O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, fevereiro 27, 2010

O OPERATIVO MÓBIL DA LNB ESTARÁ NO ALL STARS PARA CAPTURAR GRAVACIÓNS DE ETNO-FOLK BILLARDEIRO!!


Alerta vermella nun país que non sabe ben o que lle ben enriba , unhas horas antes da tormenta e mentras os irmáns da Almuinha celebraban o seu segundo aniversario cunha xornada de merecida festa , producíase un dos intres que quedarán gravados no subconscibnte común . Para ista xoia a LNB utilizou un perativo móvil para gravacións de campo con calidade excepcional que tamén será utilizado no Billarda All Stars do Pino iste 7-M para gravar varias aportacións do mellor e máis brutal etno-folk galego á República Billarda.

A CORAL DA LNB E MAFIA GALEGA GRAVAN DÚAS ESPECTACULARES VERSIÓNS DO HIMNO DA AUTÉNTICA PARA O REPÚBLICA BILLARDA!!


Non sabemos se Xavier Cordal cando sementou no papel a súa poética para realizar o Himno da LNB podería imaxinar que da súa trincheira en Castro de Rei o Cantar da Auténtica racharía con todos os chantos posibles e imposibles: do seu estreo a gorxa viva na III edición da Copa Cantábrica ó exilio europeo nun zulo suizo para fai tan só uns días coñecer o espectacular, reiteramos, espectacular estalo en forma de explosiva versión coa que nos agasallaros os referenciais Mafia Gallega que dende Xenebra envían ista poderosa aportación para o República Billarda que en primicia absoluta se estreará no Billarda All Stars do Pino. Pero a LNB xa levaba ensaiando en varios Abertos unha versión coral que iste día de tormenta tivo a súa defitiva versión con gaita e percusión galega e as espectaculares voces da gran Coral LNB de Ribadeo que amiaza xa con pasear o Cantar da Auténtica mesmo no Royal Opera House de Londrés. Os afortunados que puideron ter acceso á istas dúas versións do himno afirman que ó final de cada escoita tardas máis de dous días coas súas noites en que se che vaia pel de galiña. Prepara a gorxa, pandeireta , gaita....calquera instrumento que non necesite electricidade porque a LNB leva ó ALL STARS o seu operativo móbil para que poidas realizar o teu etno-estalo billardeiro para o disco da República Billarda.

quinta-feira, fevereiro 25, 2010

ALL STARS_2010 , A GRAN REPICHOCA BILLARDEIRO-MUSICAL QUE VAI FACER TREMER O PINO!!


Coa espectacular B.S.O da actuación do irmán Projecto Mourente retransmitida en directo dende a Sala Nasa polo programa Planeta Furancho da RGM lanzamos iste estalo de embergadura musical para espallar que a Conf. Noroeste xa anucia a súa poderosa presenza no Billarda All Stars do Pino e non o farán só armados con paláns e billardas senón que os palanadores-maghua traerán as pandeiretas coas que interpretar xunto ó LNB SOUND SYSTEM a explosiva cantiga de apoio á LNB . E se andas pola Coruña iste venres pola tarde e che coincide preto do Bar Repichoca non dubides de entrar xa que de 17 a 19 os irmáns de MAGHUA gravarán un de segura explosiva actuación para o programa da Galega "Alalá" e que dará o pistoletazo de saída a unha intensa xira da que informaremos polo miúdo dende istes regos escritos e que terá o seu prato forte coa actuación na Sala Nasa donde agora mesmo Mourente danza baixo os eucaliptos- Ademáis a tribo do Noroeste está a ser victima inocente da folga dos funcionarios de instalacións deportivas polo que non se sabe ate última hora se iste domingo haberá enganchade no Frontón de Riazor en Sada ou no espectacular novo fronte que se abre no NorOeste , tomade nota porque Carral entra en xogo con franquicia propia e adoecendo por ser sede dun gran Aberto.

ALL STARS_2010>> A RESPOSTA ESTÁ NO AR!!


