O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 30, 2010

ZENZAR EN LUGO , FESTA ANTI-XACOBEA NA CORUÑA ...VAIAS A DONDE VAIAS : PREGAMOS PRECAUCIÓN NA ESTRADA!!


Recuperándonos aínda da tremenda resaca que nos deixou o Xerro do Salnés a LNb afronta unha find de calma tensa para afrontar o trepidante treito final de competición en tódolos frontes incluido o da recén creada Conferncia-USC e o xemolo da Conferencia-OUrense que o 22 de maio cun explosivo Aberto da Repesca na cidade das Burgas con posibilidade de participación de palanadores e palanadoras de todo o país que quedarón fóra en cadansúa competición regular xa que os dous primeiros clasificados do Aberto recibirán pasaporte da Conf-OUrense para participar o 30 de Maio no Play Off Nacional de Conxo. Sexa como sexa disparamos un par de posibilidade para afrontar desafoganos antes da batalla:
-Iste venres 30 pola noite no Calvi de Lugo actúa a mítica banda de rock de Cerceda , Zenzar fará tremer as murallas cando ademáis do seu clasico repertorio ataque a canción adicada á revolución LNB con letra palanador e gurú do blogomillo galaico Toño Randeeira. Se estás no público e vives en directo ista bomba de reloxeiría faite notar!!
- E mentras non se aclara isa idea da ruta anti-xacobea realizando o camiño de santiado golpexando unha billarda ata darlle con ela nos fuciños ó apóstolo , a LNB ten que apoiar a de seguro explosiva festa que se vai celebrar iste sábado 1 de Maio nos territorios da Conferenica NorOeste xa que no pub A Nena Pepita a partires das 22 h se celebrará a GRAN FESTA ANTIXACOBEA DA CORUÑA : Festa presentación da campaña antixacobea da Rede Feminista Galega: "A igrexa contra as mulleres, as mulleres contra a igrexa"Ademais festexamos a clausura da do 2º encontro Xeneratech- Haberá varietés, licorka, VJvideocreacións e un sorteo de Kit Activista entre outras sorpresas.....
Mais queremos facer unha moi seria abvertancia a toda a tribo LNB para que se dirixa a donde se dirixa en carro, moto ou calquer vehículo pola estrada estreme as precaucións xa que son demasiados os que de xeito tráxico están deixar a vida no asfalto e dende O Varal e a LNB queremos facernos eco do comentario aparecido no web da conf. sur co cal coma tonio enviamos todo o noso apoio ós irmáns de 13-14 >> tonio (10:29:22) : Dende aquí quero facer chegar o meu mais sentido pésame e o maior dos ánimos e apertas os compañeiros do 13-14 pola perda de un compañeiro en un terrible accidente de tráfico acontecido onte ó medio dia en Budiño.Ánimo rapaces, estamos convosco!

quinta-feira, abril 29, 2010

TELE-VARAL: O XERRO_10>> PERO QUEN É TODA ISTA TROPA? ESTA É ....A LNB!!


José, o gran palanador da Conferencia Norleste durante a xira de Furanchos , establece contacto cun dos indíxenas da zona quen lle dispara a pregunta que cada día con máis forza percorre o país enteiro....pero qué é toda esta tropa?? a resposta no cántigo coral da toda a tribo durante a entrega de trofeos: ESTA É ....A LNB!! e coas verbas apocalípticas e premoritorias do lobo de Portonovo despedimos ista intensísima conexión de Tele-Varal: cada día vexo con maís claridade que a billarda é un deporte e como tal temos que seguir practicándoo. Galizia practica!!

quarta-feira, abril 28, 2010

MERCORES E XOVES BILLARDA NA UNIVERSIDADE , QUENTA MOTORES CON FACHENDA GALEGA E A PALESTRA ENTRE OS OVNIS!!



Un ovni do planeta billarda aterra no liceo de Becerreá, nengún instituto , cárcere , universidade , centro social ou axilo do país sen a súa Palestra-LNB e posterior Abertinho!! . E como mostra da consolidación absoluta da invasión billardeira no sistema educativo galaico hoxe mércores no campo de futbol de terra do campus sul da Universidade de Compostela apartires das 16:30 h primeiro Aberto xa Puntuábel da Conferencia-USC que se repetirá ó día seguinte no campus de Lugo , toda a info de xeito directo contactando co coordinador e ente multidisciplinar chamado Xan Rodiño>> xarodino@hotmail.com / 659.553543


Pero se pensaches que o tiñas todo visto , agárrate para sentir o espectacular estalo do concerto de Fachenda Galega na Taberna da Cancela no terceiro e intenso tempo de Xerro_10, intervencións sonoras en clásicos da música galega e internacional para crear novos himnos dun espectacular repertorio con Xan Rodiño e Xermán Viluba no centro da diana , quén serán os próximos en incorperarse ó repertorio? Grazas Fachenda Galega por cantarnos e moitísimas grazas Taberna da Cancela por non denunciarnos!!

terça-feira, abril 27, 2010

SUBE Á MALETA E OLLA A TREPIDANTE AVENTURA DO XERRO DO SALNÉS_10!!


