O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 31, 2010

CARMELA , OS OUTR@S , HUGO E MARKITOS, A FORZA E O PODER DOS NOVOS CAMPIÓNS NACIONAIS TRANSMÍTESE A TODA LNB!!


Despois de nove horas e pico de loita baixo un sol de xustiza, a outra xustiza, a billardeira , sitou a Markitos coma novo campión nacional absoluto, volta o espectacular torfeo nómade á casa do palanador dos Billardeiros Musicais que dous anos depois recupera o máis desexado de tódolos títulos da LNB, o nacional absoluto!!


Non foi unha misión doada para markitos, Basilio , o fenomenal e competivivo palanador dos Trouleiros forzou a quinta e defitiva carreira nunha final que non se decidíu ate o último golpexo cun estadio volcado seguindo cunha intensidade brutal ista nova espectacular final do nacional absoluto.



Entre o lusco e fusco , Markitos olla en tensión máxima o derradeiro tiro dende case medio pista do palanador dos Trouleiros, se conseguía levar a estornela ate o Varal , Basilio forzaría unha nova carreira de desempate, non puido ser e Markitos voltaba enfundarse coa caroza nacional.


Estalos de felicidade chimpaban ó ar despois de coñecer cada un dos campións nacionais nista gran festa billardeira na que se tornan sempre os play offs nacionais de Conxo. O gran Xose Miguel foi o encargado de traer a dinamita no seu carro , menos mal que un comando da LNB sacou os foguetes a media mañán xa que de continuar durante a tarde os explosivo no seu vehículo moi posibelmente nos atopariamos pola calor co estourido do coche bomba do de Moaña a moi escasos metros da pista de xogo.


Mais á LNB como xa sabedes gosta sempre de xogar con lume polo que non podiamos esquencer a todos os que por diferentes motivos non puideros estar na pista de xogo , uns dos grandes ausentes foron os Remourelle Bulls , pasados finalistas que nista edición contaron só con Martinho coma punta de lanza pero que abofé que poden estar ben orgullosos da actuación do seu palanador que chegou ate as portas das mesmísima final nacional. Outro que non puido estar foi o compañeiro Xurxo que no mesmo serán do domingo, pola súa militancia galega, non puido estar no xantar e posteiror Aberto de Billarda en Monteledo ( ourense ) , as billardas de Conxo tamén berran que non estabamos todos!!


Non pode haber mellor imaxe para amosar as esixencias dunha pista que por ela mesma elexía ós mellores, terra batida e lonxitude de 50 metros , isto coma os chistes do gran palanador Flores, é un unha cousa moi seria.


Xan Rodiño , un dos favoritos foi víctima da guerra psicolóxica imposta polos seus rivais durante toda a xornada, o roubo da roda e de partes da súa bicicleta deixaron ó xenio de Portonovo desquiciado a piques de entrar nas finais... ó fondo vemos a outra víctima pero ista vez da moda, Serxio dos Xarutos deslumbrou non tanto polo xogo coma pola espectacular camisa-psicotrópica que lucíu en Conxo- eu xogo á estornela , non o poido neghar , teño a camisa de flores e o palán na man!!


De novo a LNB rachando moldes, dunha inutil faixa da Fundación Deporte Galego á construcción ao vivo do primeiro graffiti-billardeiro que se paseará polas pistas da LNB, Viana o grafiteiro foi o artista e será un dos estalos que seguro apareza no programa MANIOTAS que os compañeiros da productora Bren tiveron gravando durante toda a xornada cun seguimento especial ó gran palanador dos Furabolos Toño .....AVANT3 LNB!!


A franquicia LNB , Xogos Tradicionais de Conxo , foron os encargados de preparar o dispositivo de pista elexiron unha moi axeitada marcaxe horizontal respeito das bancadas das pistas simultaneas que facía moi sinxelo o seguimento das carreiras. Ademáis os palanadores e palanadoras contaban con dúas pistas de adestramento para preparar exeitadamente cada un dos seus golpexos.


E sobradamente preparados chegaban todas as franquicias para desputar a cara de can o tan desexado título nacional por equipas, Os Paquete Pinchas defendían título e partían en tódalas quinibillardas coma uns dos favoritos mais a preparación mental que traían as dúas franquicias do NorLeste fixo que os Billardeiros Musicais fixeran segundos no pódium e Os Outr@s foran os magníficos campións aínda que só por un punto de avantaxe fronte ós seus irmáns dos Billardeiros Musicais. Especial mención á participación equitativa de palanadores e palanadoras , sen lugar a dúbidas a súa victoria aporta un plus pola decidida participación das mulleres na LNB >> Jose, Guille , Lola, Manuel , Reyes, Eric , Isa e Geni ...noraboa campións!!


As características tan esixentes da pista fixo que no concurso de Varados non se acadaran as cotas de tanteo que se supón dunha gran final nacional , de feito Hugo dos Trouleiro foi o novo campión nacional de Varados acadando tan só un tanto e despois que os especialistas decidiran dar un paso adiante para que as billardas tentaran pentrar no Varal xa que a inmensidade dos 50 metros supuña un handical só alcance dos máis grandes coma Hugo......noraboa campión!!


Mais non só de Varados , paláns e billardas se alimenta a LNB , como sabedes durante o último treito do Play Off Nacional e xunto cos compañeiros de Latri.ca puxemos en marcha o I Concurso de Microrelatos billardeiros que tivo unha espectacular aceptación , en breves faremos un especial con tódolos participantes, incluindo os que a boli e papel entraron a concurso na mesma pista de Conxo , despois do xantar un xuri formado por comensáis herdeiros directos do mítico gran banquete de Conxo elexiron o micro-estalo realizado por Sak , o palandor e guru absoluto da música contemporanea galaica dende a súa trincheira de Radio Oceánica na RGM recibíu o lote de productos LNB entre os que destaca a botela de licor café feito por obra de graza do mítica likoreiría ilegal Edelmiro . En verbas do propio Sak - despois disto deixo xa de esctibir coma Suso de Toro. Akí tendes a micro-xoia obra de sak: Afíame ben a billarda, e vai preparando o varal, que imos xogar un aberto afastadiños no xestal. (Copla)


Cando ises de punto-pelota de intereconomía tv realizan os patéticos marathons do Barça-Madrid chegando a 24 h de lamentábel emisión , Radio-Cabainho emitíu de xeito trepidante 9 horas e pico seguidas, espazo para a literatura, os chistes , entrevistas, setos akusticos e un sen fin de vidas paralelas e tomas de terra que nos sitúan no reto de tentar revasar nunha futura enganchada as 24 h . de emisión sen pausa nen tregua, de feito Radio Cabalinho segue emitindo no subconsciente de cada palanador de xeito inenterrupido...adiante so garañóns da radio pirenaica galaica!!


Unha das entrevistas de luxo , xunto coa de Xan Rodino foi a entrevista en rigoroso directo á nova campiona nacional Carmela , a palanadora dos Trouleiros non dubidou á hora de elexir micro, nen a galega, nen Vtelevisión, as primeiras declaración coma campiona nacional en Radio Cabalinho!!


