O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 12, 2010

RADIO-OCEÁNICA >> PROGRAMA ESPECIAL MAFIA-LNB NO LIET INTERNACIONAL 2010!!


Xa ruman os motores dos carros para ista find partir cara Ponteareas no Sul o vindeiro sábado e cara Lourenzá loitar polas fabas no hemisferio Norte o próximo domingo 17, Abertos puntuábeis no calendario que pode incluso que durante o percorrer dos días se lle sumen máis enganchadas para o palanador e palanadora da LNB calmar o seu terríbel mono billardeiro que segundo contan é moitísimo peor ca o de poltro. Motores rumbando e coa radio atope sintonizando co espectacular estalo emitido fai unhas semanas cando en RADIO-OCEÁNICA da RGM se fixo público o bombazo informativo do ano, que a Mafia-LNB representará á lingua galega no liet internacional 2010, descarga o podcast e cárgao no teu reproductor de mp3 para que a viaxe cara ó Varal se convirta na antesala brutal do asalto a Lourient...Billarda sempre , Adiante co Varal!!

3 Comments:

  • At 11:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    Salvaterra? Tiña entendido que ista find o fronte estaba en Ponteareas

     
  • At 11:48 AM, Anonymous Anônimo said…

    O de Salvaterra debeu ser para confundir a Manu do Faísca

     
  • At 9:10 PM, Anonymous Anônimo said…

    Pero ese non é o do cabaliño?... E si xa se confunde solo para que axudarlle?

     

Postar um comentário

<< Home