Xa podes ver e case que ulir todo o acontecido na explosiva nova edición do Xerro do Salnés que vimos de desfrutar, unha competición que racha moldes pola perogisísima combinación de elementos e que coma fai Pinto só pode ser comparábel a unha viaxe alucinóxena na maleta dunha carro que te transporte nisa fronteira de real e imaxinario que cada edición do xerro nos invade a tod@s.... todo o album ó competo diste Xerro do Salnés_10 á túa disposición do Foto-Varal2 , acomódate que patirmos:

A tribo do Sur chegaba nista edición disposta a arrebatar como fora o Xerro das Terras do Norte...
Ós palanadores e palanadoras das franquicias do Sur uníanse coma nas anteriores edicións do Xerro os palanadores indíxenas de Xil capitaneados por isa estrela absoluta do noso deporte que leva o nome de Camiña, Taberna da Cancela franquicia LNB xa!!

Nota importante: se alguén apou uns panatalóns e uns calzoncillos usados en Xil que se dirixan á páxina web da Faisca.

Cos pantalóns pero sen o sentido que imprime a presenza de Moisés dos Culombios a cada retransmisión ao vivo da LNB , arrincaba Radio-Cabalinho cun set totalmente embeleado pola emoción e o viño que facía máis que retransmitir o tempo e resultado retransmitir unha sucesión de visión alucinóxenas sobre o que acontecía na pista e redores, nista representativa instantanea podemos ver a Rubén Otero saudando cara ó sol e referencialmante a Franco, o gran palanador do NorLeste recibíu multitude de alabanzas sobre todo dos Faisca que estudan facelo presidente do honra , sempre e cando aparezan os panatalóns de Viana claro.


Pero se Radio Cabalinho rachou co silenzo na tranquila vila de Xil durante o serán o realizado polos irmáns de Fachenda Galega na noite ate altas horas da madrugada foi de alucine, avisamos que hai ducumentos audiovisuais e estamos traballando para poder ofrecervos isas xoias de valor incalculábel , de momento queremos alertamos que Fachenda Galega van participar no apologhit diste verán que realiza en VIEIROS donde podedes ir preparando xa os vosos votos porque Fachenda Galega prpara un xostregazo sonoro contra o decreto que amiza con deixar mudos ós que o promulgaron.

Nista ocasión no tivemos Quinibillarda mais despois do xantar durante a cata de chupiños de Licor Café o palanador do Norleste Flores mirou na máquina do Restaurante O Noso Bar un boleto da primitiva tocándolle case 100 euros, de seguro que algo tivo que ver algunha das xestión que dende arriba realizou o seu amigo Samaranch.


E atención porque se Franco se acerca á Faisca, non menos intensidade amosou Suso dos Remourelle Bulls , moitos lacóns van ter que por as franquicias do NorLeste para frear ista posíbel fuga de estrelas cara ó sur galaico.

Impresionate o ambiente de irmandade na Guagua do Norte da LNB dende Ribadeo a Xil a tripulación foi recollendo unidades no Pino e Compostela para artellar unha poderosa fronte.


E co Norte viaxaba o Xerro!!


E co norte e co xerro viaxou cara a xira de Furanchos toda a delgación do sur convertindo a guagua nunha lata de sardiñas donde o roce fixo que xurdira de xeito expontaneo unha versión do mítico tema de Rafaela : si quieres hacer bien el amor hay que vir al sur!!

Despois de varias edicións no dique seco , a apertura do mítico furancho ó carón da Taberna da Cancela fixo pensar naquela primeira e mítica primeira invasión billardeira de Xil

E cuns furanchos ás costas arirrincaba xa a gran esmorga-billardeira!!


Furanchos + billarda, o perigoso coctel molotov comezába a remexerse!!