É ben difícil por a todo un país dacordo con algo, sen distinción de ideoloxía, razas ou relixón a deputada española rosa díez insultou moi gravemente a todo ser humano galego de nacemento ou adopción , a representente de upyd feriu por segunda vez xá ó ser galeg@ na súa máis primaria das esencias. É por elo que a LNB non pode quedar de brazos cruzados e estúdase billardear de xeito masivo os improperios antigalegos dista señora durante o concurso de Varados do All Stars_2010 , as billardas xa están no ar na busca dos teus fuciños!!

quarta-feira, fevereiro 24, 2010

7 DE MARZO , CONCELLO DO PINO>> VENTE Ó BILLARDA ALL STARS E COMUNÍCA!!


Os pilares da gran revolución LNB na que hoxe estamos inmersos , sen dúbida frauguáronse nos míticos ALL Stars da Zapateira ( Na Coruña) sen ise compromiso e paso diante que a histórica Conferencia NoOeste deu para recibir baixo as euralitas do pavillón Coruñés nada do que hoxe desfrutamos tería acontecido, sen dúbida algunha. É por elo que a LNB desexa que a semente de victoria que sempre impregnou ista xornada das estrelas se espalle en tódalas edicións de xeito perpétuo, polo que mantendo a esencia das anteriores edicións trabállase a reo para dinaminazar aínda máis o concurso de varados e facemos xa un chamamanto masivo para que os palanadores e palanadoras vaian preparando os seus mates para un concurso que promete rachar moldes. E como non podía ser menos para o serán realizamos un chamamento masivo a todos aquelas persoas de xeito individual ou colectiva que desexen coñecer e introducirse ou introducir na súa vila ou parroquia , festa ou festival un Aberto LNB non terán mellor ocasión de facelo que acudinado ista 7 de Marzo ó Pino xa que aquí estarán palanadores e palanadoras de tódalas conferencias cos brazos e orellas abertos para ir confirmando datas e sitios para un espectacular circuito de verán que xa bota po fóra.

LNB SOUND SYSTEM CON MICRO ABERTO PARA O SLAM-BILLARDEIRO!!

Un exemplo delo é a xente do Festi-folk de Mugardos que anunciaron xa a súa sistencia e implicación total no All Stars para que as billardas bruen ó caron das gaitas na edición diste ano e se queden para sempre no seu referencial festival , ademáis a LNB non pode ollar cara outro lado ante o inaceptábel acoso policial que os irmáns do C.S Foucelhas de Ordes están a sufir polo simple feito de organizar actos culturais e formar unha equipa LNB ademáis de coordianar un dos Abertos que será referenciais no circuito de Verán o Aberto da República Galega 27-6-31 . Foucelhas e calquera colectivo ou entidade individual que o desexen terán acesso ó micro do LNB SOUND SYSTEM para expresarse a pé de pista nisas improvisadas sesións de slam-billardeiro que xa carcterizan cada acción billardeira. Vente ó all Stars e comunica: ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 22, 2010

VEGANOS, CARNÍVOROS, OMNÍVOROS E CANÍBAIS TODOS TERÁN ESPAZO NO GRAN XANTAR DE IRMANDADE DO ALL STARS!!


Non comecemos xa a lambernos as moas!! , antes de meterlle o dente ó espectacular menú que nos agarda xusto ó carón da Pista do All Stars do Pino necesitamos como ben sabedes aproximar o máximo posíbel o números de comensáis, é por elo que recordamos a toda a tribo que se dirixa ós coordiandores de conferencia para anotarse nun xantar que roldará os 12 euros . Un xantar e un Billarda All Stars como sabedes aberto á participación de tod@s que están e o lugar perfecto e axeitado para todos aqueles que desexan estar e entrar nista revolución imparábel que se espalla no país coma o lume na herba seca. A LNB ultima un espectaclar programa de actos para iste 7 de marzo deixar no Pino unha fonda semente de victoria coma se fixo nas anteriores edicións do All Stars na Coruña e de Ourense , afía as túas billardas porque unha soa non vai aguantar o feixe de xostregazos que vas ter que arrear!!

sexta-feira, fevereiro 19, 2010

A SERPE DE CARROS CARA O ALL STARS SITÚA O RETROVISOR ANTES DE INICIAR A MARCHA CARA Ó PINO!!