Mais se unha final era agardada con expectación isa era a feminina , un previo de infarto que nen o proio Mourinho podería quentar máis , convertíu a unha das protagosnistas no antes e durante da final de Conxo coma unha das estrelas da gran muiñada_10. Reyes a palandora dos outros chegou á final xunto con carmela e quería adicarlle o triunfo nacional á súa comapñeira Geni , mais a presión vivida nos días previos puido que lle xogara unha mala pasada á hora de chegar ó maís alto. Sen dúbida a LNB ten unha subcampiona de luxo , noraboa Reyes!!


E como non podía ser doutro xeito , e aínda que había un certo temor a que o campión nacional do pasado ano Rubén Otero liscara correndo co trofeo que o acreditaba como tal , o palanador dos Lideiras deu un exemplo e non só exerceu de mestre de cerimonias na entrega de premios e ademáis de entregar o que ate ise entón el posuía , incluso nun alarde de máxia máis proia do Mago Antón na furna de auga , inventou os tres restantes por mor dunha eiva que a LNB xa está traballando para solucionar de contado e que cada campión nacional teña o seu trofeo como corresponde. Markitos volta a paladear por segunda vez na história a maís saborosa mel que existe na LNB , a do triunfo nacional absoluto , noraboa a iste grande campión e a toda a serpe multicor porque coma Rubén Otero na entrega de trofeos a LNB a gran forza que posúe é grazas ó poder inmenso do ilusionismo....noraboa a tod@s e voltando á obra do grande microrelatista billardeiro Sak despedimos a conexión cun dos seus estalos que temén deixaron fonda pegada: A forza das nosas billardas, non vai ser inútil!!

9 HORAS DE INTENSA MUIÑADA!!


Polas 21:30 h, rematou ista nova edición da Gran Muiñada da LNB, de Conxo partían os palanadores e palanadoras despois de 9 horas de intensísimo Play Off Nacional , a istas horas do medio día do luns moitos aínda estarán chegando á casa , outros erguéndose e os menos afortunados traballando xa que como sabedes sobrevivir mediante a billarda é posíbel máis polo momento non houbo nengún palanador nen palanadora que dera o paso adiante. Coas cámaras de fotos e videos descarregando a paixón acumulada nos nosos discos duros adiantamos o pequeno crónico que nos pediron dende a Galega-2 para complementar a reportaxe que a canle pública realizou durante o final feminina, ista find abride os ollos coma os gatos do chiste de Flores para ver na G2 as imaxes que se atreven a botar e as verbas que utilizan para ilustrar.... A final feminina foi o primeiro prato dunha nova e intensa edición dos PLAY OFFs NACINAIS DE BILLARDA . O campo de futbol de terra de Conxo acollía a preto dun cento de palanadores e palanadoras chegados de todo o país que ían desputar as catro finais das que se compón a gran muiñada. Os Outros de Ribadeo facíanse co título de Equipos tomando os relevo dos poderosos Paquete Pinchas da Conferencia Sur, Hugo dos Trouleiros da Conferencia Centro facíase co título nacional de Varados ( ou tiros directos) e Markitos dos Billardeiros Musicais da Conferencia NorLeste convertíase no novo campión nacional galego despois dunha final de infarto contra o palador dos Trouleiros Basilio. Makitos é o primeiro palanador bi-campión nacional aínda que non en tempadas consecutivas, toma pois o relevo do gran palandor da Conferencia Sur Rubén Otero e pasa así a formar parte da gran história dun deporte que emerxe imparábel dende o máis profundo do noso ser galaico.

"CARMELA" DOS TROULEIROS DO PINO NOVA CAMPIONA NACIONAL

Final feminina: Carmela a palanadora dos Trouleiros do Pino da Conferencia Centro ( área estornela) > conferenca que engloba Compostela e toda a súa área de influencia , converteuse na nova campiona nacional galega despois de desputar unha intensa e emocionante final fronte a unha das grandes favoritas , Reyes , a palanadora dos Outros de Ribadeo eliminara nas semifinais á súa compañeira de franquicia Geni , que ate ise intre defendía o título de campiona feminina , plantábase pois a experimentada Reyes na final fronte a unha palanadora de primeiro ano mais Carmela cun xogo moi seguro e tranquilio soupo maximizar totalmente as súas opcións fronte ó Varal . Carmela dos Trouleiros é pois a nova campiona nacional e afianza a proposta da Conferencia Centro que no seu primeiro ano de existencia foi a gran revelación nuns play offs nacionais que sitúan ó deporte da billarda nunha outra dimensión ,por actos e por actitudes de todos os integrantes de gran serpe multicor que é a LNB, moito maís aló dunha simple actividade enmarcada no eido do deporte tradicional.

sexta-feira, maio 28, 2010


Coñece en tempo real @s campións nacionais no espazo Latri.ca da LNB!!

Todo listo para que dende as 11:30 h. da mañá diste domingo as billardas de Geni e do resto de aspirantes ó título nacional da máis reñida e intensa final feminina da história boten a andar na pista de terra de Conxo , despois final de franquicias na que os Paquete Pinchas defenderán título ante 7 cans asilvestrados famentos de gloria, xantar de irmandade realizado polos irmáns da Faisca coa poderosa loxística da franquicia local Xogos Tradicionais. E no serán final de Varados e Absoluta na que Rubén Otero defenderá dóbel título con uñas e dentes.....e ate ás 14:30 h do mesmo domingo terás tempo a participar no concurso de microrelatos billarderos realizado polos irmáns de Latri.ca xa que o campión será elexido no mesmo estadio de Conxo entre o púvlico e o equipo de Radio Cabalinho . Guerra psicolóxica en tódos frontes para tentar desestabilizar ó inimigo marcan o arrinque para un Play Off Nacional de dimensións estratósféricas, é por elo que pedimos a máxima colaboración e implicación a tódol@s particiapntes xa que reiteramos que todo o que se fixo durante toda a tempada que desemboca nista gran muiñada é froito do gran esforzo de toda unha serpe multicor que en Conxo vai desfrutar , pase o que pase e por riba de todo , dunha merecida festa de irmandade e emocións compartidas entre todos os palanadores e palanadoras das conferencias da LNB.......moita sorte para tod@s @s finalistas e a polas corozas nacionais da LNB!!

A GRAN MUIÑADA DE CONXO SERÁ A ANTESALA DO PRIMEIRO CONTACTO LNB-COMITÉ OLÍMPICO INTERNACIONAL!!