Abel da Taberna da Cancela xunto con tod@s os seus compañeiros de Xil foron os resposábeis máximos do inicio do gran proxesto expansivo no que hoxe está inmersa toda a sepre multicor da LNB, baixo a sobra dos furanchos houbo verbas de emocionados recordos de anteriores expedición do Norte da LNB , palanadores que estiveron e que por diferente motivos non están pero agardamos que pronto se reincorporen á gran serpe multicor.

Eric, o xoven palanador dos Outros tivo que soportar a gran presión da defensa do xerro , xunto coa delegación do NorLeste preparaban estratéxias a pé de pista.

O sur tamén fruncío o queixo ante o xogo das súas estrelas..


Sak vivíu con intensidade brutal a súa inmersión total en Radio-Cabalinho e debeu ser nise cabalinho de carton pedra no que se montou cara os estudos da Radio Galega Música porque ás 22 h dise mesmo domingo saía puntual e en vivo unha nova edición de Radio Oceánica da que Sak é o conductor e que pese á bacina furancheira logrou sacar adiante unha espectacular entrevista coa xove promesa do rock- vigués chamado Munich , impresionante ademáis o saudo de Sak ó inico do programa co que deixou claro que aínda que fisicamente estaba en san marcos o seu corazón estaba ó carón da crin de radio cabalinho.


Non só billarda tivemos na xornada, nun dos furanchos atopamos cun siareiro do Obradoiro de Basket que a isa mesma hora certificaba case o seu descenso matemático, con Suso á fronte toda a tribo berrou a unha: Masei , Curro e compañía a unha OBRA gañar o pan!!


Canto de Xan e canto de Castelao hai en cada golpexo de Rodiño?


Siareir@s Galeg@s prepara unha xornada en Cuntis con Aberto de Billarda incluido , en Xil hai canteira!!


Estamos no xerro pero hai que reflexionar.....sen nervios!!


Camiña dirixíu a espectacular entrega de premos con agasallo para os semi-finalistas


Placa para Rubén dos Trouleiros da Conferencia Centro coma finalista...

E o Xerro para o gran Xan Rodiño , del dependerá ademáis aclarar de que parte do hemisferio se sinte xa que un home das súas características podemos afirmar que ten máis ramificacións ca un carballo...Noraboa a tod@s porque un ano máis o Xerro é a victoria da constancia!!

segunda-feira, abril 26, 2010

A NON INXESTA DE VIÑO MÍNIMA ABRE A POLÉMICA NA VICTORIA DO LOBO DE PORTONOVO NO XERRO DO SALNÉS_10!!

Cos beizos e os dentes aínda tinguidos de violeta saímos ó ar para anunciar o que moitos se temían....Xan Rodiño o escritor e palanador de Xogos Tradicionais e da A Faisca fíxose co tan desexado Xerro do Salnés nunha gran final contra Rubén, o palanador dos Trouleiros da Conferencia Centro certificando así a progresión brutal dista conferencia que situou na finalísma do xerro a dous dos seus palanadores. Posibelmente a gran presión coa que xogou Eric, que viña disposto a defender o xerro con uñas e dentes na Pista das Angustias , foi unha das causas que non lle deixou despregar na súa totalidade e plenitude o seu temido xogo ó palanador dos Outros. Pese a todo Eric chegou ate as últimas ramplas da ascensión e xunto con Isa dos Outros foron as grandes referencias do Norte na pista das Angustias. Máis temos que dicer que a istas horas a LNB aínda non recibíu a suposta receita de cerficiación pola cal Xan Rodiño xogou sen a inxestión de taza de viño nengunha, unha cuestión que en caso de que algún palanador ou palanadora execute a impugnación pertinente podería apartar o xerro das zoupas do temíbel lobo de Portonovo. Mención moi especial á espectacular xira de Furanchos dirixida polos indíxenas de Xil e atención porque agaradamos en breves instantes poder ofrecer uns estalos da impactante actuación de Fachenda Galega despois do partido na Taberna da Cancela que se prolongou ate altas horas da madrugada coa figura de Xan Rodiño danzando en tódolos estribillos manipulados para a ocasión....o coctel molotov de furanchos+billarda estourou no Xerro e estourou ben, atentos porque as pantallas van tinguirse de tinto!

sexta-feira, abril 23, 2010

ISTE DOMINGO ESTOURA EN XIL O GRAN COCTEL MOLOTOV DE FURANCHOS E BILLARDA: CHEGA O XERRO DO SALNÉS!!