Na boráxine dunha infinda fuxida cara diante que é a revolución LNB , convén de vez en cando botar un ollo polo retrovisor para non pegarse a gran ostia. Nun intre que xa rumban os motores da serpe multicor na conta atrás cara ó Billarda All Stars do 7-M no Pino a brisa do poderoso vento de cavarnadá empúranos ó frente e fainos botar un chisco a ollada atrás nun espectacular análise de presente, pasado e futuro disna nosa imparábel revolución na que estamos inmersos: ..... crear unha liga nacional con varias conferencias, all star, torneos, competicións parroquiais... Posibelmente houbese miradas condescendentes ou desconfiadas sobre o proxecto, unha aposta polo gozo do deporte que rexeitaba a ollada etnográfica e museística, que non quería teorizar para as librarías nin as bibliotecas, que fuxía de acabar pechado na etiqueta dos "xogos populares" (ámbito este moi importante, desde logo, mais diferente do deportivo e de competición). O tempo deulles a razón aos hoxe amos da billarda, convertida a LNB nunha realidade deportiva e cultural aberta e ampla, feita día a día desde a base, construída de abaixo a arriba, sen apenas apoios, e que soubo vincularse á cultura e aos movementos sociais sen supeditarse a eles, sumando e achegando unha mirada fresca, alegre, tamén combativa. Feble no económico, mais fortísima no compromiso e gozo dos seus xogadores e seareiros.[ le o estalo íntegro akí ]

quinta-feira, fevereiro 18, 2010

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O "BILLARDA ALL STARS 2010" NO CONCELLO DO PINO!!


Despois de tanta emoción nas pistas de cada Conferencia chega o tan desexado primeiro gran estalo Nacional , donde se vai tecer a descomunal tearaña billardeira que é hoxe a LNB. E como non podía ser menos , son, outro ano máis , os encarapuchados da LNB os encargados de facer saltar todas as alarmas para comezar a excitante conta atras cara o vindeiro 7 de Marzo na Pista do Marquiño do Concello do Pino desputar unha nova edición do Billarda All Stars. Atentos ás pantallas porque apresentaremos o explosivo cartaz de actos con dóbel sesión de mañá e tarde. É por elo que chamamos á coordianción de accións en tódolos frontes, búscase coma sempre a participación de representación das catro conferencias , nista edición ademáis máis importante ca nunca xa que se vai por en marcha a Mesa Nacional da LNB , un órgano referencial para abranguer de xeito óptimo os grandes desafíos deportivos e sociais nos que está inmersa a tribo LNB. Comeza a conta atrás para ir organizando as serpes de carros dende as conferencias, incluida a Norleste que ista vez acudirá ó Pino ó bravo coma o resto dos palanadores e palanadoras, ademáis pedimos xa que os coordinadores vaian aproximando o número de asistentes para o xantar de irmandade e facilitar así a xestión dos irmáns Furabolos.....fungan xa as billardas cara o Pino!!

domingo, fevereiro 14, 2010

A SERPE MULTICOR DISFRÁZASE DE INSECTO NO VIDEO-ESTALO FOTOGRÁFICO DA CONF. CENTRO!!


E como a gran serpe multicor da LNB tamén se disfraza impresionate o video-estalo fotográfico que nos chega dende o web oficial da Conf. Centro donde cunha B.S.O dos sempre impactantes Cempés ao vivo desmenuzan nun moi emocionante e preciso análise os entresixos do pasado Aberto da Pontraga, no que o palanador da Gentalha do Pichel Xosé Miguel , se fixo co tan desexado lacón da área estornela. Atentos porque nista conferencia xa se ultiman os preparativos para que a gran serpe multicor acuda en masa ó concello do Pino o vindeiro 7 de marzo desputar o Billarda All Stars 2010 , prepárate porque estás convidad@ a formar parte diste indomábel universo de estrelas!!

