O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, outubro 10, 2010

RAIBA EN CADA GOLPEXO BEZOUQUEIRO E EN CADA TRABOADA DE CAN DA LNB!!



Cando a tribo da Conferencia bezouqueira elexíu o esquí coma animal de idenficación proprio non o facía por amor ó arte, chimpos sen rede son os que executan as dúcias de palanadores e palanadoras que xa inundan de billas as terras de Bezoucos , son Fran , David e Raul , os tres xovéns palanadores tan unha minúscula mostra do poder emerxente bezouqueiro que xa amiaza a consistencia de resultados das estrelas das conferencias máis curtidas, coma o comandante Sardinha avisa, o All Stars dista tempada matrcado en zona bezouqueira será un pulso inequívoco do gran nivel das estrelas das terras do Eume, unha delas Pablo xa coñecido internacionalemente despois diste explendoroso estalo de Tele-Varal coma O Puma fumador da LNB. Tamén podemos ver durante o video a presencia do gravadora dos irmáns de Radio Billa, ogallá poida ser nise medio e donde poidamos informar en breves datas do arrinque da Conf. NorOste que coma é norma colga os seus pés no porto da bahía para ver como arrincan o resto de conferencias para despois botarse eles a surcar o atlantico piscina nos seus batuxos Pangalaicos.


PINTO , ENSINADO OS DENTES NA PISTA DE XOGO!!


Quén dixo que non existen alternativas a un lecer ou adoecer institucionalizado? iso só o poder decir algún ser alleo á LNB, como sabedes os irmáns de Madia-Leva celebran iste martes en Lugo que non teñen nada que celebrar meténdolle o dente a unha fenomenal polbada no seu centro social , ós móbiles do Norleste iste domingo chegaba tamén un sms polo cal se realizaba na tarde de domingo un adestramente billardeiro en Ove ( Rbd ) coma alternativa real e positiva ás fastuosas festas do San Froilán. Incluso para os teus ollos tes alternativas xa que xa poder ver a espectacular galería de fotos do Aberto do Ferro de Riotorto donde PInto , o cadelo de Flores, lle arreou unha traboada á perna do gran palanador dos Remourelle Bulls Ginés. Despois de dirixirse ó centro médico o palanador recibíu iste desconcertante diagnóstico do doutor- Pode ir vostede tranquilo que o Cadelo de Flores ten as bacinas todas ó día se no canto del fora o seu tocaio da Faisca tería vostede que ser illado para ser tratado urxentemente de raiba, moquiño , brucelose e febre macuosa dos picos de europa....

1 Comments:

  • At 3:34 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que nos quere comunicar PINTO cos seus insistentes intentos de interrumpir o normal desenvolvemento dos abertos?

    Por favor, con urxencia... que alguén consiga un intrérprete canino.
    Eu penso que algo importante na cabeza dese animal está buscando a nosa atención.
    Quererá formar parte da LNB?
    Quererá manifestar o seu namoramento a algún ou a algunha xogadora?

    Que demos quere dicirnos PINTO?

     

Postar um comentário

<< Home