O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 27, 2010

PINTO E MAFIA GALEGA , TRABOADAS DE RAIBA NAS PISTAS DA LNB E NO FESTIVAL LIET INTERNACIONAL!!

Sen lugar a dúdidas iste pasado find será dos que van deixar pegada, fouciños, traboadas de cans coa raiba necesaria, billas ardentes, aniversarios con billardas na vez de velas , irrupcións hitóricas coma a producida en Castrelo de Miño cunha multitude nas gradas dun billardódromo municapal xa candidato a acoller o tan desexado 24 h Nom Stop de billarda e por se non fora pouco a iso as 22 h do domingo nos micros de Radio Oceánica da RGM se confirmaba o iso que vai retorcer os cimentos da sociedade galega , Mafia Galega por medio da xestión da LNB representará á lingua galega no festival internacional do Liet Internacional co tema "Billarda Sempre" como sabedes himno da LNB escrito polo poeta Xabier Cordal . Coma o can de Flores, Pinto .... a LNB e Mafia Galega traboadas de raiga e carraxe galaica!!


A soñada e tan gardada primeira xornada no universo Bezouqueiro producíuse iste domindo en Porto ( cabanas) en Tele-Varal xa podemos desfrutar da primeira Xeira Bezouqueira e no seu web oficial das clasificacións e emocións comapertidas dunha xornada histórica para a Billa......Pablo dos Apachaca e Dani do Festifolk-laranxa. Desputada final entre Xan Rodiño e Pablo que repetiron os empates ata unha terceira e última carreira de desempate, nervos e emoción ata o final que deixou como gañador a Xan Rodiño. Chegou a hora do remate dúas horas despois do comezo de tan grandioso día billa para os anais da billa bezouqueira!



No I Abertode Billarda de Riotorto, o 26 de setembro de 2010, enfróntanse na final Geni e Daniel, ambolos dous veterans palanadores do Norleste. Geni como agasallo de cumpleanos tivo un fermoso xesto e deixouse gañar polo seu home: "Prados non temos, pero si fai falla segar, o fouiciño e teu" - Mais a extremecedora análise do acontecido en Riotorto é a radiografía coa que nos agasalla o premiado coma a palanador máis combativo do Aberto, dalle Marcos>> Tremendo onte o aberto en Riotorto . A presencia dos rodiño deulle un plus a competicion.
Ai que destacar a presencia tamen dos de buril, q pese a q ao final so xogou Roberto xa estaban ali no pabellon cando cheguei eu. Tamen destacaria a nula colaboracion por parte da organizacion do festival das asociacions. ninguen se achegou por alí nin entregar o premio nin nada, pero bueno, entregueillo eu a daniel e pista!!jaja. Ganou Daniel, pa non variar moito na final a Geni. eu fun semifinalista logo de facer tres varados, mais q no resto da miña vida!!por iso, Xan Rodiño me nomeou "palanador mais combativo" nova categoria de premios emulando ao ciclismo!jaja.
Pero sin dubida o feito mais sobresainte da tarde ven relacionado con Pinto, o indomable can de Flores. Cando Gines ia aguantar o can para q andres poidese tirar, Pinto non aguantou e botoulle a boca a perna! tremendo!! Logo, Salgueiro, como integrante dos Bulls casi non pode seguir xogando como mostra de compañerismo,jajaja. O titular podia ser: "A Ekipa Bitere ficha a Pinto pra acabar cos Remourelle Bulls"jaja. Ata houbo ali tension co can!!jaja. So a Flowers se lle ocurre levalo pa ali oh!! , / Dende a LNB queremos deixar claro que pase o que pase nunca impediremos que os cans e cadelas compartan cos palanadores e palanadoras espazos nas pistas de liverdade nas que se practica a billarda e queremos resaltar o intre de emotividade brutal cando Flores , pide desculpas polas traboadas do seu compañeiro de fatigas Pinto, alguén debería facer o mesmo co seu tocaio txakurra dos Faisca.....LNB raiba en cada Varado e traboada!!

2 Comments:

  • At 3:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    Xa tiña medo de que xe prohibira a entrada aos cans! :( LNB libre de discriminacións!

     
  • At 5:58 PM, Anonymous Pinto said…

    Eu non prohibiría a entrada de cans ós torneos de bilharda, pero si a de PERRAS, que abundan, e muito!.



    Pd: Viana tamén quere prohibir a entrada de ZORRAS. Pero eu lle dixen que diso xa se encarga o "Raposo do Salnés".

     

Postar um comentário

<< Home