EXPLOSIVA NOVA DE ÚLTIMA HORA: ë tal o balbordo a tódolos níveis que estamos armando coa sucesión de Abertos e iste espectacular Play Off Nacional que ten o páis de revolucionada, que o Comité Olímpico Internacional solicitou unha entrevista cunha delegación da LNB para establecer contactos. A mediados do mes e xuño unha delegación da LNB que chamaremos Bikila entrevistarase cos altos mandos do olimpismo internacional no marco duns actos deportivos que terán lugar na Universiade de Vigo , donde afianzaremos tamén a posta en marcha da nova conferencia universitaria, a Conferencia-USC. No set de planificación de abertos de Conxo xestionaremos a comisión Bikila que será coordianda polo Comandante Sardinha e seguramente capitaneada pola Faisca que irán descalzos ( como mínimo) coma o noso amado atleta etíope nas rúas de Roma cando se proclamou capitán olímpico. Non sabemos se estaremos en Río, máis ó noso favor conta o espectacular precenente do Aberto de San Xoan de Río en Ourense donde as antorchas reinaban nas bocas dos palanadores....atención porque en Radio Cabaliño iranse anunciando a espectacular restra de Abertos diste verán que xa se van confirmando. Mensaxe para os dirixentes deportivos diste país, non queredes taza, pois tomade 30 nos fuciños!!

TODO O EQUIPO DE "RADIO CABALINHO" LISTO PARA A EXPLOSIVA RETRANSMISIÓN AO VIVO DA GRAN MUIÑADA DE CONXO_10!!


Se estiveches algunha vez nunha rapa das bestas xa tes unha idea do que supon unha retransmisión ao vivo de Radio Cabalinho , unha loita do home contra o animal que levan dentro , no set de Conxo estarán os speaker-garañons de tódalas conferencias emitindo animando á festa e alentando á loita dentro e fóra da pista de xogo. Haberá entrevistas e sets akusticos ademáis da leitura dos microrelatos a concurso que os irmáns de Latri.ca teñen en marcha para celebrar xunto coa LNB unha nova edición do Play Off nacional, xa temos un feixe de micro-xoias literarias á túa disposición que xa podes ler no espazo do concurso e ademáis pedimos unha leitura activa é dicer, que non pases por alí sen diexar a túa micro-pegada literaria, tan como fixo irmán An do referencial web-blog Paxaradas que porque non, igual unha das ideas coas que parte alianxa Paxaradas-LNB sexa transquivir en viñeta o micro-relato vencedor no concurso de latri.ca.

Radio Cabalinho pois vai rachar co silencio imposto dende os medios públicos galegos para non dicer nen mu da manada de búfalos e búfalas , como din os irmáns do NorOeste, que van invadir Conxo iste domingo 30 de Maio, e como non podía ser doutro xeito o LNB Sound System durante as narracións de Radio Cabalinho realizará pinchadas cos temas do apologhit baseada nas cancións dista edición tamén silenciada polos medios públicos diste estrano e curioso país. A festa estará condi,emntada cun xantar realizado polos irmáns da Faisca con prezo de 12 euros cada menú e durante o café e os chupiños teremos a actuación da LNB Folk Crew que engloba a todos os músicos do eido tradiciónal da gran serpe multicor....vas perdes todo isto? , entón é que non tes sangue nas veas!!

quinta-feira, maio 27, 2010

ACTIVADO O I CONCURSO DE MICRORELATOS BILLARDEIROS . PARTICIPA NO GRAN PLAY OFF LITERARIO DE LATRI.CA!!


Niste Gran Muiñada de Conxo_10 a LNB afianza a súa alianzo con latri.ca , o twitter galego abraza e aposta firmemente pola revolución billarda activando dende nista recta final cara ó Play Off Nacional o espectacular concurso de microrrelatos billardeiros , 200 caracteres donde na história ou poema a concuso terá que aparecer a palabra billarda-s ou as utilizadas en calqueira parte do país e do mundo para designar o noso desporto ( Pincha, Cachiza, Pateiro, Estornela, Quimbumbia, Liriu, Billa, Txirikila, Pandolo, Lippa....) o idioma válido para o concurso será o galego en todalas súas variantes e normativas ou calquera outra lingua de paises sen estado. Fai a túa conta latri.ca e demostra o explosivo poder da túa verba , a temática é absoutamente ceibe sen censura de negún tipo . A pé de pista durante a celebración da Gran Muiñada haberá una leitura nos micros Radio-Cabaliño dos microrrelatos a concurso para por votación popular entre os asistentes ó Play Off Nacional elexir o gañador ou gañadora. Chapa de regalo para todos os participantes no concurso de microrelatos máis un espectacular lote de productos LNB no que ademáis do pack-LNB, a camisola billarda , incluimos unha espectacular botella de licor café da mítica locoreiria Edelmiro ( histórico palanador e adegueiro) , estás a tempo translada a túa poderosa enerxía literaria dos comentarios ó microrrelatos billardeiros de latri.ca!!

ABERTO DE MONTELEDO [ ourense ]

Mais a loucura absoluta dos actos paralelos ó Play Off Nacional_10 no só se queda na propia pista de Conxo xa que sáe ó exterior e xa podemos confirmar que simultaneo ás estalos sonoro-billardeiros diste domingo 30 na gran Muiñada de Conxo , os compañeiros de Ceivar organizan un acto de apoio ó palanador recluido no centro Ourensán de Monteledo de Ourense pola súa militancia galega no que despois dun xantar de irmandade ás portas do centro se realizará un Aberto de Billarda e posteiror foliada de apoio ó compañeiro Xurxo. Se che brilan os ollos cando recordas a imaxes dos Negu Gorriak ás portas de Herrera de la Mancha algo parecido vai acontecer coas billardas bruado ás portas de Monteledo. / contacto para o Aberto de Monteledo>> 661.016723

quarta-feira, maio 26, 2010

A GRAN MUIÑADA_10 XA TEN OS SEUS GRANS DE MILLO PARA A HISTÓRICA ENFARIÑADA DOS PLAY OFFS NACIONAIS DE CONXO!!


Non pode haber unha Gran Muiñada sen unha excelente selección de grans , polo que unha vez finalizada a selección que a máis esixentes de todas cantas edicións da LNB se veñen celebrando ate a história e só unha horas despois de fianalizada a competición na Conferencia-USC podemos amosar a espectacular grella con tódolos grans que competirán por converterse en fariña:

-CONFERENCIA NORLESTE

Equipos:
Billardeiros Musicais , Os Outr@s.

Individual:
Daniel, Markitos, Guille, Eric, Geni, Xermán, Andrés A, Jose, Franco, Reyes, Martinho , Martín.

Feminino:
Geni, Reyes (pregamos disculpas polo erro da non inclusión en primeira instancia á gran palanadora e especialista sobre auga da Confernicia Norleste) , Lola, Isabel, Lucía.

Varados:
Daniel, Eric, Markitos, Antonio, Andrés.

-CONFERENCIA NOROESTE

Individual:Roi (F. de S.), Anxo (Tar) , Lois (F. de S.) , Maceira (Xar), David (F. de S.), Rafa (Xar), Sergio (Xar), Leti (Xar), Jorge (Tar), Xose (F. de S), Miguel (Xar) , Xaquín (Tar) , Marica (Tar)
( 13 pola incursión dun reserva , dende o seu web oficial tribo noroeste aclará a acuestión)

Feminino: Leti (Xar) , Marica ( Tar)

As franquicias : Filloas de Sangue e os Xarutos.

Varados:Roi (F. de S.)David (F. de S.)Lois (F. de S.) Sergio (Xar)Miguel (Xar)

- CONFERENCIA SUR

Equipos:
Paquete Pinchas, Pincharango.

