O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 24, 2010

MAFIA GALEGA , ARRINCANDO OS CHANTOS E INVADINDO AS LEIRAS... ASÍ CHEGAMOS Ó LIET!! [ preme ]


Francisco Fernández, o padriño galaico-suizo da temida Mafia Galega manda unha mensaxe para toda a tribo da LNB dende o seu zulo en Xenebra horas antes de partir cara Lorient>> A VOTAR!! FORZA ESTORNELA!!



O sábado ás 20 h. abriranse as portas da sala de concertos de Lorient para ás 20:30 h. comezar a show . Poderalo escoitar en directo por livestream en http://www.liet.nl/internationaal espazo no que terás enlaces para velo ao vivo e donde tamén poderás votar para apoiar a revolución billardeira que representan Mafia Galega que imparábel se espalla coma o lume na herba seca , a orde de saída ó esceario será a seguinte que expomos a continuación, monta na nave de buxo para tod@s xuntos reventar a mañá, iste sábado todos os paláns ergueitos.... adiante co Varal!!

ORKA
Mafia Galega
Stephane Casalta
Jousnen Jarved
Rachel Walker
Xera
Pia Maria Holmgren
Equal Souls
Dom Duff
R. Esistance in Dub
The Temporary

Podes seguir tamén o Liet International no facebook do festival e no feis da expedición galaica de Mafia Galega.

1 Comments:

  • At 10:44 AM, Anonymous Anônimo said…

    A Bilharda arrasa xa estamos no chuza! e no blog un país en lata de Fran P. Lorenzo, o xornalista que votaron por facer unha crítica do Papa. Adiante a LNB

     

Postar um comentário

<< Home