O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 29, 2010

ESPECIAL MAFIA GALEGA NO LIET >> A GRANDE APERTA DA BRISA NO ADEUS BRETÓN!!

O solpor bretón saía para despedir á espedición galaica no seu ate logo embravecido , a combinación da friaxe xélida e a infernal calor das experiencia vividas forxaron unha inolvidábel e perpétua aperta coa terra e coas xente que niste Liet nos acolleron.


O aeroporto de Lorient resistíase á despedida e non quixo abrir as súas portas ate que o noso avión estaba prepararo para engulirnos.

Tampoco a Mafia quería despedirse da brisa xeada bretoa polo que Felipe fundiuse coma o queixo nunha aperta a varios metros da terra co vento mareiro de An Arient

A sección helvética de Mafia Galega agardaba o seu embarque cara centro europa cada día máis galaica lendo as crónica do derby Bretón entre o Lorient e o Stade Rennes desputado iste mesmo sábado a escasos metros de nós mentras as billardas e as nosas gorxas esixían billarda sempre.


OVARAL AIRLINES traía de volta á sección da Mafiosa que reside na terra , iste enorme viaxe cara ó centro do universo logrou abrir moitos flecos e innumerábeis e perpétuas alianzas externas e sobre todo internas e fíxonos ver que calquera acción por desproporcionada que semelle nun principio realizando con impetu , ilusión e cunha tripulación axeitada e implicada nada é imposibel, porque ó ollar o mapa e ver a Lesoto dámonos conta que a contrucción dunha auténtica República Billarda nisto que algúns chaman Galicia ou Galiza tamén pode ser posíbel...beizóns a toda a tripulación militante da LNB e atopámonos no camiño co palán ergueito e no brazo unha estrela... BILLARDA SEMPRE ADIANTE CO VARAL!!