RUBÉN OTERO E GIL RAIÑAS ABSOLUTAS DO ENTRUDO BILLARDEIRO EN PONTEAREAS!!


Descomunan entrudada a celebrada en Ponteareas iste sábado cunha morea espectacular de premios non só para os primeiros clasificados no Aberto senón tamén para os mellores e máis disparatados disfraces , un exemplo absoluto de xestión dun campionato do que xa podemos adiantar que saíron uns froitos espectaculares coa ollada posta no vindeiro All Stars do Pino do 7 de Marzo.

Istas instantáneas son só un adianto da espectacular reportaxe con pelos e sinais diste referencial Aberto do Entrudo de Ponteareas, un sitio e un lugar donde ademáis dun descomunal entrudo billardeiro dista find varios palanadores lociais tiveron que soportar fai uns días a gran mascarada urbanística nisa vila que utiliza ate os máis miserables subornos coma único xeito de seguir adiante sen que nunca pase nada. Atención á actualización do web oficial da Conf. Sur porque vai botar por fóra!!

sexta-feira, fevereiro 12, 2010

O SAMBÓDROMO DE PONTEAREAS RECIBE Ó SALVAXE ENTRUDO BILLARDEIRO!!


Iste sábado nen o entrudo pode parar a revolución LNB, ó contrario a Conf. Sur coma demostraron outras veces o resto das conferencias atopa un firme aliado nista festa de orellas, filloas e mascaradas a eito. É por elo que hai chamado ademaís para que os palanadores e palanadoras acudan a Ponteareas disfrazados , para converter a pista do colexio Fermin Bouza Brei nunha micro-Laza no que as billardas substitúan ás enfurecidas formigas vermellas avinagradas. Todo listo e ademáis, con moi boas previsións climatolóxicas polo que se tes pensado disfrazarte de Tarzán ou Jane non vas ter nengún problema , tamén , a pé de pista , poderás selar o teu boleto da Quinibillarda, popularmente xa coñecido coma o pasaporte ó inferno dos multimillonarios.

SÁBADO 13-F , OS MONCHOS INVADEN A FUNDAÇOM ARTÁBRIA E FAN TREMER O NOROESTE!!
Ademais, iste domingo ven marcada coma fecha de enganchada na da Conf. NorOeste , confirmación : 627.310434 . E como o habitual é que as enganchadas nista conferencia se realicen nas mañáns do domingo no Frontón de Riazor , anunciamos un espectacular concerto que se realizará na noite diste sábado no espazo xeográfico do noroeste, concretamente son os irmáns da Fundaçom Artábria de Ferrol os que organizan unha explosiva e sempre necesaria homenaxe ós Ramones cun brutal concerto dos seus parentes galegos : Os Monchos ....1 , 2 LET´S GO!!

quarta-feira, fevereiro 10, 2010

DO PODEROSO ESTREO DA LNB EN BUEU Ó ABERTO DO ENTRUDO DE PONTEAREAS!!

Ponte cómodo , sube o volume e desfruta coa brutal viaxe porposta niste video-estalo polo cosmonauta catódico Pablo Sual que dirixe a sempre perigosa nave de TELE-VARAL cara o Aberto de Bueu celebrado fai uns días na referencial Conferencia Sur da LNB, olla os golpexos dunha revolución que abríu fenda por primeira vez nista vila do Morrazo, imperdíbel a tripleta de Oteros na entrega de premios , Rubén coma presentador , Otero Pincharando coma vencedor absoluto do Aberto e Otero coma concellal indíxena e palanador omnipresente que despois de abrir as portas á revolucion na súa vila natal colleu o carro de bois e plantouse en Meira para unirse á serpe multicor do Norleste na súa espectacular inmersión en terras Meiregas. Atención porque a tribo do Sur xa ten marcada nova data e novo punto de enganchada , iste sábado 13-F en Ponteareas II Aberto do Pateiro .....tod@s ó colexio Fermín Bouza Brei palán ergueito adiante co varal!!

terça-feira, fevereiro 09, 2010

LABREGOS E PALANADORES DA TERRA CHÁ , USAN CALCETÍNS DE LÁ!!


