O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, janeiro 28, 2010

COMEZA A CONTA ATRÁS >> BILLARDA ESCRÍBESE CON M DE MEIRA!!



Combulsión absoluta en toda a LNB , se fai unhas semanas a revolución billardeira penetraba nas terras virxes de Bueu consolidando a súa proposta por todo o alto no Morrazo iste vindeiro domingo 7-F a tribo da Conf. NorLeste dá un paso máis ó fronte e invade por primeira vez a tan desexaba xungla de Meira . Da man dos irmáns e aborixes da asociación cultural M DE MEIRA as billardas racharán o ar da chaira luguesa asubiándo tan forte e poderoso coma o carro do poema de Manuel María na voz de Fuxan os Ventos . Moita atención porque hai fame de billarda na chaira e xa nos chegan novas que pode ser un dos Abertos con maior poderío xa que a Praza do Convento vai ser un espectacular mar billardeiro donde van conluír os afluentes billardeiros da chaira, o poderoso río lugués dirixido polo comando MADIA-LEVA e un inmenso rego de palanadores e palanadoras chegados dende o carazón fervendo da Mariña de Lugo , todos eles loitando por un Lacón e pola consolidación brutal dunha proposta , a billardeira, que non se detén ante naide nen ante nada..... se nos oitenta uns pijos afirmaban que Madrid de ecribía con V de Vigo, no século 21 a tribo-LNB aposta firmemente pola contra-movida: isa que afirma que Billarda escríbese con M de Meira!!

quarta-feira, janeiro 27, 2010

A GRAN MASCADA BILLARDEIRA PREPÁRASE PARA INVADIR O PAÍS ENTEIRO!!


Materazzi o polémico xogador do inter deu o pistolazo de saída para que os palanadores e palanadoras vaiamos amoldando a cara á nosa carantoña que iste entroido luciremos. Ademáis do salvaxe central italiano que tivo que pedir desculpas ó propio presidente italiano pola súa carantoña xenial para celebrar unha victoria , dende as ondas do referencial programa Acuto emitido dende un zulo en Asturies , temén se nos ven inducindo maxistralmente á inmersión mascareira despois dos espectaculares especiais radiofónicos que o poliédrico machetador Carlos Suari realizou sobre "Les Mascaraes" que están a coller un pulo brutal no país veciño.


Edicións de libros sobre as diferencias e similitudes entre as distintas máscaras ibéricas nas que Galiza ten unha referencial posición sobre todo co exercito entroideiro ourensá como se pode ver na mostra ibérica realizada en Lisboa, lévanos a convidarvos a que acodedes mascarados a todos e cada un dos Abertos LNB pero non só en entroido senón durante todo o ano, ademáis de ter preparada unha careta de presidente , deputado , rei, alcalde , ministro.... para tipo Materazzi celebrar o tan desexado Varado.....LNB Mascarada , LNB Respeitada!!

terça-feira, janeiro 26, 2010

POR FIN PADEL EN BARREIROS , E NÓS CON ISTES PELOS!!


Moitas veces un deporte inevitábelmente se cinxe a un determinado tipo de vida ou de sociedades que maioritariamente son as que o practican. O padel coma o golf, o polo, a formula 1....son actividades adcritas a entidades sociais polo xeral de perfil baixo, traballadores, autónomos , parados que combinan os tróspiros de caña na tasca coas partidiñas de Padel , supomos que será por iso , polo que o secretario de deportes da Xunta José Ramón Lete e o alcalde de Barreiros se decidiron a rascar o peto para por riba da mesa un feixe de miles de euros para que os máis desfaborecidos dista sociedade poidamos desfrutar dun deporte tan popular nas terras do norte coma é o padel.


Non atopamos as verbas para agradecer tanta solidaridade, se fai uns meses comentabamos a macro infraestructura criada en Lugo para criar un espectacular campo de de Beisbol , non podemos máis que voltar a enorgullecernos ó ver que por fin temos unha gaiola en Barreiros na que poderemos xogar ó padel na mariña con dignidade madrileña. Pola contra se decides xogar á billarda vai preparando o ferrari e o traxe de armani porque para ricachóns cama ti iste goberno non atende....que abran a porta de gaiola e botemos unha partida :as nosas brosas contra as vosas palas!!

segunda-feira, janeiro 25, 2010

FILLOAS DE SANGUE SACAN O COITELO NA 3º XORNADA DA CONF. NOROESTE!!


