O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 23, 2010

ESPECIAL LIET>> TELE-VARAL LIVE ESTUDA REALIZAR UN PROGRAMA ESPECIAL DE APOIO A MAFIA GALEGA!!

JOUSNEN JARVED , Vepsisch DA RUSIA

Sen lugar a dúbidas a aposta favorita do director de Gz en Varados son as representantes do microcosmos Ruso que se expresan en lingua Vepsia , pode ser un dos motivos ademàis que empurrasen ós responábeis diste referencial programa de tele-varal para organizar un tórrido e exitanteTele_varal deluxe no serán do sábado para comentar ao vivo a gran acción billardeira que vai realizar Mafia Galega no esceario do Liet

RACHEL WALKER. ESCOCIA >>

A opsicion pseudo folkie escocesa de Rachel Walker sempre é unha opción a ter en conta màis nun contexto coma o de Lorient donde istes sons están sempre a flor de pel.

EQUAL SOULS , FRISIA >>

Unha das apostas a todas luces favorita son a opción Frisia representada polos Equal Souls, solvencia e presencia que deixan ás claras que a proposta provinte do Liet primario ten moitas opcións de levarse o triunfo final na categoría de público e xurado.

MARIA PIA HOLMGREN, SAMI>>

Da escola da grande Mari Boine é a representante sami que vai estar iste sábado no esceario do Liet, a cultura e a sonoridade da gran referencia Sami estará nos escearios galaicos o vindeiro 12 de marzo con Mari Boine na edición 2011 de sons da diversidade en compostela, os amantes do son do xeo teñen unha cita xa iste sábado no liet cunha das súas alumnas aventaxadas: María Pía Holmgren.