Individual:
Lemos, Xan Rodiño, Celso, Salgue ,Luis,Davide,Chupi, Otero, Amil, L. Enrique, J. Otero, Dario,

Feminina:
Fátima, María , Ana, Pauliña, Lorena.

Varados:
Otero, Chupi, L. Enrique, X. Miguel , Darío.

- CONFERENCIA CENTRO

Equipos:
FURABOLOS , TROULEIROS

En individuais:
1º IVAN------------------FURABOLOS
2º TOÑO----------------FURABOLOS
3º BASILIO-------------TROULEIROS
4º MARIO---------------XOGOS TRAD.
5º HUGO---------------TROULEIROS
6º JOSE------------------TROULEIROS
7º XAN------------------XOGOS TRAD.
8º XOSE MIGUEL-------GENTALHA
9º RUBEN LOPEZ-------TROULEIROS
10º CESAR----------------SP PONTRAGA
11º GUERRA--------------XOGOS TRAD.
12º XOSE ANTON--------FURABOLOS

Clasificación feminina:
1º CARMELA-----------TROULEIROS
2º BEGOÑA------------ TROULEIROS
3º YOLANDA-----------FURABOLOS
4º SHEILA----------------TROULEIROS
5º RAQUEL -------------TROULEIROS

Clasificación en varados
1º IVAN-------------FURABOLOS
2º HUGO------------TROULEIROS
3º BASILIO---------TROULEIROS
4º TOÑO------------FURABOLOS
5º XAN RODIÑO---XOGOS TRAD.
OU PABLO------------XOGOS TRAD.

-CONFERENCIA-USC ( Universidade de Compostela)

Pinto ( A Gentalha) , Rocha ( Xogos Tradicionais )

-ABERTO DA REPESCA [ ourense ]

Xosé Rodiño, Fran 13-14

terça-feira, maio 25, 2010

A MELLOR DEFENSA UN BÓ ATAQUE, CAMPIÓNS NACIONAIS E ASPIRANTES PREPARAN O SEU ASALTO Ó ESTORNÓPOLIS DE CONXO!!


Tod@s podemos recordar as bágoas nos ollos do actual Campión Nacional, Rubén Otero, cando na pista do Estornópolis de Conxo se convertía no 4º Corozeiro Nacional , depois de terse proclamado tamén campión nacional de Varados, Rubén agasallounos cun xogo dos que marcan época , Geni dos Outr@s do NorLeste coma Campiona Nacional e os Paquete Pinchas coma campións Nacionais de Franquicias defenderán con uñas e dentes as súas coroas de palla fronte a un exercito de palanadores e palanadoras famentos de gloria despois dunha brutal tempada que coloca á serpe multicor na pista do estornópolis de Conxo con miles de km ás costas- Actividade infernal nos web-blogs das conferencias que teñen xa na grella de saída ós seus palanadores , palanadoras, varadeir@s e franquicias para asaltar Conxo, un coliseum que contará con dobel pista simultanea + unha pista de adestramento que xa comeza a engalanarse para recibir a tan desexada Gran Muiñada da LNB, Atención porque iste mércores ás 16 h , como xa sabedes despútase o último Aberto da Conferencia-USC donde se entregarán os dous últimos pasaportes para Conxo , atentos ás pantallas porque mañá no serán completamos as táboas dos Play Off Nacionais_10!!

NOROESTE CALLING......A TRIBO KORUÑA AMIAZA EN TELE-VARAL CO SEU PODEROSO ASALTO A CONXO!!


eu xogho á estornela , non o poido negar , teño unha billarda e o pälan na man....así arrinca a explosiva primeira parte da histórica narración de Serxio dende a Sardiñeira no último asalto puntuábel da Conf. NorOeste , o panderetiro e palanador analiza xunto cos militantes das tres principais fraquicias atlanticas o descurrir dunha tempade de vértixe...


E nista impactante segunda parte do gran estalo koruño bañados por un sol de xustiza que golpexaba na Sardiñeira a tribo toda do noroeste pon ó deus da luz e ós tele-varaleiro-adictos de que en Conxo van dispostos a dar a sorpresa, e podemos adiantar unha nova de última hora xa que a franquicia campiona da Conferencia , Os Filloas de Sangue , contarán en Conxo co reforzo de Sak que chega en plena forza despois de participar no copo das illas militando no Valletta Sport de Malta...LNB avante toda!!

segunda-feira, maio 24, 2010

DENDE OURENSE CARA CONXO VÍA O FERVENTE ABERTO DA REPESCA, IDE PREPARANDO SOMBRIÑAS, PALÁNS E CREMAS!!


Simplemente impresionante , a espectacular foto-reportaxe do Aberto da Repesca deixa unha pegada xa histórica da firme intención da LNB de asentarse definitivamente no Sur-leste galaico.


As altas temperaturas fixeron que os palanadores e palanadoras luciran o pelexo ao sol coma largatixas no espectacular entorno urbano da Alameda ourensá, un adianto do inferno de abrasador que segundo as previsións nos agarada iste vindeiro domingo 30-M no deserto de Conxo dende as 11:30 h. que arrinca a gran muiñada nacional.


Con Xan Rodiño xa clasificado polo centro , a opción da Repesca para meter o tamdem Rodiño en Conxo pasaba por que o seu irmáns Xosé aproveitara as súas opcións en Ourense , e non o desperdiciou , mentalizado dende a súa participación no Aberto do Coello de Remourlle , Xosé Rodiño arrasou en Ourense e será un dos aloitadores pola gloria na gran final absoluta---


Os pedras da Alameda de Ourense derretíanse ante a intensidade do xogo despregada polo repescador@s ....Adiante a revolución billarda no Sur-Leste galaico!!

Un luxazo para toda a tribo poder contar cuns reporteiros de guerra coma os que tivemos no Aberto da Repesca, beizóns a eles por iste espectacular foto-varal e a tod@s os palanadores e palanadoras que se atreveron tamén a dar o paso tamén en Ourense, palán ergueito adiante co Varal tamén no sur-leste!!

A LNB RACHA AS VESTIDURAS NA SEMANA PREVIA Á GRAN MUIÑADA DE CONXO, ADIANTE CO VARAL!!