Como xa sabedes na LNB afrontamos con intensidade sobrenatural o tempo da matanza, se fai unha semanas na Conf. Centro xa se desputaba o Aberto da Cachuca , en compotela iste venres o I Aberto do Agro servíu a Reyes a gran campiona do Manoxo de Nabizas de motivación extra para a moi próximo xa Torneo do Lacón a desputar na ate agora terra virxe de Meira. Pero como xa é norma nista tolemia chamada LNB todo ten un desenlace a iste pasado domingo 24 no Frontón de Riazor os rapaces da franquicia coruñesa Filloas de Sangue confirmaron a súa progresión e pegada asaltando o liderato na táboa de franquicias pese á súa gran estrela en Varados Roi non poder anotar nen un dos seus temidos xostregazos. Atención porque saltan as alarmas nos Xarutos que se quedan sen chisqueiro e ven como son superados polos Tarabelas, 3 xornadas camiñadas xa no NorOeste e a tensión córtase xa cun coitelo de matar dos porcos para afrontar o vindeiro 14 de Febreiro unha nova xornada nista histórica conferencia que colle ritmo e brío a cada paso que realiza , ponte en contacto e únete á serpe multicor se está na área de cidade da Coruña: anxo@aol.es

E para completar iste espectacular arrinque de ano , inevitáble sumerxirse no myspace dos irmáns Projecto Trepja que teñen alí guindado a súa espectacular aportación á República Billarda , un explosivo cultivo-sonoro de loops , samplers e estelas que sitúan a iste disco de apoio á revolución billardeira na punta de lanza das mostras de etno-trance europeo. Monzo, A Máquina de Meter Medo, Bilharda.....a Banda Sonora perfecta para cociñar as túas poderoas filloas de sangue niste contexto de fame e ilusión sen límites!!

sábado, janeiro 23, 2010

REYES VENCE NO "I ABERTO DO AGRO" E LEVA DE COMPOSTELA A RIBADEO O GRAN MANOXO DE NABIZAS!!


Billardeando baixo a auga podería ser o subtítulo diste espectacular Aberto celebrado na Alameda Compostelá no marco das actividades organizadas polo irmáns de Adiante : A mocidade galega na defensa do agro!![escoita akí a Brais en radiofusión] . Unha carpa para resgardarse mentras non chegaba a hora do turno de golpexo foi o único escudo posíbel ante a chuvia de proxectís que o ceo nos enviaba. Unha final a oito para axilizar o máximo ante a molladura convertía á gran palanadora dos Outros Reyes na campiona absoluta e posuidora do tan codizado manoxo de nabizas de Adiante, un luxazo para condimentar o caldo co que Reyes voltará saborear o doce sabor dunha gran victoria.

Despois de desputar a histórica final baixo a chuvia tamén en Foz no Aberto dos Chicharros Lañados , despois de meterse an clasificación de varados , Reyes palanadora da Conf. Noleste , confirmou a súa meteórica e poderosa progresión billardeira vencendo nun Aberto Nacional como era iste do Agro. TELE-VARAL apresenta o últomo asalto do Norleste donde Reyes non puido facerso co polbo da pedra pero quentou motores para facerse co manoxo de nabizas...moita atención tamén ó poderío comunicador de Xosinho , coñecido xa popularmente coma o folhoneiro da LNB!!


FOTO GALERÍA: I ABERTO DO AGRO!!



Fotos de urxencia enviadas por Toño dos furabolos que non podía crer a intensidade brutal dos palanadores e palanadoras que desputaban a cara de can un manoxo de nabizas a ceo aberto ante a brutalidade da chuvia.


Ademáis o triunfo de Reyes acada unha dimensión brutal cando entre a nómina de competidores aparecen nomes coma o de Xan Rodiño, unha das grandes estrelas nacionais do noso deporte, Xosé Miguel da Faisca ou Daniel capitaneando unha expedición de absolutas estrelas dende o norleste.