Todo xa disposto , unha loita sen tregua polo dereito a terse dreito é o que van experimentar os palanadores e palanadoras que iste domingo 25 acudan á tan agardada cita do Xerro do Salnés na Pista das Angustia de Xil no concello de Meaño. Con saída marcada para as 8 en punto . a Guaga da LNB arrincará da estación de buses de Ribadeo e realizará paradas no Restaurante O Cruceiro para embarcar á xente do Conferencia Centro + unha parada no milladorio Compostelán . Interioriza o programa é bótate a polo Xerro do Salnés:

-Ás 12:00h agrupación das tropas das distintas conferencias na Taberna da Cancela (Xil,Meaño).

-Posterior xira polos furanchos de Xil.

-Ás 14:00h xantar de confraternidade no Noso bar de Cambados. [ xantar: 11 euros ]

-Ás 16:00h Aberto do Xerro, Norte-Sur.

-Final con festa improvisada ( ide pensando nalgo)

A LNB ESTABLECE UN MÍNIMO DE 4 TAZAS DE VIÑO INXERIDAS PARA PARTICIPAR NO XERRO DO SALNÉS!! [ excluidos menores de idade e doentes con receita ]


Eric , o gran palanador da Conferencia NorLeste é o posuidor do Xerro , a súa gran victoria baixo unha xa mítica chuvia fixo refrexionar á LNB ante o feixado enorme de peticións para instaurar o control pro-doping , é dicer , nengún palanador por baixo dun mínimo de 4 tazas de viño inxeridas durante a xornada terá dereito a competir polo Xerro , precepto do que están exclusidos como é lóxico e natural os menores de idade. Como reaccionarán as billardas ante o golpexo dun Xan Rodiño dopado? A resposta na pista das Angustias....Adiante o Xerro, adiante a gran esmorga-billardeira!!

quinta-feira, abril 22, 2010

COMPOSTELA, LUGO E BECERREÁ.....E AGORA O XERRO DO SALNÉS!!

Telexornal. Informativo territorial de Galicia. (22/04/10).




TELE-VARAL xa está traballando na edición do espectacular estalo emitido iste xoves pola tve-g e pola canle internacional 24 horas , unha auténtica xoia na que Sofía, Jorge do mítico Dynamo de Cimogrado, Xosé Miguel á imaxe e semellando dun xoven Fidel Castro a punto de pillar o gramma e o escritor Xan Rodiño son os conductores diste histórico e impactante documental que ilustra o inicio da acción na comunidade universitaria , atención porque mentras non chega a edición de Tele-Varal arrastrade a pestaña cara o minuto 18:10 donde Sofía, a gran palanadora da conferencia sur nos indica que xusto arrinca o poderoso video estalo billardeiro-universitario.

PALESTRA-LNB E ABERTINHO DOS OVNIS EN BCRREÁ!!



Un comando da LNB desprazouse ate a vila luguesa de Bederreá atraidos polo canto do equipo de mestres de filosofía comandado por Xulio, un luxo absoluto poder compartir experiencias cos rapaces do Liceo mentras a só uns poucos km de distancia Xan Rodiño coordianaba a segunda acción universitaria da Conferencia USC no campus Lugués que recibíu con tanda intensidade que o campostelán á serpe multicor niste seu primeiro histórico encontro.


TELE-VARAL traballa tamén na producción dos mellores intres da Palestra-LNB , unha palestra que polo menos lles servíu polo menos ós alumnos de Becerreá de librarse por unha tarde do xugo das asignaturas oficiais para coñecer o que en realidade pode ofrecerlles unha auténtica saída de futuro.....a práctica do desporto da billarda!!


Xulio , representante dos extraterrestres en Becerreá, entregou a Alejandro, maxistral campión do ABertinho dos Ovnis nunha final de infarto fronte a un poderoso Jorge, unha réplica do pratiño voador no que fai agora 41 anos os alieníxenas decidiron coñecer Galiza tomando coma epicentro Becerreá.


Daniel, en representación da LNB entregou ó campión do Abertinho un pack LNB para que poida seguir practicando para en breves integrarse na serpe multicor, ademáis a LNB fixo unha doación de mateiral ó equipo de filosofía do liceo para que medre a semente billardeira que o comando LNB sementou en Becerreá....e agora a serpe multicor dirixe as olladas cara Meaño para iste domingo desputar o Xerro do Salnés!!

XA ESTÁN AQUÍ: OS PRATIÑOS VOANTES DA LNB ATERRAN ISTE XOVES EN LUGO E BECERREÁ!!