Ledicia incontida en tódolos rontes da LNB xa que ista find decidíronse os palanadores , palanadoras e franquicias das conferencia que restaban de entregar os seus pasaportes cara ó marabilloso inferno de suores, billardas e emocións que é o Play Off Nacional de Conxo. Atención porque ista xornada foi a de rachar definitivamente as vestiduras , voces entrecortadas e bágoas nos ollos para uns palanadores que se deixaron a pel nas pistas e nos carreiros para poiar un soño que todos compatirmos , noraboa a toda a tribo LNB tanto os que loitrarán contra os leóns na temíbel aréa de conxo coma os que dista volta quedaron apeados.....de todos nós é a victoria inmensa de golpexar unha tempada máis as billardas cara ó varal infindo que levamos dentro:
EXTRA, EXTRA: A ISTAS HORAS DA MADRUGADA PERPÉTUA NA QUE HABITAMOS PODEMOS ADIANTAR UNHA SERIE DE DATOS , DISPARAMOS:
-CELEBRADO NO SERÁN DO SÁBADO O FERVENTE ABERTO DA REPESCA EN OURENSE PODEMOS INFORMAR QUE : XOSÉ RODIÑO E FRAN DOS 13-14 , 1º E 2º CLASIFICADO NO ABERTO SERÁN OS QUE CO ANZÓ AÍNDA NA BOCA ENTREN NA GRAN MUIÑADA DE CONXO REPRESENTANDO Á PODEOROSA SEMENTE QUE XA BROTA NO SUR-LESTE GALAICO.
-O DOMNIGO EN SESIÓN DE MAÑÁ NA SARDIÑEIRA NA CORUÑA E EN CASTROFEITO NO PINO DILUCIDÁBANSE DEFINTIVAMENTE TAMÉN AS PRAZAS NAS CONF. NOROESTE E CENTRO , PODEMOS ADIANTAR QUE NA CORUÑA A LOITA FOI MONUMENTAL ENTRE AS TRES PINCIPAIS FRANQUICIAS QUE OPTABAN A CONXO SENDO OS FILLOAS DE SANGUE E OS XARUTOS QUEN DEFENDERÁN AS CORES DA CONF. NOROESTE NA GRAN FINAL DE FRANQUICIAS, QUEDAN OS TARABELAS FÓRA PERO CON CASE TOD@S OS SEUS EFECTIVOS ENTRE OS 12 CLASIFICADOS PARA A GRAN FINAL NACIONAL ABSOLUTA. INCLUSO TEMOS NOVAS DUNHA DÓBEL SESIÓN DE TELE-VARAL DENDE A SARDIÑEIRA QUE NON PUIDO SAÍR Ó AR POR UNS PEQUENOS PROBLEMAS DE ACCESO Á AL JAZZIRA GALAICA QUE ESTAMOS TENTANDO CORREXIR PARA QUE DE INMEDIATO PODOIDADES SENTIR AS BILLARDAS DA RESITENCIA KORUÑA EN TODA A SÚA INTENSIDADE E PLENITUDE. E N FRONTE DA ÁREA ESTORNELA FOI TAL O BOUREO DA ESPECTACULAR FESTA E PÉ DE PISTA QUE REMITIMOS DIRECTAMENTE Á ACTUALIZACIÓN DA SÚA PÁXINA PARA COÑECER OS RESULTADOS DOS CLASIFIACOS PARA CONXO....COMO COMETABAMOS FAI UNS DÍAS OS BRAZOS EN ALTO SÓ NA CONFERENCIA-USC DONDE ISTE MÉRCORES VAI SER DE INFARTO , MENTRAS ATENTODS PORQUE TENTAREMS EN BREVES OFRECER AS TÁBOAS CON TÓDOL@S CLASIFICADOS PARA A GRAN MUIÑADA DO 30-M.

sexta-feira, maio 21, 2010

O ABERTO DA REPESCA PRENDE UN LUME EN OURENSE QUE SE ESPALLA IMPARÁBEL CARA A SARDIÑEIRA E CASTROFEITO!!


Como falabamos nun post anteior, Ourense treme e coa ola de calor que nos ven enriba agora tamén súa só con velas, é por elo que unha das novidades que nos chega dende a emerxente conferencia Auriense é que o inico do Aberto da Repesca se retrasará ate as 18 h. para non quedar abrasados , unha medida moi axeitada xa que o palanador e palanadora é un ser xélido por natureza e non acostumado ás altas temperaturas que se prevén para ista primeira hora do serán do sábado.


Mais para combatar a intensa quentura que a tod@s nos invade con istas temperaturas e coa emoción despois do Aberto da Repesca , para celebrar o exitazo , poderedes ir refrescarvos cos tróspiros e coas pinchadas de música en galego que os locais da cidade de Ourense O Faiscas, O Ingrávito, O PAR e A Esmorga organizan da man dos compañeir@s de Galiza Nova,

DOMINGO 11:30 H >> ABERTO DA SARDIÑEIRA NA CORUÑA!!



E se nos tes moita resaca e che dá a Arroutada Koreana como cantaban os diplomáticos poderedes chimpar dende Ourense ou calquera outra vila ate a praza da Sardiñeira na Coruña donde os irmáns da Conferencia NorOeste dilucirán definitivamente os seus enviad@s enfrontarse contra os leóns na area do coliseum de Conxo, A cita ás 11:30 h da mañán diste domingo 23 de Maio . [mención especial ó cartaz feito cun préstamos do irmán O Traveseiro]

DOMIGO 11 H >> CASTROFEITO O PINO



E coa imaxe de shon goku coma espectacular e única representación posíbel do inmenso furachan que se aveciña na área estornela, chega a última xornada de liga da Conferencia Centro nela dispútanse as prazas para os play off de Conxo polo que a emoción está servida. Farase o aberto puntuable e despois farase un espectacular xantar de irmandade na propia pista donde haberá multitude de sorpresas con actuacións musicais e pinchada de música en galego que fará que os palanadores e palanadoras da conferencia bailen un agarrado para aunar forzas cara ó gran reto de Conxo , conseguir na primeira tempada de existencia da conferencia algún ou todos os títulos nacionais en xogo....en Castrofeito comezan as danzas de guerra!

A CONFERENCIA-USC ESPALLA O SEU PODEROSO PURÍN BILLARDEIRO CARA Á UNIVERSIDADE DE VIGO!!


A loucura infinita invade a Conferencia-USC da LNB xa que podemos informar que despois de celebradas iste xoves as eleccións na universidade de Vigo e saír elexido coma novo reitor Salustiano Mato unha das prioridades absolutas do seu equipo é realizar unha liga universitaria coordianda pola LNB polo que para facer boca do que se nos ven enriba deixámosvos co espectacular crónico do acontecido na 4º e penúltima xornada antes da gran muiñada de Conxo donde a Conferencia-USC terá os seus dous representes:

A primeira tempada da Conferencia USC chega ao seu fin coa disputa da 5ª Xornada de Liga e o fai con todo por decidir. Cunha asistencia superior aos 15 palanadores por xornada, a Conferencia USC avanza con paso firme para a súa consolidación dentro da USC.

Por equipos, Xogos tradicionais ve como o equipo dos Enxebres achegaselles a pasos axigantados e despois de recuperarlle 7 puntos nas dúas últimas xornadas están a so 4 puntos. O gran nivel dos debutantes Anxo e Alex nas dúas últimas xornadas poden complicarlles o título os experimentado equipo de xogos tradicionais. Agora mesmo Xogos Tradicionais conta con 48 puntos e Enxebres con 44. O mércores veremos quen se proclama campión.

Tamén moi disputado vai a ser o tercer peldaño do podium por equipos da USC. Tafad e Gentalha están empatados a 29 puntos. A experiencia dos palanadores da Gentalha tentará impoñerse a irregularidade dos TAFAD que chegaron a liderala liga no seu comezo.

