O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 09, 2010

OS TAMARA E A LNB CO POVO SAHARAUI , QUE MARROCOS SAQUE AS SÚAS MANS DA FLOR QUEIMADA POLO SOL!!


A flor do deserto á que o grande Pucho e os seus Tamara xa cantaban xa fai décadas volta arder mais dista vez polo lume das balas da miseria opresora e colonial do governo marroquí, ontes no Galiza en Varados nunha nova e histórica emisión con apertura de corresponsalía na base antártida de Portonovo , lanzouse a idea compatida por toda a rabuda audiencia de condear tanto nos abertos establecidos do domingo en Lavañou e en Foz coma en calquera outra acción que membros da LNB poidan establecer, a brutal agresión á que está a ser sometida a populación saharaui polo inxerencia do exercito alauita.

Lazos negros, bandeiras do Sahara ou calquera cousa que se vos ocorra para condear ista brutal acción do estado marroquí será benvida ás pistas da LNB , non é a primeira vez que a os palanadores e palanadoras amosamos a nosa solidaridade como canta Pucho coa terra favorita do sol porque ademáis de seguro que non será a última porque o que estamos ver no Aaiún non é nengún espellismo no deserto abrasador...paláns e ballardas co povo saharaui!!