Despois do exitazo colleitado en Compostela con máis de 20 astronautas pisando a terra luar do campo de futbol no campus Sur no arranque da acción na Conferencia-USC da LNB que corou a Xan Rodiño coma primeiro campión dun Aberto-USC , os alieníxenas billardeiros collen o palán e o platiño voanate e diríxense hoxe xoves cara Lugo para apartires das 16:30 h realizar o aberto universitario pertencente ó campus lugués ( contacto: 659.553543 ) un pouco despois de que no Instituto de Becerreá déa comezo a Palestra Billardeira coma previo de luxo ó aberto que se celebrará nas propias instalacións deportivas do Liceo co que a LNB quere homenaxear os históricos avistamenos de ovnis producidos en Becerreá no 1969....Becerreá epicentro dos tremores de terra e da conexión alieníxeno-galaico-billardeira!! ( contacto coa colonia extraterrestre de becerreá: 690.254881)
E coa inexplicábel pantasma do boikote da televisión pública Galega ás accións e movimentos da gran serpe multicor, será iste medio día cando sintonizando o telexornal dunha canle europea con delegación na galiza poderedes ollar os xostregazos históricos cun espectacular documental da invasión billardeira na universidade galega.....co palán , touciño e pan e esiximos a cátedra de billarda xa!!

quarta-feira, abril 21, 2010

BILLARDA NA UNIVERSIDADE E LICEOS GALEGOS!!

XOSTREGAZO BILLARDEIRO EN RADIO PRINCIPAL DE VILALBA
Formats available: MP3 Audio (.mp3)

terça-feira, abril 20, 2010

ARRINCA A CONFERENCIA-USC Ó CARÓN DA HOMENAXE DA LNB Ó HISTÓRICO AVISTAMENTO DE OVNIS EN BECERREÁ EN 1969!!


Se Xan Rodiño é a referencia absoluta da irrupción billardeira na universiade que hoxe mércores a partires das 16:30 h. vai ter lugar no campo de futbol de terra do campus sur de Compostela, Xulio , compoñente do equipo de mestres de filosofía do liceo de Becerreá, convértese tamén no referente e responsábel máximo da invasión billardeira nos liceos galaicos xa que iste xoves 22 se produza un feito dunha dimensión nunca antes soñada, simultaneamente se estará desputando no campus de Lugo un aberto pertencente á Conferencia-USC e a uns km na vila de Becerreá se realizará a Palestra-LNB e posterior Abertinho entre os asistentes que vai levar o título de I Aberto dos Ovnis de Becerreá en recordo ó histórico avistamento acontecido no 1969 nista vila Luguesa elexida polos alieníxenas para coñecer o noso país , acción pola cal a LNB reafirma a súa total convicción que existen outros mundos e cos cales urxe contactar .....e se non damos contactado en Becerreá de seguro que iste domingo 25 durante a desputa do Xerro do Salnés máis dun vai sentirse alieníxena total despois da xira de furanchos polo que se non o fixeche xa fai a túa reserva na nave espacial que partirá de Ribadeo ás 8 da mañán cara ó punto de quedada que será ás 12 h da mañá na Taberna de Cancela en Xil ( Meaño ). >> ovaral@hotmail.com / 619.570976

segunda-feira, abril 19, 2010

A PALESTRA-LNB NO LICEO DE BECERREÁ CONFIRMA O GRAN ANDACIO BILLARDEIRO NAS AULAS DO PAÍS ENTEIRO!!


Rachando con todo tipo de chantos que historicamente afastaban a revolución billardeira das universidades e liceos galegos , ista semana a LNB arrinca de vez os aramios de espiños das aulas e introdúcese de pleno no dario descurrir da vida académica do país. Se xa viñamos anunciándo que iste mércores 21 de abril ás 14:30 h. no campo de futbol de terra do campus sur en Compstela arrincaba a tan desexada actividade na división universitaria da LNB que o seguinte día xoves 22 terá a súa continuación no campus de Lugo, tanto universitarios coma non tendes unha cita nista primeira acción da Conferencia-USC que ista semana bota andar , liña directa para inscripcións e información contactar urxentemento co referencial escritor e palandor galaico chamado Xan Rodiño : xarodino@terra.es / 659.553543 . Mais despois da eliminación das galescolas e refregar as mans ante calquer tipo de intoxicación indíxena na edución das crianças galaicas , iste mesmo xoves 22 a moi poucos Km da acción da Conferencia-USC no campus universitario Lugués, no instituto de Becerrea producirase un feito de moi posíbel transcendencia histórica xa que a LNB va por en marcha a primeira PALESTRA-LNB nun instituto do país, un perigosísimo precedente se ademáis anunciamos que despois da palestra se vai realizar nas instalación deportivas do propio liceo un espectacular Abertinho entre os rapaces e rapazas asistentes ó acto. Especial mención ó paso ó fronte dado pola equipo de mestres de filosofía que desafiando as amiazas dos seus compañeiros de educación física atrévense co compañeiro Xulio ó fronte abrirlle a porta á gran serpe multicor da LNB. A cita no salón de actos do instituto de Becerreá ás 15 h diste xoves 22, se estás por preto acode ós epicentros dos terremotos billardeiros que van facer tremer o antinatural sistema educativo galego!!

sábado, abril 17, 2010

ARDEU O PAZO E OS CHANTOS DO ANTERIOR RECORD DE ASISTENCIA A UN ABERTO LNB!!

