O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, dezembro 19, 2010

DESPOIS DE COMPOSTELA E PORRIÑO , O DOMINGO DE BILLAS E GALOS DAN CONTINUIDADE Á XORNADA!!


Papae, papae...que se me soltou a ghoma!! , así berraba o neno castigado que lle caera a mangueira conectada ó barrico de viño no mítico conto de Farruco. Un vicio o do cativo só comparábel ó da billarda que ferve nas veas dos palanadores e palanadoras que ista find. percorren o país enteiro de costa a costa e conferencia en conferencia. Son moitas as células en movientos de aborixes e outsiders billardeiros que invaden as pistas da libertade da LNB, foi o caso de Compostela D.C donde nun espectacular aberto no corazón da cidade nova conseguíu reunir a máis de medio cento de xogadores que desafiaron a brisa xélida cos seus golpexos de forza estornela, e á mesma hora no Porriño un cento de aloitadores se daban cita para unha nova enganchada puntuábel na Conf. Sur. Basilio en Compostela e un torrente de viño e música co brutal estalo da interpretación ao vivo do Himno dos Bateas por Xosé Rodiño acompañadados dos Gaiteiros de Almuinha animaron aínda máis un resultado final que os Faisca por polémica decisión arbitral estudan impugnar....


E como non podía ser doutro xeito o Apalpador fixo acto de presenza para apalapar as barriguiñas na pista de Compostela e tantear así os agasallos necesarios para cada un dos palanadores e palanadoras , Flores foi un dos apalpaldos nun intre no que o aparato dixestivo do seleccionador nacional traballada a reo para cocer o espectacular fígado encebolado inxerido no xantar de irmandade da expedición do norleste no Restaurante O Cruceiro do Pino.....conectade a ghoma porque na Bezouqueira e o Norleste continúa a xornada !!

1 Comments:

  • At 6:41 PM, Anonymous Anônimo said…

    Na barriga de Flores hai muito que apalpar... creo que tiveron que chamar a todos os Apalpadores da Galiza para dar terminado o chollo, que se lhes facia tarde...


    Gil, Ganhas con trampas!!!! Tonguero! e o peor, cun arbitro da Faísca!


    Yoyes expulsado da Faísca!

     

Postar um comentário

<< Home