O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 27, 2010

A AUTÉNTICA DE FLORES MISIÓN : ISTE SÁBADO RECUPERAR A COPA CANTÁBRICA!!


SÁBADO 30 DE OUTUBRO -12 h-
Pavillón de Piedras Blancas ( Asturies )


Contacto: ovaral@hotmail.com / 619.570976

Saída : Sábado ás 9 h. quedada na estación de Buses de Ribadeo para tomar o café e a parva galaica coa que mergullarse xa de pleno na conquista da Copa Cantábrica-

9-15h : Distribución dos palanadores e palanadores da Auténtica na caravana de carros que irá dirixida polo coche no que vaia o seleccionador da Auténtica Flores para apartires das 12h. no pavillón de Piedras Blancas tratar de conquistar a Copa Cantábrica.

Durante o traxecto a caraxana da Auténtica establecerase unha parada para que o seleccionador da Auténtica Flores poida dar a ultima charla técnica e táctica ós palanadores e palanadoras galaicos antes de pisar o pavillón de Piedras Blancas.

-14:30 h. xantar de irmandade no Restaurante Casa Orosia de Las Bárzanas / prato: 15 euros

Despois do xantar realizarase o Abiertu do Llacón entre os palanadores e palanadoras de ambas seleccións mais tod@s aqueles que quieran animarse.



Os ánimos da Auténtica están a flor de pel para tentar recuperar a Copa Cantábrica que a istas horas ainda está en territorio asturiano, especialmente emocionate é o transpaso de camiseta que fixo a mítica Carmiña ó palanador do Bateras Jose Luis no pasado Aberto da Faba de Lourenzá que vai ter a dificilísima misión de xogar e intimidar coma Carmiña o fai en cada un dos seus golpexos, dende Euskal Herria , Ana a palanadora de Cospeito tamén se vai unir á Auténtica para vestir a camiseta da Galiza interiorizando así o gran poder que transmite a forza de Calvete, guía absoluta da Auténtica mais non van a ser os únicos elementos desestabilizadores dista selección que con Franco, Dani , Xosiño ...e demáis tribo galaica terán o reforzo da brisa de Al-Andalus que xa asinaron o pasaporte galaico no pasado Aberto do Musikeo en Ribadeo.....con Flores ó fronte A Auténtica a pola Cantábrica!!

13 Comments:

  • At 2:02 PM, Anonymous Anônimo said…

    Si temos que aguantar as fatadas de flores e mellor quedarse na casa

     
  • At 3:15 PM, Anonymous Anônimo said…

    Maradona e Flores...os máis grandes sempre no punto de mira dos imbéciles e escuros!!

     
  • At 6:05 PM, Anonymous Aaana said…

    Pois eu contei unha fatada de flores en EH e gostaron, a ver se vai ter que emigrar

     
  • At 6:23 PM, Anonymous Anônimo said…

    Sánchez dragó, Fixo ben Fixo ben na cona das nenas non manda ninguén....

     
  • At 6:39 PM, Anonymous Anônimo said…

    As fatadas dos anti-Auténtic@s non van poder con Flores nen coa Auténtica!!

     
  • At 9:39 PM, Anonymous Daniel said…

    O bo que ten este deporte é que ninguén ten porqué aguantar a ninguén. Cada un de nos ten as súas "fatadas" particulares e propias, ou é que non nos miramos ó espello?
    Penso eu que pro que cobramos xogando non vale a pena estar a disgusto, mellor pedir a liquidación e non marea-la perdiz.
    Son de agradecer todo-los comentarios, mesmo picando os compañeiros, con retranca, con chispa ou sorna pero sin perde-las formas.
    Recordo sempre unha canción de Suso Peña e Tino Sindo que decía algo así: cando vexas un home que dibuxa, pensa escribe ou nalgo quere trunfar....., denantes de criticalo, párate un intre a pensar, si non é para axudalo, o mellor é calar....
    En fin o dito salude e billarda, agardo que as miñas fatadas, que tamén as teño, non incomoden a ninguén. Si é así pido humildemente disculpas.

     
  • At 11:40 PM, Anonymous Xose R. said…

    Fatada : memez, bobada, tonteria
    O comentario indignante e bochornoso en contra de Flores non ten cabida na LNB. Solo alguén moi falto de cordura e escudándose no anonimato podría facelo.
    Estes comentarios son os que tiñan que ser borrados inmediatamente e empezar a pensar en facer comentarios identificandose nos blogs de tódalas conferencias da LNB. Comentarios soezes: sin ningunha gracia, fau un fraco favor a todala xente que fai os blogs cunha vontade desinteresada e uns artigos de lenguaxe esquisito.
    Seguramente esta persoa non coñeza a Flores persoalmente e pensa que xa ten todo o dereito de insultar a forma de facer pasar un bo rato a xente. Penso que non se merece mais comentarios pero indigname tanto que non puden aguantar .

    P.D. Daniel non pidas disculpas está todo "bendito"

     
  • At 12:06 AM, Anonymous marcos said…

    eu creo quen non teño moito máis que aportar logo do dito por daniel e xose.
    Nesta toleada billardeira, toda a xente ten moito que aportar, e por suposto que Flores tamen, sen dubida.
    Os q tanto critican q den a cara!

     
  • At 12:26 AM, Anonymous Pinto said…

    Eu defendo o humor de Flores por riba de todalas cousas, se alguén non lhe gustan os seus chistes e bromas, ten dous problemas: Enfadarse e desenfadarse.

    Bueno, ademáis do problema que é atoparse cun palán no máximo organo de expresión humana: - A boca.


    Apertas, e sorte para Flores na copa, sinto muito non poder facer de traductor entre o galego e esa lingua bárbara que falan en Asturias,pero miñas obrigas laborais xa remataron.


    Viste-lu? el gochu ta fechu!

     
  • At 12:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    Isto non é máis que o que sucede en calquera vestiario dun equipo deportivo, sexa fútbol, baloncesto, motociclismo, formula 1... a convivencia é complexa, sobre todo se son seres humanos os que compoñen eses equipos.

    Mais, espero que Flores "Del Bosque" estea elaborando o seu discurso para lelo cando reciba da man do Principe de Asturias a Copa Cantábrica.

    Ánimo compañeiros e compañeiras!

    "E que de min non quede máis que a alegría de quen pediu entrar e foille concedido"

     
  • At 2:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    Ista cantábrica hai que gañala para axeonllar ós anti-Flores , atalos a unha biga e porlle 24 h . seguidas a gravación do chiste dos gatos...A Auténtica de Flores , xinetes na tornenta!!

     
  • At 7:01 PM, Anonymous Anônimo said…

    Well It's good
    adobe cc 2017 crack mac

     
  • At 4:03 AM, Anonymous Anônimo said…

    can i buy generic viagra at walgreens legit place to buy viagra online where to buy viagra pills online

     

Postar um comentário

<< Home