De xeito totalmete oculto para evitar unha desfeita que podería ser mortal , a tribo da Conferencia Sur no espectacular marco da festa do Arde o Pazo artellaron mediante sms e por avisos ás agachadas un improvidado Aberto do Lume que rachou con todos os records ate o de agora establecidos na LNB. 180 ialmas embravecidas pola billarda acenderon o lume que máis tarde prendeu no Pazo de Mós e cuxa chamarada xa naide poderá apagar xamais. É mais se acendido xa estiveche onte á noite co explosivo concerto que Malandrómeda ceibou no Planeta Furancho acendidos moitos palanadores e palanadoras continuaron o sábado no recinto de feiras de Pontevedra no festival na defensa da lingua donde os cidadáns da República Billarda Ruxe Ruxe estiveron a primeira hora e que remataron en Mos na festa con olor a chamusco e billarda do Arde o Pazo.


HABERÁ XINETES NA TORMENTA Á PORTA DOS FURANCHOS NO XERRO_10??


Un lume que acendeu un facho que continuarçá ardendo ate que iste vinderio domingo 25 toda a tribo LNB desembarque na Parroquia de Xil para de desputa do Xerro do Salnés. Unha loita que será precedida dunha explosiva xira de furanchos polo que ide consultando cos coordinadores de conferencia para organizar as idas pero sobre todo para organizas as voltas. E moita atención porque se especula coa posibilidade que entre as espectaculares visións que o viño dos furanchos nos produza na vista é moi posibel que unha sexa a de varios palanadores e palanadoras montados nos cabaliños de pau que de xeito inaudito popularizaron entre a tribo LNB a maxistral curta Salvaterra-Marín....Xerro do Salnés un reality que vai rachar moldes!!

quinta-feira, abril 15, 2010

VÍSTETE COS DESEÑOS LNB DA GENTALHA E BÓTATE ÁS PISTAS DE XOGO DA UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA E LUGO ...E TAMÉN DE OURENSE!!


[Camisola 12 euros] pedidos: gentalha@agal-gz.org

Já está à venda a equipaçom de bilharda da Gentalha! As cores verde-laranja serám todo um clássico na conferência centro da liga nacional. Chega-te a comprá-las antes de que se esgotem!

Agarraivos que veñen curvas .....coas maletas preparadas para partir cara ó tan agardo Xerro do Salnés chegan novas de grandes sucesos que imos apuntar de seguido e que aconsellamos que leades sentados porque senón pode darvos un chungo:

ISTE MÉRCORES ÁS 16:30 H NA PISTA DE FUTBOL DE TERRA DO CAMPUS SUR COMEZA A ACCIÓN NA CONFERENCIA-USC EN COMPOSTELA!!


-Como viñamos anunciando o mércores 21 en Compostela e xoves 22 en Lugo bota a andar o primeiro gran ensaio nuclear-billarderio da división universitaria, coma Xan Rodiño anunciou nos micros de TELE-VARAL as convocatorioas son ABERTAS polo que tanto se eres universitario como se non poderás participar nista CONFERENCIA-USC da LNB , á espera do tan agardado web-blog oficial que logo vai botar andar guiádevos polo espazo que a Universiade reserva xa para a Billadrda onde atoparedes toda a info para as inscripción , xeito de competición e posibilidades para realizar franqucias, conataco directo co coordiandor >> xarodino@terra.es

Ademáis a irrupción da Conferencia-USC está a traer un impacto social inaudito ate o intre no universo billardeiro polo que xa podemos confirmar que unha televisión internacional achegarase iste mércores ate o campo de terra do campus sur para cubrir o arrinque dista competición que vai revolucionar o ate o de agora maino discurrir da vida universitaria Galega.

[sudadeira: 25 euros ] pedidos: gentalha@agal-gz.org

CONFÍRMASE O ABERTO DA REPESCA EN OURENSE , AGARDAMOS ALÍ Ó COMPAÑEIRO XURXO OLIVEIRA!!