No apartado individual todo está por decidirse na última xornada. Por unha banda dispútase o título individual. Todo parece que o campión será Xan Rodiño ou Rocha que parten os 2 empatados a 19 puntos aínda que se lles pode a presión aos 2 e fallan nos seus grupos e non se clasifican poderían ser campións Mario, Pinto ou Pablo Piñeiro.

Por outra banda dispútanse os 2 postos para os Playoffs de Conxo. A clasificación está que arde, xa que se descartamos a Xan Rodiño, Mario e Xosé Miguel, que este domingo poden certificar o seu pase ao Playoff a traves da Conferencia Centro, 6 palanadores despútanse os 2 postos do Playoff. Un dos postos para o Playoff despois da gran actuación de Rocha nas dúas últimas xornadas, salvo catástrofe do palanador de Xogos tradicionais, vai ser para el. O outro posto disputanno entre 5 palanadores: Pinto, Pablo Piñeiro, Amador, Jose e Anxo. A diferencia entre eles é de 4 puntos e decidirase o posto o próximo mércores sobre a area do campo de futbol da USC.

Pinto – Parte con 14 puntos, depende del mesmo, eso pode ser un problema, xa que este xogador pódelle a presión. Despois de non clasificarse no sur, nen no centro pola liga o próximo mércores ten a derradeira oportunidade de conseguilo seu pasaporte a Conxo.

Pablo Piñeiro – Parte a con 1 so punto de desventaxa de Pinto, este debutante que comezou con moita forza sempre fai boas actuacións, se amosa o seu mellor nivel podería ir a Conxo.

Amador – Parte con 2 puntos de desventaxa. O experimentado Palanador campión dun Aberto na Conferencia Centro e outro na Conferencia USC ten na súa man a clasificación. A pregunta que se fai toda a comunidade universitaria neste intre é que versión de Amador veremos o mércores: O Amador campión de Abertos ou o Amador que non pasa de grupo.

Jose – Parte con 3 puntos de desventaxa, o palanador de TAFAD que comandou a clasificación da conferencia USC trala victoria na primeira xornada, non voltou a demostrar ese nivel de xogo que o levou o éxito, voltará o Jose da primeira xornada a nesta derradeira?

Anxo – O último con opción de ir a Conxo e este palanador de Enxebres, parte con 4 puntos de desventaxa, pero é un xogador que ven de menos a mais e que na última xornada chegou a final, se volve repetir a actuación da última semana e os resultados acompañan podería conseguilo derradeiro billete a Conxo.

Todo isto se decidirá o mércores as 16:30 no campus da USC. Como sempre Ovaral estará alí e tan pronto se sepan os resultados serán publicados.

quinta-feira, maio 20, 2010

CHEGA A GRAN FESTA BILLARDEIRA DO SUR-LESTE GALAICO , OURENSE ACOLLE O EXPLOSIVO ABERTO DA REPESCA!!


Está a cousa que arde e cos nervios e as navallas afiadas afrontamos o ultimo find antes da máis grande das muiñadas nunca antes realizadas pola LNB. Cada minuto e cada segundo que pasa é unha eternidade na que se cocen e se unen condimentos a iste gran potaxe de emocións , billardas e purín que vai por de novo o país enteiro en danza de guerra. Apuntamos uns detalles sobre as cuestións máis candentes:

Iste sábado 22 en Ourense vaise celebrar o primeiro Aberto da Repesca que dará dúas prazas ós dous primeiros clasificados para desputar a gran final individual de Conxo. Tanto os palanador@s que compiten en calquera das conferencias e quedaron descolgados coma os palanadores do Sul-Leste Galaico que non participen en ningunha das conferencias por mor da distancia ou das circunstacias que sexan terán a súa oportunidade entrar tamén no Play Off Nacional. A LNB despois de meditar e analizar moito ista cuestión decidíu dar luz verde e iste Aberto da Repesca polo novidoso do tema e priorizando sobre todo tratar de afianzar o seu asentamento definitivo nos territorios que pertencen á provincia de Ourense, máis aló dunha mera cuestión de porcentaxes de acceso ás finais , o Aberto da Repesca é xa novo punto de referencia no descomunal circuito billardeiro dunha tempada de auténtica loucura que entre tod@s imos construíndo , podemos informar ademáís que a tribo Auriense da LNB xa é unha realidade no bulir das redes sociais e que se materializará definitivamente iste sábado na Alameda de Ourense apartires das 16 h. E se ista é unha vía de acceso cara Conxo o outro camiño alternativo é a vía universitaria , un universo o da Conferencia-USC da LNB cunha clasificación a falta de 2 xornadas para o remate que está fervendo máis que a auga para pelar os cochos. Xogouse iste pasado mércores ás 16:30 h a penultima xornada e o próximo mércores a última xornada. Agora mesmo sabendo que Xan Rodiño xa está clasificado para os Play-offs e Mario tamén o está polo centro, xoganse os 2 postos entre:

- Rocha (14 puntos) e Amador (12 puntos) de Xogos tradicionais. Estan fora do Playoff na Conferencia Centro, tiveron grandes resultados no All Stars, Rocha era o que levaba a Chapela e Amador o finalista e parten con bastante experiencia para estas últimas 2 xornadas.

- Pablo Piñeiro (13 puntos) e Jose (11 puntos) de TAFAD. É a súa primeira experiencia coa billarda e están mostrando un gran nivel de xogo. Nestes momentos Pablo Piñeiro estaría clasificado para os Play-offs.

- Pinto (11 puntos): Busca acadar a clasificación para os Play-offs a través desta vía, xa que quedou fora na Conferencia Sur na que xoga co Faísca e na Conferencia Centro na que xoga coa Gentalha.
Os 2 últimos clasificados para o Play-off que se decidirán pois o próximo mércores.


Insistimos tamén nas cuestións que atanxen á autoorganización de todas as conferencias da LNB xa que ningunha institución nen estamento de ningún tipo presta o seu apoio polo que o triunfo unha tempada máis será única e exclusivamente de tod@s cantos estamos nista marabillosa serpe multicor chamada LNB. É por elo que anunciamos a toda voz que ademáis do Aberto da Repesca e do último Aberto puntuábel con explosiva festa posterior da Conferencia Centro na pista de Campofeito ( O Pino) , a Conferencia NorOeste con sede na Coruña tamén pecha a tempada cun de seguro espectacular Aberto na Praza da Sardiñeira donde Rafa dos Xarutos , campión o pasado sábado do Aberto das letras na praza da Magdalena, afianzará de seguro unha das 12 prazas coas que os palanador@s do NorOeste tentarán asaltar Conxo, a cita en sesión dominical e matutina iste domingo 23-M , ás 11:30 h da mañá a poderosa tribo do NorOeste agarda por ti!! . E podemos anunciar tamén que no NorOeste o venres 28 realizarase un feito inaudito xa que no Pub A Repichoca da Coruña realizarase unha espectacular festa de presentación do PLay Off Nacional de Billarda coa actuación dos Maghua , un perigoso andacio festeiro-billardeiro que amiaza con espallarse polas conferencias do país enteiro!! - RECORDAMOS que entre os actos paralelos que se van celebrar durante a gran muiñada de Conxo estará O Set de planificación de Abertos donde como fixeron o pasado domingo os irmáns da tribo Billa de Cabanas poderás facer as xestións adecuadas para sementar de billardas e lume o teu concello, vila , parroquia ou aldea.....palán ergueito adiante co Varal!!

terça-feira, maio 18, 2010

PLAY OFF NACIONAL_10, PORQUE NOS ENCANTA QUE OS PLANS NOS SÁIAN BEN!!