Preguntaba Rafa , un dos responsábeis do refrencial Festival da Chaira na Pastoriza donde xa case seguro se pode afirmar que haberá un explosivo Aberto de Billarda , se TELE-VARAL estivera en Meira. Para Rafa e para todos os aborixes da chaira vai adicado iste video-estalo do Aberto do Lacón , unha acción que invadíu as páxinas dos principais xornais lugueses e que iste mércores apartires das 14:30 h vai ter unha espectacular guinda coa voz da LNB penetrantrando nos fogares e palleiras atraveso das ondas de Cope de Lugo. Un feito que deixa en simpática anecdota a perrinche da cope de la costa naquel histórico Galiza-Alemaña. Ademais Cope Lugo ven de establecer contactos coa LNB para unha posible colaboración periódica, un feito que ven a fortalecer as intensas xestións que tod@s os membros da LNB fan en candanseu ambito de influencia para fortalecer cada un dos pilares dista revolución en marcha , ademáis xa podemos anunciar a espectacular xestión de Suso dos Remourlle-Bulls que conseguíu o abastecemento de Cervexa San Miguel de balde para todos os palanadores e palandoras nos Abertos da Conf. Norleste. Palán ergueito , Adiante co Varal!!

segunda-feira, fevereiro 08, 2010

EME E A LNB SELAN A SÚA ALIANZA CUN ESPECTACULAR ABERTO DO LACÓN EN MEIRA!!


Baixo o prisma do indixenismo galaico chega o espectacular FOTO-VARAL da invasión billardeira en Meira, un estreo por todo o alto nunha tarde na que se fixo história.


Da man dos aborixes de Eme de Meira a LNB artellou iste Aberto do Lacón que se convertíu xa en refrencia absoluta de como ten que ser o presente e futuro dunha revolución sen marcha atrás. Compromiso , intuición e vontade de encontro foron as máximas baixo as cales istas dúas entidades construíron un dos mellores Abertos de todos cantos se levan celebrado na Conf. NorLeste.


Un marco incomparábel para un coctel explosivo de pedra , madeira e emoción cuxa combinación fixo que algunhas vidrieiras foran víctimas dos danos colaterais de tanta paixón xunta.


Eme de Meira recibindo os apuntes teóricos da sección deportiva da LNB , mostra absoluta da súa total implicación para establecer unha comuna billardeira na terra cha luguesa con campo base na indomábel Meira.


Nacho de Eme de Meira desenrolando no Aberto do Lacón os seus coñecemenos teórico cara a isa tan desexada inmersión billardeira de Eme de Meira coma franquica estáble da LNB.


-alló? aquí Otero , estou en Meira no Aberto do Lacón en 3 horas estou en Bueu para cear. Impresionate, istas puideron ser as verbas de Otero , palanador da Conf. Sur que se atopaba por motivos familiares na Pontenova e que ó conectar a súa BlackBerry co Varal víu que a serpe multicor da LNB chegaba a Meira e non dubidou en pasar meterse na loita polo Lacón. Otero coma Xosé Miguel militante tamen no Sur e na Conf. Centro son a imaxe disa continua interconexión entre conferencias que vai ter a súa máxima expresión o vindeiro 7 de marzo no Billarda All Stars do Pino. E para iste 13-F , Otero e toda a tribo do Sur xa teñen sinalado o explosivo II Aberto do Entrudo en Ponteareas


Pero a LNB non quixo deixar de lado nen por un segundo ós históricos palanadores de Meira que levaban décadas aparcando o seu vicio por mor dun esquecemento por imperativo social, a LNB con Salgueiro ó fronte , o noso máis carismático eco-palandor chegado de Burela non dubidou un intre en misturarse coa tribu de xoves experimentados do palán para realizar ise intercambio de coñecementos entre o deportista de alto nivel que é Salgueiro e a sabedoría inmensa dos experimentados palandores aborixes de Meira. Un luxo para toda a LNB poder compartir experiencias con todo iste inmenso arsenal de sabiduría.