-Mais non é a única nova referida a unha nova tribo que se vai convertir en Conferencia , xa que podemos confirmar que o vindeiro 22 de Maio se celebrará O Aberto da Repesca en Ourense, a cita será na alameda xusto no centro da cidade ( ó carón da rúa do progreso ) , todos os palanadores e palanadoras que non puideron participar na competición regular en ningunha das conferencias ou se militando en algunha delas quedache fóra , ista é unha nova oportunidade para conseguir o pasaporte cara ós Play Off nacionais xa que se clasificarán para Conxo o 1º e 2º clasificad@s máis as dúas primeiras palanadoras para a final nacional feminina. Agardamos pois que o compañeiro Xurxo Oliveira que iste venres ten que verse en madrid con isa farsa que se chama xustiza española por cometer os terríbeis delitos de ser palanador e militante galego , solidaridade con Xurxo e todo o noso apoio para que poida estar loitando no Aberto das Repesca de Ourense xa que a foi a política represiva do estado a que o mantivo na cadea impedíndolle conseguir o pasaporte directo a Conxo.....varados de solidaridade co compañeiro Xurxo!!

quarta-feira, abril 14, 2010

DOMINGO 25 DE ABRIL, APÚNTATE Á REVOLUÇAO DO XERRO DO SALNÉS!!


Atención porque simultanea á celebración da Revoluçao dos Cravos en Portugal a LNB celebra iste 25 de abril outro gran estalo revolucinario que leva o nome de Xerro do Salnés. Ide preparando as goxas , os paláns , as billarda porque os furanchos e a pista das Angustias en Xil agardan a brutal invasión de toda a tribo LNB. Ide confirmando asistencia ós respectivos coordinadores de conferencia coma sempre para realizar unha boa xestión do xantar e da viaxe programada dende o Norleste, arrincamos:

-GUAGUA >>RIBADEO-MEAÑO (Xil): ás 8 da mañá do domingo 25 partirá dende a estación de buses de Ribadeo a Guagua da LNB con 24 prazas. Prezo do billete: 10 euros por pasaxeiro. Como é lóxico en caso de superar o número de pasaxeiros terán prioridade a xente que se incriba antes da viaxe , por elo reserva a túa pasaxe: ovaral@hotmail.com / 619.570976

*PARADAS DA GUAGUA:

Ista guagua fará parada no Resturante O Cruceiro do Pino con posibilidade de recoller palanadores ou palanadores da conferencia centro que desexen asistir á gran festa do xerro do salnés>> reservas de pasaxe: ovaral@hotmail.com / 619.570976

Tamén temos marcado un punto de parada para quen queira subir á Guagua camiño do Xerro na estación de buses de Compostela , reserva de pasaxe: ovaral@hotmail.com / 619.570976

-XANTAR DE IRMANDADE:

Realizarase no Restaurante O Noso Bar de Cambados cun prezo de 11 euros por persoa.

MENÚ: paella , polo asado , café , viño e auga.

Rogamos confirmar asistencia para a boa xestión e dixetión dos organizadores: ovaral@hotmail.com / 619.570976

terça-feira, abril 13, 2010

AS FRANQUCIAS REFÓRZANSE PARA AFRONTAR O DURÍSIMO TRAMO FINAL DA COMPETICIÓN!!


Necesario recoñecemento ó pleno acadado en Marín dos irmáns de Almuinha isa xa histórica e referencial franquicia LNB que como din no crónico do seu web-blog tiraron ó caldeiro do lixo o refrán que di que ninguén é profeta na súa terra. Ademáis @s Almuinha refórzanse coas fichaxes de Antonio e Yusif , palandores afro-galaicos que ó igual que pasa coa inmersión brasileira no Norleste dotan á LNB dunha cor explendorosa que ogallá en breve deixe de ser maioritariamente de pel branca.


E se de reforzos falamos, alguén pensou que os M de Meira traían ó Aberto do levantamento de Lugo ó mesmísimo Leo Messi e que para relaxar tensións do partido do día antes no Bernabeu lle botaba un par de cervexas na taska a pé de pista dos Madia-Leva....en realidade trátase de Pepe, futbolista da Pastoricense que milita tamén coma palanador nos reis da chaira, tamén coñecidos coma M de Meira.....mais xa se sabe , donde se poña un grolo e un varado que se quite o resto!!

TELE-VARAL CONFÍRMASE EN LUGO COMA A AL JAZZERA GALAICA!!