Adiante pois .....ide preparando paláns e billardas porque isto non para!!

quarta-feira, janeiro 20, 2010

ISTE VENRES 22 A POLO MANOXO DE NABIZAS NO I ABERTO DO AGRO EN COMPOSTELA!!


Dende o Noroeste chegan inquietantes revelacións..... pode que iste venres 22 no Aberto do Agro na Alameta de Compostela o povo Na´vi se una á tribo LNB , por primeira vez a LNB fai unha chamada á comunidade vexeta a unirse a un aberto de billarda no que o leite e as nabizas priorizarán os nosos xostregazos. Inscripcións previas e posibilidade de dormida para a noite do venres ó sabado para asistir ó concerto: 881.959789

Como podes acreditar neste documento, a febre bilhardeira racha coas barreiras cósmicas.
Podemos observar como, um integrante do povo Na'vi, terma dum palám, si, si, de um palám.

domingo, janeiro 17, 2010

RESUMO DA XORNADA: COLLE AIRE E RESPIRA!!

Respiras? entón eres acpt@ para unirte a ista revolución imparábel da LNB, foi iste un find. dos que deixan pagada e Radio-Varal dá fé delo coa incursión de novo no cerco radiofónico da Tarde da Radio Galega, os catro frontes de conferencia abertos nos que case se nos corta o alento con tanta intensidade xa que foron os varios os palanadores e palanadoras que necesitaron o boca a boca para oxinenarse ante a magnitude do que está cocendo, vai o resumo de urxencia:

- Aberto de Bueu , Conf. Sur : Estreo o sábado por todo o alto nista vila do Morrazo que recibíu desexosa de paus ós máis de 80 palanadores e palanadores que desafiaron o mal tempo no pavillón municipal, final entre Xosé Miguel e Xosé Otero coa victoria final para o Otero dos poderosos Pincharango .

-Aberto de Sada, Conf. NorOeste: xornada matutina no domingo con expreso de chocolate a pé de pista para entrar en calor baixo as euralitas do pavillón municipal ,consolídade a proposta nista conferencia histórica que xa vai collendo ritmo e regularidade pese as dificultades de espazo nunha cidade coma A Coruña. Final de infarto entre Anxo e Roi e victoria final para o palanador local Anxo que non quixo defraudar á súa parroquia aínda que tivo que esforzarse ó máximo para desfacerso do palanador dos filloas de sangue.

-Aberto do Polbo, Xove Conf. NorLeste
: instalacións impresionates na que se desputou iste Aberto na conf. mater, os palanadores lociais do Club de Bolos Xove defraudaron á súa parroquia ó non meterse nengún nunha final a tres que desputaron Eric, Daniel e Xermán, ó final o polbo vai para a cazola de Daniel , o Billardeiro Musical xa tiña fame despois de dúas finais en seco nista terceira non deu tregua e será el quen mace o espectacular polbo. Destacábel a solidaride reinante entre os palanadores xa que o comando lugués dos Madia-Leva chegou a Xove nun coche prestado por un palanador que se víu indisposto despois dunha longa noite de festa.

-Aberto da Cachucha, O Pino , Conf. Centro: un dos grandes referentes do noso deporte nista nova década leva o o nome de Xan Rodiño, campión do Aberto da Auténtica e militante xa a tempo parcial na conf. sur ten na conf. centro o seu lugar natural, todas eran conxeturas nun Aberto a cuberto donde Xan e varias das estrelas da estornela non poideron desenrolar o seu xogo en plenitude, triunfo final do Trouleiro Rubén que fai que os poderosos Furabolos non durman tranquilos ate o próximo asalto se queren continuar liderando a clasificación de equipas nista conferencia que iste venres 22 acolle no seu seo o I Aberto do Agro , a polo manoxo de nabizas!! na Alameda Compostelá a partires das 16:30 h. Adiante!!

quinta-feira, janeiro 14, 2010

BUEU , O PINO , XOVE , SADA...O FURIOSO FUNGAR DUNHA AXENDA A FUME DE CAROZO !!


