non só enviou a xoia post-docma recollida pola cámara de video senón que nos envía as estremecedoras fotos do ASÍ SE DES-FIXO e unhas raias sobre as incidencias tóxicas da rodaxe e adiante emoción futras que poderán desfrutar a tribo da Conf. Centro iste sabado 18 de septembro no campo do fatima en Santiago e organizado po Bate As.

- ASÍ SE DES-FIXO!!


Para tranquilizar a todo o mundo billardeiro quero demostrar que o palaneador ferido está en fase de rehabilitación despois dunha recuperacion milagrosa. A volta a vida puido ser debida a un grolo na taberna cancela que tomara unhas horas antes e que fixo de curación interna debido as suas propiedades mineromedicinais de interese turístico internacional.


As feridas parece ser que non foron tan graves dispois dunha primeira observación verificouse que o palán probocou unha ferida limpa con orificio de entrada pola rexión ocular dereita e saida polo pabellón auditivo esquerdo a cal non produxo ningún daño apreciable a simple vista e oido.
Por todo isto e de importancia xeral que se impoña a corda de suxeción para o palán, medida que xa se está adoptando na conferencia norleste.Nas conferencias que non adopten ista medida probeerase os palaneadores de casco integral con orificio para hidratarse.


Cambiando de tema, o aberto que se celebrará iste sabado 18 de septembro no campo do fatima en Santiago e organizado po Bate As será o aberto que pasará a historia da liga nacional de billarda coma o primeiro que organice unha nova modalidade, paralela o propio aberto, chamada lanzamento de billarda de longa distancia no que se conseguirán marcas mundiais, estade atentos durante a semana teredes noticias novas....ate logo!!

7 Comments:

  • At 10:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    Penso que non se debería desvelar a identidade deste palanador, pois xa non está entre nós, ou sexa, está nunha terra irmá, traballando na restauración.
    Despois de sufrir o accidente (son imaxes de hai tempo), despois de pasar varios meses na UCI, despois da reabilitación, un día levantouse da cama do hospital mirouse ao espello e véndose con aquela bata... pois, decidiu ser cociñeiro.

     
  • At 11:04 PM, Anonymous Anônimo said…

    E Ruben que esta entrenando para lanzamentos de larga distancia nos que a flexibilidade e importante

     
  • At 11:29 PM, Anonymous Anônimo said…

    Pinto di que non ten tempo de ver os videos porque esta nun bar de comida rápida.

     
  • At 11:30 PM, Anonymous Anônimo said…

    O microchipe ai que cagalo ou mexalo?

     
  • At 11:31 PM, Anonymous Anônimo said…

    Os varais serán coma os de zara?

     
  • At 2:39 PM, Anonymous armani said…

    medias de seguridade mais da hixiene dos palanadores porqué non se fala nada , hai algún xogador que cada golpexo deixa un tufo a burro morto que tira para trás!!

     
  • At 4:10 PM, Anonymous Anônimo said…

    colgante de camiseta trasero con cheiro o pino ou coa sua variante en supositorio con forma de pincha.Regalarase bote 500gr vaselina.
    Contacto Tiago

     

Postar um comentário

<< Home