Pero non só con billardas tremeu Meira, ó equipo de son dos irmán de Eme de Meira sumouse o espectacular son cadrofónico do Madia-Leva Sound System , Xenreira, Dios Ke te Crew, Grupo Oh ...foron só algunha dos traiazos que se soltaron polo mesmo altofalante que o speaker oficial Xosinho retransmitíu a intensa final depois que Toho e o comando Madia arranxaran os problemas técnicos antes da final a catro.


Franco, Ginés , Daniel e Chiclenho , cun espectacular dispositivo policial ás costas coma xa é norma en cada incursión da LNB non logrou provocar en ningún intre a ningún dos palanadores e palanadoras que desfrutaron dunha tarde de billarda e sol coma poucas, non podemos deixar de apuntar , o tamén sospeitoso control de vehículos ó final do Aberto que a policía tiña montado pouco despois da saída de Meira cara Bretoña, nun sitio donde naide recorda ver nada semellane.


Pero a grsn sensación do torneo sen lugar a dúbidas leva o nome de Chiclenho, iste palanador brasileiro da Franquicia Ceive da que tamén participaban os palanadores sen acabicornar coma Sak ou Otero da Conf. Sur situose nunha final contra tres estrelas absolutas da LNB e xogou as súas bazas póndollo moi dificil ó gran campión Daniel.

Daniel dos Billardeiros fai a súa segunda diana consecutiva despois de vencer no Aberto do Polbo en Xove e enfrontase no vindeiro aberto da Norleste en Mondoñedo ó tan desexado Hat Trick billardeiro que nen o gran Ginés dos Bulls foi de conseguir cando o tivo a tiro de pichón.


E por se non fora pouca intensidade ate tivemos acertante da Quinibillarda, Manuel dos Outros fíxose co 50% da recadación máis acumulado da xornada anterior . Atentos ás pantallas porque Tele-Varal foi testigo de excepción en Meira e atención porque nen a chuvia nen o vento que reinou na Pontraga nos vai privar de asistir ás imaxes dun Aberto do lacón na Conf. Centro que podemos de intitular coma palaneando baixo a chuvia.....Adiante!!

domingo, fevereiro 07, 2010

"XOSÉ MIGUEL DA GENTALHA" E "DANIEL DOS BILLARDEIROS" FANSE COS LACÓNS NUNHA XORNADA DE MÚLTIPLE IMPACTO!!