Danzas de guerra , machas verdes, quinibillarda, tendencias na moda para iste primavera-verán e un feixe de novidades máis ....o estreo da LNB en Bueu non pode estar máis plagado de condicinantes para facer diste Aberto un episodio épico máis da nosa da indomábel serpe multicor. A cita iste sábado no Pavillón do Beluso , únete á tribo da resistencia billardeira!! >> contacto directo: 647.190789 . E final de festa no centro social Almuinha artífices máximos dista novo machuco billardeiro en terras do Morrazo.


E se eres dises que xa lles ves as orellas ó lobo antes de partir cara o pavillón de Arca no concello do Pino, reláxate porque o que verás será unha espectacular Cachola pero de Porco , xa que o tribo da Conf. Centro non quere dar tregua ó carabullo nen ó bandullo e despois das inxestas do nadal xa só pensan en adaptar corpo e golpexos á mutación antroideira de desntro dunha semanas. A Cita a partires das 16 h>> contacto directo: 660.268654


Polo de agora nunca se pensou nunha mascota que saíra ás pistas da LNB animar ó publico e palanad@s , mais a opción que aporta a referencia tribo da Conf. NorLeste apostando por un elemento tan identificador coma o Polbo abre as portas á posibilidade que sexa iste cefalópodo o que salte ás pistas e ás rúas como elemento identificador dista revolución para exemplificar incluso ante as autorides deportivas os milleiros de brazos diste noso furioso fungar. Polo momento ás 16 h. vai ser a hora e Xove vai ser o lugar no que Polbo e Billarda se atopen por primeira vez....se te atreves un polbo agarda por ti en Xove>> contacto directo 636.843377


Intres duros en Haiti e no resto do mundo, se fai unhs semanas nos solidarizabamos con Aminetu , non podemos agora mirar para outro lado como fan as institución galegas ante o berro deseperado diste veciño de Abegondo en Folga de Fame diante do parlamento galego. Xosé Manuel Portero atópase atrapado no infinito labirinto xudical condeado pois a realizar medidas extremas para deixar ouvir a súa desesperada voz. Folga pero por desgraza non de fame é a que realizan os funcionarios do Frontón de Riazor polo que a tribo do NorOeste se desprazará ate o Pavillón Municipal de Sada para en sesión matinal dende as 11:30 h. realizar o seu segundo aberto puntuábel, únete á serpe multicor do NorOeste>> contacto directo: 627.310434

AXENDA NA RADIO GALEGA:


E para rematar a xogada , a LNB volta ós micros da Radio Galega para anuciar a descomunal axenda dista find. que terá continuación o vindeiro venres 22 no Aberto do Agro na Alameda de Compostela , ás 18:45 sintoniza o teu transistor e prepárate para sentir o alento dunha revolución en marcha que xa prepara novidades cara ó desenlace final no Play Off Nacional de Conxo. Adiante!!

quarta-feira, janeiro 13, 2010

TACÓN , PUNTA , TACÓN , EN BUEU E NO RESTO DE PISTAS DA LNB .... QUERO BAILAR!!


Xa anunciabamos que a Conf Sur no seu estreo en Bueu non ía desaproveitar a ocasión para sorprender unha vez máis cun dos seus desconcertantes condimentos , bailade malditos bailade!! é unha consigna que coma a adictiva Quinibillarda amiaza con espallarse ó resto de conferencias da LNB, desfrutade dista primiera edición do Vai de Baile Ceive da LNB coa engaiolante danza latina de Jorgi Gil-Dan e co endiañado Viana Travolta, é por elo que nista find. cos catro frontes abertos na LNB , agardamos pois, tanto en Bueu coma no resto de pistas que os palanadores e palanadoras movan o esquelete ó ritmo dos golpexos e das sesións dos respectivos LNB Sound Systemas a pé de pista.

-Atención, nota de última hora para a tribo da Conf. Nooeste:

Por folga no frontom de Riazor, desprazámonos ao Pavilhom de Sada o Domingo ás 11:30 h.

terça-feira, janeiro 12, 2010

MACHUCOS DOBARRISTAS E INXERTOS BILLARDEIROS, "Eu Lost For Life"!!