Nistes intre de intensidade tal temos que buscar referentes inmediatos que solucionen grandes e complexos acontecementos coma o que o vindeiro 30 de Maio tod@s imos afrontar, é por elo que a solución a atopamos no peito do palanador do Sur Pinto, ahí van os primeiros petiscos dista que vai ser a maior muiñada billardeira de todas cantas se teñen celebradas ate a História>>

- Xa termos o cartaz oficial dista Play Off Nacional_10 obra do noso foto-palanador fetiche, como non podía ser doutro xeito o artista e fotógrafo experimental Nachok bótase ó monte e faino xunto ó seu antigo compañeiro e batería no mítico grupo de rock dos 90 Diglósicos e Porcojones , Ernesto que milita na UNiversiade de Belas artes de Pontevedra tamén dá a súa potente pincelada a unha nova xoia tan grande que non hai museo que teña portas suficientemente grandes para metela.

- Atención porque o estreo do cartaz farase no espazo irmán chamado latri.ca , o twitter galego abraza e aposta firmemente pola revolución billarda ademáis porque na semana previa
ó Play Off Nacional se porá en marcha un concurso de microrrelatos billardeiros , 200 caracteres donde na história ou poema terá que aparecer a palabra billarda-s ou as utilizadas en calqueira parte do país e do mundo para designar o noso desporto ( Pincha, Cachiza, Pateiro, Estornela, Quimbumbia, Liriu, Billa, Txirikila, Pandolo, Lippa....) o idioma válido para o concurso será o galego en todalas súas variantes e normativas.

- O set de pista estará capitaneado por ise fenómeno nas ondas da AM chamado RADIO CABALINHO , alí estarán os speakers de tódalas conferencias retransmitindo a loucura que se vai viver nas pistas e nas bancadas, con eles estará o LNB Sound System que prepara unha explosiva sesión especial Apologht_10+o mellor das anteirores edicións, haberá un micro aberto para MCs , poetas ou calquera que teña algo de expresar e ampli e guitarra para sets musicais de que así o desexe, se sacache un libro e che interesa presentalo tamén poderá facelo con toda unha tribo famenta de cultura ceibe , interesad@s>> ovaral@hotmail.com

- Paralelo ó descurrir da xonada e dos actos teremos un set especial como aconteceu na anteror edición para a realización e planificación de Abertos , polo que se queres entrar en contacto e queres que a serpe multicor da LNB vaia ó teu pobo, vila , aldea ou cidade achégate a Conxo iste 30 de Maio , coñécenos de primeira man e plantexa o teu proxecto.

- A LNB condea unha vez máis o polo momento apagón informativo que durante a desputa do Play Off Nacional vai realizar a televisión pública do país, máis aplaudimos enormemente a valentía da productora Galega Bren que vai dar o paso adiante para filmar toda a xornada dende que un palanador se ergue para ir a Conxo ate que remata o play off nacional nunha inédita e intrépida visión audiovisual dista poderosa revolución dende dentro que se non se torcen as cousas poderedes ver nisa canle que lle din A Galega.

A PROIA DE CABANAS , ANTÍDOTO BILLARDEIRO CONTRA AS MANIOTAS DUNHA SERPE SEMPRE EN MOVEMENTO!!


Posibelmente se tiveraos que elexir un postre oficial na LNB A Proia sería o doce manxar elexido e máis depois da intensidade coa que a tribo billa puxo iste domingo 16 no concello coruñés de Cabanas a primeira pedra dun edificio que se prevé maxestuoso. Concurso de Varados na mañán, xantar de irmandade no Restaurante A Lareira e posterior Aberto da Proia na pista da Asociaición de Veciños da parroquia de Porto.


Glovoflexia creativa para o vencedor do concurso de varados e unha espectacular Proia para o vencedor do Aberto do serán que proclamou a Mon coma o palanador máis xove xamanais en facerse cun título ofical da LNB , con tan só 12 tacos iste xogador arrolou ós máis de 30 palanadores e palanadores que participaron no Aberto con particiación dunha belixerante comunidade luguesa procedente do Vicedo , Roupar e Ribadeo, final na que Mon se impuxo ó tamén palanador local Carlos e que foi retransmitida en directo pola espectacular emisora a pé de pista que se deu en chamar RADIO-BILLA , a primeira filla do referencial RADIO-CABALINHO que galopa desbocado polas terras do sur. Atención ás impactantes imaxes do Aberto e de Radio-Billa porque as imaxes do Che e de Fidel Castro en Sierra maestra emitindo para radio rebelde quémanse minúsculas ó carón da imaxe do Comandante Sardinha dirixindo ós comandos da Billa. E como sabedes moitísimas novidades encima da mesa xa, ó espectacular cartaz para o peche de tempada regular na Conferencia Centro súmase a confirmación o 22-M do Aberto da Repesca en Ourense donde os palanadores ourensáns e o resto de non clasificados de tódalas conferencias poderán pillar o ticket para conxo , hai dúas prazas en xogo agardando por ti!!

segunda-feira, maio 17, 2010

REVOLUCIÓN BILLARDA >> DO COUREL A COMPOSTELA!!! [preme e pásao]


Levabamos xa uns anos de intensidade extrema nistas datas , mais o acontecido nista find das letras non ten nen sequera calificativo paras nós. Non podía ser menos, naide que sentíu insitu os recitados de Novoneyra podería quedar abstraído da súa potencia absoluta e da súa total comunión no palpexar da súa poesía e da terra, os que puidenos desfrutar do recitado do propio poeta do vietnam canto , ó igual que un concerto ou unha película che pode trocar a vida , ise poema e a intensidade brutal no seu recitado puido ser unha das sementes máis potentes disto que xa a prensa califica de REVOLUCIÓN BILLARDA. Se ontes non puideches ver en Xornal de Galicia o tremendo estalo perpetrado por Omar Bello , bótate de fuciños na súa versión dixital , preme e pasa a nova porque temos que rachar os contadores . Hai poucas cousas tan intensas coma estar nun Aberto , sintonizar na frecuencia de Radio Cabaliño ou Radio Billa e cando regresas no carro para a casa sentir coma o irmán Sak dende Radio Oceánica retransmite o palpexar máis contemporaneo dunha terra en loita contra si mesma. Sak precisamente pinchou o temazo dos Marful con Ugía e a banda danzando o Baile do Farolilho , e como el comentaba co single e video de adianto promocionado dende o web de Xornal , dende logo a LNB non está disposta a quedar á marxe e moitos menos ante o desprezo sistemático que estamos a sufrir dende os medios públicos dependentes da Xunta. Non despegues os fuciños da pantalla porque a revolución estala diante dos teus fuciños!!