Cando as billardas substitúen as balas e misis da resistencia afgana , Tele-Varal ten que forzosamente trocar o seu enfoque e adaptarse ao que unha pista da LNB é , un campo de batalla donde a subsistencia é a fin e o aniquilamento do contrincante é o único xeito de supervivencia na pista de xogo. Tele-Varal inaugura en Lugo un espectacular xeito de contar con doble pantalla simultanea cun enviado especial á zona de conflicto con convidados de luxo baixo unha brutal chuvia de billardas radiocativas.

PRIMEIROS PASOS DA CONFERENCIA-USC: COMPOSTELA 21 DE ABRIL, LUGO 22!!


Visita obrigada ós espectaculares crónicos das enganchadas de Marín na Conf. Sur e de Lugo no Norleste porque xa matemáticamente temos franquicias e campións de conferencia é por elo , que coma o gran Xan Rodino, desprega a túa bicicleta e invade os regos escritos non sen antes anotar as datas que Xan ceibou ós micros de Tele-Varal para o arrinque das turbulencias da tan desexada división universitaria da LNB, o día 21 mércores en Santiago e o xoves 22 en Lugo , toda a info >> xarodino@terra.es / 659.553543

domingo, abril 11, 2010

CONTORSIONISMOS IMPOSIBLES EN LUGO QUE SITÚAN A MARKITOS NA MISIÓN, RESCATE DO TÍTULO NACIONAL!!


A intensidade coa que se vive a competición da LNB lévanos ás veces a cometer erros coma o realizado no anterior post no que situabamos como vencedores ós "Se Foras Traballar" da enganchada en Marín da Conf. Sur cando despois do reconto definitivo a franquicia vencedora en Marín foron os locias de "Almuinha". Unhas horas despois , Lugo acollía de novo cos brazos abertos a toda a tribo da Conferencia NorLeste que conducida polos Madia-Leva asaltaban a espectacular pista da asociación de veciñ@s de San Lázaro convertida en asentamento dun circo no cal máis dun palanador pensou en enrolarse.


Soldaduras para preparar a pista de choque para as verbeas do verán, acolledoras roulots e camións para transportar animais salvaxes foron o sensacional telón de fondo dun Aberto do Levantamento-1846 que converteu en vencedor ó poderoso Markitos dos Billardeiros Musicais que marca territorio cara ós play offs de Conxo.


Contorsionismos que confirmaron na pista de San Lázaro que a referencia absoluta da revolución LNB na terra cha luguesa escríbese con M de Meira unha nova franquicia que se sitúa xa ó carón da cada vez máis cercana nova Conferencia-USC xa que o propio coordinador dista conferencia universitaria , Xan Rodiño , estivo en Lugo participando niste aberto para afianzar os pilares billardeiros no Campus Lugués que xa ten o primeiro palanador inscrito , o mítico Jorge do Dynamo do Cimogrado. Non nos mires ....únete!!

"XURXO DE ALMUINHA" E "SE FORAS TRABALLAR" VENCEDORES NO EXPLOSIVO ABERTO DE MARÍN!!


Explosivas novas son as que nos chegan dende as terras de Marín donde o palanador aborixe de Marín Xurxo impuxo a súa lei vencendo nun multitudinario Aberto e donde Se Foras Traballar se venceu por primeira vez na loita por franquicias. Lugo xa treme ante a invasión da tribo LNB iste domingo , moi atentos ás pantallas porque como diciamos aterradoras novas para o inimigo porque iste país continúa pedindo billarda a berros!!

sexta-feira, abril 09, 2010

CARA DONDE TIRARÁ MANU ISTA FIND, CARA LUGO OU MARÍN??


Chegará Manu da Faisca a Marín? a conta atrás comezará xa o Venres á tardiña coa Palestra LNB no C.S Almuinha para o sábado arrincar con xantar billardeiro e posterios multitudianrio e explosivo Aberto de Marín coordiando polos irmáns de Almuinha>> Todos no cabaliño do diaño desafiando as rotondas rumbo a Marín!!

LUGO >> ABERTO DO LEVANTAMENTO-1846!!


No 1846 o pobo galego revelouse , iste domingo a partires das 16 h os irmáns de Madia Leva e a LNB celebran isa data e chaman a un novo levantamento popular galego , nos polos os paus e as billardas ti pon os brazos e os puños.....A Cita no Barrio da Ponte ( xunta ó carrefour e ó Pazo de Exposición de Lugo ) >> Quedada de coches para a xente da mariña no Resturante O´Asador de Barreiros ás 14 h / 619.570976