O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 15, 2010

VIVA O MAL VIVA O CAPITAL.... OS ELECTRODUENDES DO PORRIÑO E O APALPADOR MARCAN O RITMO NISTA NOVA FIND BRUTAL!!

Se isto é só o trialer como será a película....Intro Porri supón á volta da calidoscópica ollada de Pablo ás pistas da LNB polo que a película que surxa do acontecido no Aberto do Porriño na Conf. Sur iste sábado apartires das 17 h no Pavillón do Colexio de Átios dependerá ademáis do captado pola cámara do dramatismo que ti intinxas ós teus golpexos niste aberto coordiando polos Culombios...viva o mal viva o capital!!

Mais non será a única enganchada dista find. nen moito menos , iste mesmo sábado ás 16 h . xornada puntuábel na Conferencia Centro e o domingo pola mañá ás 11:30 h enganchada tamén regular na Conferencia Bezouqueira no pavillón do Ceip Mosteiro Caaveiro da Capela , ante a que se aveciña o esquíu berzouqueiro busca terreo enxoito porque Canto máis se guinda a billa, máis xía. E como colofón final da xornada chegará ás terras da Conferencia NorLeste a mítica desputa polo Galo do Natal , a pista de Ove no Concello de Ribadeo é o lugar elexido se o tempo o permite e se non irase ó pavillón do Gregorio Sanz . Galo con Pedigree do Galiñeiro de Celeiro de Ginés , presenza de palanadores e palanadoras míticos na pista, chegada do Apalpador ás terras do Norte para a entrega dos premios .....alguén pode dar máis? o arrinque da xornada ás 16 h, «Vaite logo meu ninín ,/ marcha agora prá camiña/ que vai vir o Apalpador/ a palparche a barriguiña».

E por se non fora pouca película o xoves os aborixes do Salnés poderán ir facendo boca escoitando a B.S.O na festa que os Irmáns da Taberna da Cancela de Xil organizan no seu local apartires das 21:58 co espectacular concerto de DOLCE VITA , sons de cine que porán o disparo de arrinque a iste novo frutal find de loucura colectiva...

E NO NATAL...INTIFADA SIAREIR@S - LNB!!




E xa collemos impulso para o día de Natal unir o noso puño ás mans Palestinas que ise domingo desputaran fronte á Galiza no Campo dos Remedios de Ourense o partido de futbol organizado polos irmáns de Siareiros Galegos. Como non podía ser doutro xeito ás 12 da mañá na Praza da Magdalena da cidade das Burgas poderedes quentar as bonecas para a Intifada participando no III Aberto de Bilharda da Auténtica no que o campión ou campioa levará o xa tradicional e explosivo coctel de Licor Café para quentar o corpo antes da treboada...