Palanador@s de Galicia ....Vietcom!!

sexta-feira, maio 14, 2010

DAS PISTAS DA LNB AS BILLARDAS CHIMPAN ÓS CONTENEDORES , ÁS RUAS E OS KIOSKES!!


E cando a iste find te dirixas cara ós abertos non esquenzas os sprais xa que nengunha parede nen contenedor sen o simbolo da resistencia billardeira....


dende o Sur xa nos chegan istes tremendos estalos que demostran o irremediábel chimpo das billardas ás rúas e corredoiras dun país en loita ....adiante a billarda borroka!!

E con máis forza ca un boi da chega as billardas da LNB ista find non se quedan só impregnando os contenedores e as paredes do país xa que iste domingo no kioske poderedes desfrutar dun de seguro explosivo artigo de tres páxinas se roubades ou mercades un exemplar do Xornal de Galicia , nel atoparedes un especial sobre a LNB no que se vai reflexar o brutal en incontíbel impacto deportivo , social e cultural dunha proposta, a nosa que xa naide nen nada poderá deter. Palán ergueito Adiante co Varal!!

quarta-feira, maio 12, 2010

AS LETRAS GALEGAS A PAUS ENTRAN >> AXENDA ALTERNATIVA Á PODREDUME INSTITUCIONAL!!

Depois do grande peche de tempada o realizado na Conferencia Norleste , iste sábado é a referencial Conferencia Sur a que se prepara para despedir unha nova xeira regular histórica. A intensidade foi tal durante toda a tempada que no tramo final a complexidade da asiganción de datas niste e en tódalas conferencias é sempre un factor determinate , é por elo que toda a LNB ten que aprovar a gran xestión de espazos e datas que dos irmáns da conferencia Sur nunha cidade tan complicada e complexa coma é Vigo:
suso :Nom sabedes o que é organiçar um evento deste tipo numha cidade grande e tam burocratizada como Vigo. É impossível andar a mover a data pra ponhela a gusto de todas e todos.

Adiante pois e a desfrutar dunha xonada de festa absoluta e billarda que vai rematar con máis dun dos asistentes á explosiva gala trocando os vestidos de noite e traxes polos diusfraces de tarzans e Jane perigosa na xungla de asfalto viguesa...toma nota do espectacular programa de festexos:Cursiva

16:00 Inscricións

16:05 Inicia a emisión “RADIO CABALIÑO” co que poderemos desfrutar de Música, entrevistas e sesión de micros abertos para tódolos que se animen.

16:15 Comezo do derradeiro aberto da tempada regular 09-10

18:45 Pequena merenda de confraternización.

(Receso necesario para sumar os puntos na clasificación xeral)

19:30 Gran Gala LNB Sur 2010

Entrega de trofeos a tódolos equipos participantes e aos mellores palanadores e palanadoras na clasificación xeral da tempada.

Actuación Musical

… E para todos aqueles que teñan ganas de troula, as 22:00 apoteose final con cea no C.S. Faisca e posterior visita guida polos bares vigueses. Contacto directo: 647.190789


*COMPOSTELA >> ABERTO DA LUSOFONÍA


Este sábado 15 de maio, na festa do dezassete, celebrará-se o aberto de bilharda da Lusofonia, às 17h no parque de Belvís. Além da bilharda, haverá outros jogos populares.
À mesma hora, na pracinha das Ánimas, a Sala Compostelana de Esgrima Antiga (S.C.E.A) realizará umha exibiçom de esgrima:

localizaçom bilharda / contacto directo: 651.025249

*ISTE SÁBADO NA ESTRA BUSCAN SHERPAS-LNB!!


Iste mesmo sábado a intensidade billardeira máscase noi ambiente e mesmo na xornade de festa e loita que os siareir@s galeg@s organizan na Estrada buscan un sherpa que os introduza no inferno billardeiro , se andas polas terra dos míticos Xenreira sinte a chamada dos garaños de Sabucedo e deixate caer no espazo Tabeirós , contacto directo: Senén / 629.986727

*NA CORUÑA O GALEGO MEDRA E A BILLARDA TAMÉN!!


Espectacular xornada iste sábado no corazón da cidade da Coruña, no parque de Santa Margarida a partires das 17 h. Aberto de Billarda donde estarán as grandes estrelas da Conferencia NorOeste previo de luxo xunto cun Torneo dos irmáns da Chave Coruñesa para á noitiña desfrutar dun brutal concerto cos locais Fracasados de Antemano, Trapallada e o poderío internacionalista dende os paisos cataláns dos valenciáns Obrint Pas- Contacto directo: 651.424014 / Xan.

DOMINGO 16-M

*ABERTO DA PROIA >> O DOCE ARRINQUE DA PODEROSA TRIBO DA BILLA!!


Espectacular posta de longo da gran tribo da Billa que iste domingo arrinca a súa irrebersíbel inmersión na LNB, as terras do Eume tremen ante a dimensión que están a coller as cousas e incluso o propio concello de Cabanas toma medidas de contanción como nos relata o Comandante Sardinha para frear o que se prevé un furacán de billas salvaxes que van deixar semente de victoria para un tan desexado novo asentamento LNB en territorio da Conferencia NorOeste.

Despois dun pequeno e previsible encontronazo co Concello polo pabillón de
Lavandeira e tivemos que mudar o sitio. Agora vai ser en Porto, na SDCR San
Martiño de Porto que veu con moi bos ollos o campionato deportivo. A SDCR
vai comentar na directiva do luns o tema, pero xa nos adiantaron que nos
deixaban a pista de futbiño para o Aberto da Proia!!
Toma nota do programa dunha xornada de billa e loita en Cabanas ( área de Pontedeume) :

ABERTO DA PROIA:
( Preme para ver o sitio )

12 H >> Concurso de Varados

14:30 H >> Xantar de Irmandade da Billa no Restaurante A lareira ( prezos populares )

16:30 H >> Aberto da Proia

Contacto Directo: Comandante Sardinha / 660.285643

Haberá tamén un "escancer multicor" que sairá do Norleste (Barreiros) , quen queira unirse ó comando: 619.570976

*FOGUETES E ESTORNELAS EN VIDUIDO [ AMES ]


E coa actividade nas conferencias botando lume cara ó Play Off Nacional do 30 de Maio o Centro afronta a recta final e faino no contexto marabilloso da Festa de Viduido en Ames exercendo de guía ise referente da estornela que por méritos propios se está a converter o palanador dos Trouleiros Rubén , deslumbrou chegando ás series finais no Xerro do Salnés e despois de dar o paso inscribíndose tamén nas filas da Conferencia-USC decide guiar a gran serpe multicor da área estornela para introducila por primeira vez nas poderosas terras do concello de Ames. Atención porque a Conferencia Centro iste domingo constuirá ise perigoso coctel de sesión vermute e Aberto de Billarda de consecuencias imprevisíbeis, colle a faria e acende o foguete!!
Contacto directo: 654.232108