Era de agardar que a LNB botara man dos espectaculares machucos dobarristas para ilustrar nista explosiva semana a combusión absoluta en forma de brutais inxertos sonoros e billardeiros que se van dar polo país adiante cando chegue a fin de semana. "Eu Lost For Life" ou de cando Andres Do Barro tocou con Iggy Pop para a BSO de Trainspotting é a presentación diste machuco que o cociñeiro sonoro que se esconde baixo o alcume de Ultramarinho nos amosa na capa diste explosivo video estalo.


Machucos billardeiros que tamén algún día ultramarinho terá que meter man pero misturado con pota e tixola antes de servilo nos pratos, atención porque os ingredentes xa coñecidos para o lume da lareira son os seguintes: A Cachucha de porco que se xogará no Pino iste domingo termeos que misturarlle o espectacular Polbo da Pedra que se desputará en Xove na conf. Norleste, unha mistura explosiva á que lle temos que engadir os condimentos aínda descoñecidos pero seguro que sorprendes cos que sorprenderán os palanadores e palanadoras no Aberto puntuábel da conf. sur en Bueu e do Torneo puntuábel no frontón de Riazor na Conf. NorOeste. Pero moita atención porque ó igual ca Dobarro tocando no camioneto nas ruas de compostela se mistura cos rapaces Trainspotting fuxindo nas rúas de Edimburgo , o gran prato forte dista estación dobarrista vai ser a convercencia billardeira co Agro galego xa que o gañador do Aberto do Agro do venres 22 na alameda de compostela vai levar un espectacular manoxo de nabizas apañado en exclusiva para o campión ou campiona diste Aberto Nacional polos irmáns de Adiante, Adiante Adiante!!... e Adiante a revolución LNB no agro galego!!

domingo, janeiro 10, 2010

COMEZA A SEMANA DOBARRISTA>> A BUEU , Ó PINO , A XOVE E Ó FRONTÓN DE RIAZOR!!


Se espectacular foi o peche de década coa celebración do II Aberto da Auténtica en Compostela realizado en colaboración dos irmáns de Siareir@s Galeg@s , agora niste vindeiro find, o chimpo que pega toda a LNB para escomezar o novo ano é de dimensións estratosféricas e marca un poderoso golpexo na mesa para arrincar andaina niste novo decénio que comezamos. A Conf. Sur marca a pauta e guiados pola gran xestión dos poderosos Almuinha de Marín que moveron fíos para iste sábado 17 estrear novo esceario , nada máis nen nada menos que a vila de Bueu, resoa agora máis ca nunca o temazo de Andrés do Barro aquí capturado na versión de The Elas donde Tosar fai unha mutación dobarrista antes de convertirse en reo da Cela 211. Atentos ás pantallas e ós webs de conferencia porque botan lume niste explosivo arrinque de ano, Bueu, O Pino , Xove e o frontón de Riazor serán as citas dobarrístico-billardeiras que terán a espectacular guinda co Aberto do Agro o venres 22 de xaneiro na Alameda de Compostela a partires das 16:30 h. Adiante e todos ó comboio!!

sábado, janeiro 09, 2010

A LNB SOLIDARÍZASE COS XOGADORES DE TOGO AMETRAIADOS NA SÚA GUAGUA!!


"Como capitán da miña selección nacional poido decir que se a seguridade non está garantizada, entonces quizais marchemos da copa de áfrica de nacións. É un partido de fútbol e un dos maiores torneos en África, pero non creo que a xente estexa lista para entregar súas vidas". Istas esran as verbas do dianteiro do Manchester city Emmanuel Adebayor despois de saír do hospital no Congo donde permanecen ingresados os feridos polo tiroteo que sufríu o bus da selección de Togo cando se dirixían a Angola desputar a Copa de áfrica que arrinca iste domingo. Variuos mortos entre os que se atopan o conductor da guagua , o porteiro reserva e varios membros de staff técnico son motivos sucientes para que os xogadores de Togo se cuestiones a súa presenza nista competición amiazada ademáis por máis ataques diste tipo.

-A GUAGUA DA LNB OU DE TOGO??