Coa noite enriba non podemos máis que tomar alento despois dunha xornada tan poderosa coma a que vimos de desfrutar para adiantar os nomes dos gañadores das dúas enganchadas simultaneas celebradas no universo LNB, A Pontraga na Conf. Centro e Meira na Conf. NorLeste situaron a Xosé Miguel da Gentalha e a Daniel dos Billardeiros Musicais coma posuidores dos dous lacón que a LNB tiña destiandos para os gañadores distes asaltos puntuábeis. Se na Pontraga as series finais se tiveron que desputar baixo paraugas en Meira obrouse a milagre e ate o final se desfrutou dunha tarda expléndida e sol e billarda. E atención porque se intensa foi a loita polos lacóns nas pistas de xogo, as xestión en ámbalas pistas cara ó futuro pódese dicer que foron históricas, comezando por unha nova que vai confirmar para sempre a presenza da LNB nas terras da chaira xa que a xente de M de Meira despois de xestionar un dos Abertos de billarda máis espectaculares por espazo e por organización de todos cantos se teñen desputado no Lorleste están dispostos a dar o paso ó fronte e configurarse coma franquica LNB, unha bomba que vai facer estourar a revolución nas indomábeis terras da chaira. Se sumamos a confirmación da man dos membros de Xogos Tradicionais na conf. centro da celebración dos Xogos de Primavera o 21 de marzo no parque de Belvís donde o Aberto de Billarda vai ter un papel fundamental no serán dunha xornada que vai rachar moldes en Compostela. Pero non queda ahí a cousa porque por acción e graza dos irmáns de M de Meira ate o Aberto do Lacón se achegou a plana maior do referencial Festival da Chaira da Pastoriza para pechar o que vai a ser un espectacular Aberto de Billarda, con un premio que de confirmase pode ser a puta ostia ( falando mal e rápido), e todo isto cun ollo posto nun horizonte próximo chamado Billarda All Stars _2010 que se deputará o vindeiro 7 de Marzo no concello do Pino. Atentos ás pantallas porque as imaxes os estalos de Tele-Varal son dos que deixan pegada.....as tixolas agardan xa os lacóns e a carraxe dunha revolución imparábel!!

sexta-feira, fevereiro 05, 2010

MEIRA , A PONTRAGA, SOUND SYSTEMS , LACÓNS , MODA, PROLINGUA , PROBILLARDA... [preme]


Meira e toda a chaira luguesa agarda intensamente a desputa do Aberto do Lácón que suporá o estreo por todo o alto e da man dos irmáns de M de MEIRA da revolución LNB nista vila que ferve xa como se pode sentir no espectacular pesegazo co que a radio da chaira lle abre a porta á serpe mulicor da LNB, espectacular estalo-radiofónico no que se recorda ó gran PALANOTRÖNIC que deixou semente de vistoria nas terras da chaira. RADIO-VARAL recupera con total intensidade e ista histórica pegada sonora na que a única protagonista é a semente billardeira que brota firme nas leiras da chaira. Insistimos na necesidade de puntualidade galega para que ista intervención poida ter un éxito pleno , a cita ás 15:30 na praza do convento de Meira.

Pero non só se move ista find. a serpe multicor da Conf. NorLeste , senón que a Conf. Centro tamén ten xornada puntuábel iste domingo na Pontraga , donde facemos tamén o chamado á puntualidade galega por mor sobre todo da xestión de espazos , a cita no universo estornela é ás 16:00 h, nun en noutro fronte vinde abrigados porque se esgotarán todas as posibilidades antes de meternos a cuberto.


Como xa viñamos anunciando en Miera a pé de pista teremos a brutal sesión do Madia-Leva Sound System, só unhas horas depois que os mestres Xurxo e Vituco rachen no luso e fusco do sábado coa dictadura das ondas na casa do pobo de Beludo en Bueu, cunha explosiva sesión en directo do decapitado e referencial programa Aberto por Reformas. Todos ó Beluso o sábado pero non sen antes o venres acudir á espectacular acción dos irmáns de Prolingua que fan a multipresentación a nivel internacional e simultanea do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, olla o mapa de acción e saca a lingua a pacer....

MADIA-LEVA SOUND SySTEM!!


E despois dunha primeira parte da tempada con Abertos con epicentro na mariña de Lugo , a serpe multicor colle camiño cara as terras da chaira para achegarse xa ate Lugo donde pode montarse unha moi gorda. É por elo que a xente de Madia-Leva cre que os paláns e billardas xa non son suficentes para expresar aemoción e deciden sacar o seu equipo de son para en Meira montar unha explosiva sound system coa que farán tremer a terra.


Ademáis é moi posible que os MADIA tamén que se traian parte do seu novo material á venda no cal as grandes estrelas son as bolsas anti-plástico e o bolso de deseno ecolóxico. Un luxado o que imos desfrutar tod@s nas terras de Miera.....porque Billarda escríbese con M de Meira!!


quinta-feira, fevereiro 04, 2010

CHAMADO XERAL Ó COMPROMISO COA PUNTUALIDADE!!


