O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 19, 2010

O SÁBADO A VELLA PENEIRA A NOITE NO PINO E EN PASAIA ( EH )....E O DOMINGO EN RADIO OCEÁNICA DA RGM!!

Temos obrigatoriamente que recurrir ós grandes referentes literarios do país para amosar a inmesidade e podería dos estalos que temos diante, o referencial e imprescidíbel poemario de Xabier Cordal " A Vella Peneira a Noite " sirve de metáfora perfecta para describir a xeada de estrornelas que ista sábado a partires das 16 h vai caer sobre a pista do pavillón de Arca no concelo do Pino puntuábel para a Conferencia Centro.

ABERTO DE TXIRIKILA-BILLARDA ( PASAIA)

Un pouco màis lonxe do Restaurante Cruceiro donde como sabedes os amantes dos manxares equinos se saborean posbelmente as mellores tapas de potro do páis está Joma Mourinho dirixindo a indomábel tribo da Txirikila Bai que iste sábado a partires das 12 h prepara o asalto txirikilari á vila de Pasaia , palanadores e palanadoras da Faisca e dos Bateas botáronse ó monte e estarán cos seus paláns apoiando a emerxente insurxencia en Euskal Herria , ti aínda está a tempo>> 635.276663

MAFIA GALEGA NO LIET....TEREMOS O NOSO WATERLOO BILLARDEIRO!!


E por se non fora pouca intensidade o domingo tes obrigatiroamente unha cita coas ondas de Radio Oceánica, sintonizando o teu receptor de radio, mediante a web da Radio Galega ou simplemente concectando no teu aparello da TDT coa Radio Galega Musica ás 22 h sentirás un estourido histórico xa que entorno a ise gurú da música galaico-contemporanea se xuntará toda a equipa que está a preparar a irrupción billardeira no Liet Internacional do vindeiro sábado 27 en Lorient, Mafia Galega dende Suiza cun pé en Xenebra e outro na Galiza invadirán de furia e carraxe galaica todo o esceario e ti poderás ser testido delo segundoo pola páxina oficial do liet de feito o pai da criatura , Xabier Cordal dende os penedos de Montealto xa chama á movilización social comparando incluso a acción brutal do "Billarda Sempre" de Mafia Galega co Waterloo de Abba >> espállao ti tamén dende a túa fiestra dixital :BILLARDA SEMPRE, ADIANTE CO VARAL!!

1 Comments:

  • At 7:25 PM, Anonymous Anônimo said…

    Billarda sempre!

     

Postar um comentário

<< Home