A LNB quere emitir unha nota en solidaridade absoluta cos xogadores da selección de Togo ametraiados para compartir xunta eles o intenso dor nistes intres de dureza máxima xa que como sabedes foron varios os intres nos que os palanadores e palanadoras da LNB tamén sufríron o acoso de noite e de día dos corpos armados. Dirixímonos ó capitan Adebayor para que escoite ós xogadores e equipo técnico que compoñen a expedición a Angola e que en base a iso tomen a decisión da súa continuidade na copa das nacións e que rexeite de pleno as presións que dende o goberno Togolés e Angolano están a recibir para continuar sen garantir a súa seguridade nunha competición na que as armas e os dólares fixeron o saque de honra. África pide billarda!!

quinta-feira, janeiro 07, 2010

BAIXA O MERCURIO PERO DISPÁRASE A INTENSIDADE CARA OS PRIMEIROS ABERTOS DO ANO!!


Atención , nista find de tregua billardeira pero na que o temporal azouta , ademáis dos paláns e billardas que sempre levamos nos carros ,recomendamos ós palanadores e palanadoras meter cadeas e demáis artiluxos necesarios para combater a friaxe e o desexo , que xa se sabe que cando o frío é moito máis necesario ca nunca é o propio e primario calor humano. E para que vos vaiades quentando xa de vez podemos anunciar a gran nova que o vindeiro venres 22-X confirmanos xa a gran participación da LNB cun espectacular Aberto de Billarda na propia Alameda Compostelá na semana da Mocidade en Defensa do Agro Galego repleta de actividades organizada polos irmáns de ADIANTE e que rematará o sábado cun espectacular concerto de Sacha na Horta , Machina e os Tres Trebóns. Atentos ás pantallas porque baixa o mercurio pero sube a intensidade!!

O XACOBEO PATROCINA HOMES-MONO COMENDO PRÁTANOS NAS NOSAS RÍAS E ESQUECE ÓS DEPORTISTAS GALEGOS DE SEU!!


Fai moi pouco viamos nas rúas de Barcelona dúcias de activistas encadeados contra a explotación dos animais nos circos , é pois que poderiamos comezar a pensar tamén na encadearnos fronte o despilfarro brutal que supón utilizar deportistas excluídos da competición oficial por motivos de dopaxe no gran circo mediático do xacobeo amparado baixo os falsos e patéticos paradigmas de xesta deportiva. Realizar a travesía a nado de algo máis de 20 kilómetros pola ría de Arousa remontando o río Ulla ate a localidade pontevedresa de Pontecesures para convertirse no primeiro peregrino en realizar o Camiño de Santiago a nado rememorando a Ruta Marítimo-Fluvial pola que supostamente chegou o Apóstolo Santiago a Galiza no ano 44, é algo fenomenal se o fixese por devoción ou por gosto propio como o fan o resto dos peregrinos, pero cando cada brazada lla temos que pagar todos os galeg@s a prezo de estrela de rock mentras come prátanos de canarias no medio da ría de Arousa é un insulto a tódolos deportistas dignos e legais diste país. Xacobeo never more!! berraban os Túzaros nun dos seus míticos temas , e xa podemos engadir ...nen prátanos de canarias nen homes-mono enfundados en neopreno nas nosas rías!!

quarta-feira, janeiro 06, 2010

E DESPOIS DO NATAL , A ORDES Á FESTA DA GALICOLA E Á CASA DAS ATOCHAS Ó HOLOCAUSTO NUCLEAR!!


E para queimar as kalorías pilladas niste natal , roscón de reis incluído , ofrecemos unha espectacular táboa de quencemento antes que o vindeiro find reenganchemos cos Abertos puntuábeis nas competición regulares. Iste sábado se estás ou pasas por Ordes tes unha cita inexcusábel coa primeira festa da Galicola no Pub Arcos da man dos irmáns de Foucelhas , Toma nota para que as burbullas e as danzas de guerra inauguren iste nova década de jihad billardeira:

Para o sábado, dia 9, tés umha cita no Pub Arcos em Ordes. Às 22h00 começarám os concertos promocionais da Galicola, o refresco que destina todos os seus ganhos à promoçom da língua galega. Para a ocasiom contamos com as actuaçons de:

-Carlinhos Gende, desde Cerzeda, o pioneiro do beat box na Galiza.
-Garcia de Dios Ke Te Crew, outro artista da "paróquia" que nom necessita apresentaçom.
-Leo i Arremecaghoná, poeta, músico e cantante que criou um estilo totalmente próprio.