Son moitos os compromisos que o palanador e palanadora adquire coa terra e co ar o día que decide dar o paso que o conduce cara os campos da LNB, se na Conf. Sur ontes celebraban o San Brais , santo de cantantes e palanadores , por todo o alto con relixosa puntualidade , a LNB pide a toda a tribo con frontes abertos ista find. o mesmo compromiso e puntualidade que os membros da Conf. Sur tiveron para celebrar o San Brais comendo callos despois da misa ofrecida polo Reverento Travolta-Viana . Sobre todo niste periodo de invernada é fundamental que os palanadores e palanadoras acudan ás horas convidas polo xestión dos espazos cubertos en caso de chuvia, especial mención á necesidade de puntualidade no Aberto do Lacón en Meira xa que en caso de chuvia a tribo toda da Con. NorLeste terá que ir a un pavillón donde antes das 18:30 teremos que avandoalo por estar collida a pista para outra actividade deportiva.

Sincronizamos os reloxos pois:

- ABERTO DO LACÓN: domingo 7-F , MEIRA ( Praza do Convento ) : 15:30 H

- ABERTO DA PONTRAGA: domingo 7-F, A Pontraga : 16:00 H

-Conf. NorOeste: sen confirmar actividade >> 627.310434

terça-feira, fevereiro 02, 2010

A CONF. CENTRO NA PONTRAGA E O NOROESTE NA CORUÑA SÚMANSE Ó TSUNAMI BILLARDEIRO DAS TERRAS MEIRENSES!!


Confirmado xa, a Conf. Centro sitúa para iste domingo 7 de febreiro unha nova xornada puntuábel a desputar na Pontraga , atención porque pode ser un handicap importante para que os do Sporting Pontraga amosen os áses na diante da súa afección e poidan escalar posición fronte ó Xogos Tradicionais de Conxo e ás poderosas franquicias do Pino Furabolos e Trouleiros . Ademáis podemos ver no web oficial da Conf. NorOeste que o vindeiro domingo 7-F, dentro do spring billardeiro marcado para iste mes, tamén teñen o día situado no seu calendario de festexos billardeiros mais temos que agardar confirmación xa que siguen as movilizacións dos empregados de instalacións deportivas polo que non sabemos se o domingo poderá ser o Aberto no Frontón de Riazor , noutro emprazamento ou se se apraza a data, agardaremos aténtos ó que nos conten no seu web oficial. O que si está claro é que a serpe multicor do NorLeste xa se prepara para unha de seguro histórica e inténsa inmersión en terras de Meira coa desputa do Aberto do Lacón da LNB......Imos aló!!

segunda-feira, fevereiro 01, 2010

O "MADIA-LEVA SOUND SYSTEM" DEBUTA EN MEIRA NO EXPLOSIVO ABERTO DO LACÓN!!


Confirmado , moita atención porque no tan agardado Aberto de Meira diste vindeiro domingo 7-F a Conf. NorLeste da LNB dá un novo paso ó fronte na súa visión global da actividade física que é o deporte da billarda porque ademáis do golpexo do palán contra a billarda, Meira convertirase nunha descomunal pista de baile donde palanadores e palandoras poderán exercitar os teoremas da Galhofa-Dança ó ritmo que marquen a pé de pista os irmáns do MADIA-LEVA SOUND SYSTEM, os membros da referencial equipa luguesa da LNB ademáis dos paláns e billardas decidiron meter no carro o seu espectacular equipo mobil de son autoamplificado para facer retumbar Meira e toda a Chaira ó ritmo dos seus pratos. Sexa na praza do Convento ou a cuberto no pavillón a LNB xa ten preparadas unhas galletadas de herba seca para que poidas exercitar en plenitude absoluta a Galhofa-Dança que o irmán galaico nos desenmascara no seu espectacular estalo dende as trincheiras do Bierzo posible....."Andavas na galhofa dianho do moço?"