VENRES 8 , OS FRISCOLLOS NA CASA DAS ATOCHAS DA CORUÑA!!


E coma gran previo da festa Galicola nos territorios da conf. centro o día antes , o venres 8 , temos outra cita ineludíbel para os aborixes da conf. NorOeste que aínda se están recuperando da gran manifa vivida fai unhas semanas na cidade da Coruña contra o peche do Centro Social da Casa das Atochas, unha fervedoiro de cultura alternativa que iste venres vai ter coma prato moi forte a presenza duns sorprendestes Friscollos, música de bar para comezar unha find cuns incríbles herdeiros directos da forza e sinxeleza do mesmísimo Dominique A, toma nota:
Data: venres 8 de xaneiro
Hora: 21.00 horas
Espazo: CSO Casa das Atochas
Enderezo: rúa Atocha Alta, 14, Montealto
concerto OS FRISCOLLOS (A Coruña)

terça-feira, janeiro 05, 2010

OS PALANADOR@S PREPARAN ILUSIOND@S OS SEUS ZAPATOS!!


Moitos son os palanadores e palanadoras que preparan xa os seus zapatos para recibir ós reis como é debido nista noite de ilusión para os máis cativos. Se ademáis eres dos que lles deixas leite e abitoiamento recorda que non vai ser por un só día no ano que te portes ben che van deixar o que ti pediche , para outros que foron maos e ruíns durante todo o ano iso xa non é un problema xa que saben de antemán que nen sequera carbón lles deixarán para realizar unha churrascada, é por elo , que sexa para que os maghos deixen os seus regalos ou para arrebolárlleos cando se esteñan achegando á túa casa vai preparando nos zapatos , zocas ou katiuskas coas que vas recibir ás "súas maxestades".

E ULTRÄQÄNS INTRODUCEN A PANTASMA REPUBLIQÄN NA CABALGATA DE OURENSE!!


Ulträqäns, grupo xa con pasaporte da República Billarda, terá representación na cabalgata dos reixes pola tarde en Ourense. Si senhores os reixes van a ser destronados pola musica repubiqän dos ulträqäns xunto co grande poder da charanga dos veraneantes. Abaixo calquera forma monarquica, ainda que nos agasallen con carbón de sucre ou unha videoconsola!!!!!!!!

sábado, janeiro 02, 2010

A LNB ARRINCA O ANO SENTINDO A CHAMADA DA GANDUJA NAS TERRAS DO BIERZO!!

Arrincamos o ano coa forza da embestida dun boi da chega, o presente é noso e o futuro naide nolo poderá arrebatar , ademáis foron un feixe os estalos os que chegaron ate o Varal emocionados nistas primeras horas de ano despois de ler a intensa entrevista co antropólogo e músico berciano Tomás Rodríguez publicado no Portal Galego da Língua no que despois de percorrer os carreiros de sufrimento na súa xuventude motivados da exclusión social polo único e gravísimo pecado de sentrirse galego de fala e nación remata a intervención cunha batería de respostas na que afirma orgulloso ante a pregunta de cal é o seu desporte preferido: A ganduja, que por aqui (e por ali) chamam bilharda. Simplemente emocionados e dispostos a que ninguén máis teña que sufir tamaño atropeio e marxinación polo feito de sentirse galego a LNB xa comezou as xestións para tentar realizar o primeiro Aberto LNB no Bierzo e dar alento así á opción totalmente lexítima de sentirse galego en plenitude.
Nunca búsqueda rápida a un vocabulario bercián xa atopamos: Bigarda/Billarda:Juego típico de ésta Tierra al que jugaban los pastores,jovenes y adolescentes en ratos de ocio. ( teremos pois que redefinir ista pobre definición engadindolle a loución" y galleg@s inadaptados al yugo castellano-leones")